Rosalía in­ter­mi­na­ble

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS - POR DIE­GO AMEI­XEI­RAS

A vi­da pa­sa e Rosalía ten­de ao in­fi­ni­to. A tra­vés do pris­ma fe­mi­nis­ta, nos úl­ti­mos anos, imos ad­ver­tin­do di­men­sións la­ten­tes tan­to na súa fi­gu­ra co­mo na súa obra, que se abren pe­rio­di­ca­men­te a no­vas in­ter­pre­ta­cións máis alá do es­te­reo­ti­po sen­ti­men­tal e fol­cló­ri­co que a acom­pa­ñou du­ran­te dé­ca­das. E se­gui­rá sen­do así nun fu­tu­ro pró­xi­mo, se ca­dra con maior em­pe­ño por par­te dos nu­me­ro­sos es­pe­cia­lis­tas na súa tra­xec­to­ria. So­bre a Rosalía de ho­xe pro­xéc­tan­se afer­voa­dos de­ba­tes e con- tro­ver­sias que ex­ce­den o seu le­ga­do li­te­ra­rio, de aí es­ta apli­ca­ción in­ter­pre­ta­ti­va que a en­vol­ve co­mo se re­sul­ta­se im­po­si­ble abran­gue­la na súa to­ta­li­da­de. Ocó­rre­lle a quen se adian­ta aos tem­pos. «Los hom­bres mi­ran a las li­te­ra­tas peor que mi­ra­rían al dia­blo», es­cri­biu en Car­ta a Eduar­da, alá por 1865. A poe­ta que se ne­ga­ba a «can­tar as pom­bas e as fro­res», me­nos­pre­za­da po­los seus con­tem­po­rá­neos, vi­viu nun con­tex­to so­cial e li­te­ra­rio que a mar­xi­nou de­co­te pola súa con­di­ción fe­mi­ni­na, can­do o cur­so sim­bó­li­co que adul­te­ra­ría pos­te­rior­men­te a súa fi­gu­ra fi­xa­ba xa os pri­mei­ros si­nais de dis­tor­sión. Sa­be­mos que coa súa mor­te se des­en­ca­deou un pro­ce­so mis­ti­fi­ca­dor que che­ga aos no­sos días, pe­ro aín­da máis que pa­de­ceu un illa­men­to lin­dei­ro coa vio­len­cia. Lem­bra Ma­ría Xosé Quei­zán dan­do no al­bo: «Rosalía, co­mo An­tí­go­na, avan­za nun­ha in­men­sa soi­da­de éti­ca». Nin­guén du­bi­da xa de­sas enor­mi­da­des. Por iso a to­la á que tan­to ou­vea­ban «os lo­bos da te­rra» ten­de ao in­fi­ni­to.

ROSALÍA DE CAS­TRO E O PO­DER SE­XUAL AU­TO­RA

MA­RÍA XOSÉ QUEI­ZÁN EDI­TO­RIAL

XE­RAIS 152 PÁ­XI­NAS 17 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.