A vi­da na pri­sión do tea­tro

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS -

Tho­mas Bern­hard sa­bíao. Hai sem­pre un­ha pul­sión ti­rá­ni­ca en quen se bo­ta a re­crear a vi­da a tra­vés da ficción. Os per­so­na­xes po­den re­be­lar­se con­for­me se vai desen­vol­ven­do a his­to­ria, in­vo­can­do un­ha au­to­no­mía que acre­cen­te a súa vi­ve­za, pe­ro quen ma­ne­xa os fíos pe­le­xa a mor­te por le­var a au­ga ao seu re­go. Non se sae in­dem­ne dese com­ba­te. As cartas da ficción es­tán mar­ca­das po­la equi­pa­xe emo­cio­nal de quen con­ci­be o dra­ma. O pro­ta­go­nis­ta d’O fa­ce­dor de tea­tro, un ve­llo ac­tor que per­co­rre as vi­las cun­ha com­pa­ñía for­ma­da po­la súa pro­pia fa­mi­lia, res­pon­de da ca­be­za aos pés a ese ti­po de crea­dor trá­xi­co agui­lla­do de­co­te po­las súas ob­se­sións, con tra­zos lin­dei­ros co de­li­rio, me­ga­ló­mano ata a cruel­da­de na súa esi­xen­cia crea­ti­va. Pe­ro a fa­ta­li­da­de do ca­rác­ter de Brus­cón, pro­pen­so á bru­ta­li­da­de cuns ac­to­res aos que re­du­ce a un­ha sor­te de mo­ni­cre­ques, aca­ba por con­ver­te­lo nun es­cra­vo da ficción que pre­ten­de re­pre­sen­tar, un­ha pe­za in­ti­tu­la­da Ro­da da his­to­ria da que só co­ñe­ce­re­mos al­gúns apun­ta­men­tos. Ob­ser­va­mos así que o di­rec­tor da com­pa­ñía non dei­xa de ser un­ha pe­za máis do fra­ca­so da súa pro­pia crea­ción, un­ha an­sia inatin­xi­ble. «To­da a vi­da na pri­sión do tea­tro sen po­si­bi­li­da­de de in­dul­to», con­fe­sa. E can­do re­ma­ta­mos a lec­tu­ra, asom­bra­dos po­la com­pul­sión des­ves­ti­da do diá­lo­go, sa­be­mos que con dés­po­tas co­ma Brus­cón sem­pre per­du­ra­rá o ins­tin­to de re­crear a vi­da. So­bre un escenario ou so­bre un pa­pel, e aín­da que po­lo ca­mi­ño que­den fe­ri­dos. Nós mes­mos.

O FA­CE­DOR DO TEA­TRO AU­TOR

THO­MAS BERN­HARD

EDI­TO­RIAL

GA­LA­XIA

TRADUCIÓN

CATULA LÓ­PEZ 184 PÁ­XI­NAS 15 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.