Tres téc­ni­cas pa­ra bai­xar o rit­mo

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - ORIENTACIÓN EDUCATIVA -

1. Si o teu fi­llo es­tá ten­so, preo­cu­pa­do ou de mal­hu­mor sen sa­ber moi ben por que...

Axú­da­lle a re­co­ñe­cer a ori­xe e a uti­li­da­de das súas emo­cións con pre­gun­tas co­mo: De on­de vén o teu en­fa­do?, co­mo se sen­te o teu cor­po can­do es­tás ten­so?, axú­da­che a al­go ese en­fa­do?, que po­de­rías fa­cer pa­ra sen­tir­te me­llor? Fa­lar de to­do is­to con aga­ri­mo, es­coi­tan­do e fa­cén­do­lle re­fle­xio­nar so­bre as súas pro­pias emo­cións axu­da­ra­lle a ir con­tro­lan­do o seu es­ta­do aními­co.

Un exer­ci­cio moi bo con­sis­te en com­pa­rar as emo­cións con eses fras­qui­ños con pai­sa­xes cheas de ne­ve que si os mo­ve­mos pa­re­ce que es­tá ne­van­do. Si os axi­ta­mos ve­se a tor­men­ta de ne­ve, pe­ro pron­to, si sen­ta­mos, pa­ra­mos e res­pi­ra­mos po­de­mos ver co­mo a ne­ve vai­se asen­tan­do de no­vo. As emo­cións son co­mo eses co­pos que ás ve­ces se axi­tan, pe­ro acou­gan­do po­de­mos con­tro­la­las.

2. Si non se po­de dur­mir por­que ten de­ma­sia­das cou­sas na súa men­te («es­tá pa­sa­do de vol­tas»):

a) Di­lle que esa é un­ha sen­sa­ción nor­mal, xa que fi­xo moi­tas cou­sas ao lon­go do día. É un bo mo­men­to pa­ra que ver­ba­li­ce al­gun­ha si­tua­ción ou in­ci­den­te que lle dei­xou preo­cu­pa­do ou que non sai­ba ben co­mo re­sol­ver.

b) Pí­de­lle que se tom­be e se re­la­xe, preo­cu­pán­do­se só de res­pi­rar tran­qui­la­men­te. Po­de con­tar ata 2 ao in­ha­lar, e ata 4 ao ex­ha­lar. Que se cen­tre só na res­pi­ra­ción.

c) In­ví­ta­lle a en­fo­car e cen­trar­se nos seus pés. Nó­taos pe­sa­dos ou li­xei­ros?, cá­li­dos ou fres­cos?, ten­sos ou re­la­xa­dos? Pí­de­lle que os re­la­xe. Aos pou­cos te­rá que ir po­ñen­do o fo­co da súa aten­ción en ca­da par­te do cor­po: pés, no­ce­llos, per­nas, xeon­llos, co­xas, et­cé­te­ra, to­do o ca­mi­ño ca­ra arri­ba pa­san­do po­la ba­rri­ga e o pei­to, ca­ra aos bra­zos, mans e de­dos e fi­nal­men­te ca­ra ao pes­co­zo, ca­ra e ca­be­za. Es­te exer­ci­cio pó­de­se fa­cer en cin­co ou dez mi­nu­tos, de­pen­den­do da ida­de do neno.

3. Si non é ca­paz de cen­trar a súa aten­ción nun­ha ta­re­fa en con­cre­to, prac­ti­ca con el al­gun­ha téc­ni­ca sin­xe­la de re­la­xa­ción.

Por exem­plo: « Con­ta ca­ra atrás des­de 100. Ima­xí­na­che es­te nú­me­ro, vi­sua­lí­zao na pan­ta­lla da túa ima­xi­na­ción e res­pi­ra len­ta­men­te; bó­rrao da túa memoria e fai que apa­re­za o 99; fai o mes­mo que co an­te­rior, e con­ti­núa así ata o 0». Can­do aca­be a súa men­te es­ta­rá máis pre­dis­pos­ta a con­cen­trar­se na ac­ti­vi­da­de.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.