As «app» máis úti­les pa­ra apren­der na na­tu­re­za

As no­vas tec­no­lo­xías des­te sécu­lo che­gan pa­ra com­ple­tar a axu­da que aín­da pres­tan os in­subs­ti­tuí­bles li­bros de pa­pel na sa­tis­fac­ción da cu­rio­si­da­de in­ves­ti­ga­do­ra pro­pia do ser hu­mano

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > An­to­nio San­do­val Rey

Ata hai non moi­tos anos, saír de ex­cur­sión á na­tu­re­za en bus­ca de des­cu­bri­men­tos e no­vi­da­des in­cluía a miú­do car­gar, ade­mais de con pris­má­ti­cos ou lu­pas, con va­rias guías de cam­po. Así, non eran pou­cos os pro­fe­so­res que á ho­ra de or­ga­ni­zar es­te ti­po de ac­ti­vi­da­de en­chían un­ha mo­chi­la gran­de de vo­lu­mes de todos os ta­ma­ños des­ti­na­dos a iden­ti­fi­car in­sec­tos, fun­gos, aves, pe­ga­das, ár­bo­res, flo­res, an­fi­bios... A miú­do es­te pe­so re­par­tía­se, cla­ro, en­tre o alum­na­do par­ti­ci­pan­te. E, co tem­po, os li­bros aca­ba­ban con­ver­ti­dos nos máis ve­te­ra­nos da bi­blio­te­ca es­co­lar: cheos de mar­cas e ci­ca­tri­ces froi­to de in­nu­me­ra­bles aven­tu­ras nal­gun­has das pai­sa­xes máis cheas de vi­da da no­sa xeo­gra­fía. As súas pá­xi­nas ter­mi­na­ban tan man­cha­das como apro­vei­ta­das: gra­zas a elas os mo­zos apren­dían a com­pren­der e va­lo­rar a im­por­tan­cia da bio­di­ver­si­da­de.

Por su­pos­to, eses li­bros son aín­da moi ne­ce­sa­rios. De fei­to, ca­da ano se­guen pu­bli­cán­do­se nu­me­ro­sas obras des­te ti­po. Na­da pui­do aín­da subs­ti­tuír o pa­pel can­do do que se tra­ta é de apren­der a es­tu­dar ou con­tem­plar a na­tu­re­za aos seus pro­pios rit­mos. É di­cir, con pa­cien­cia e de­di­ca­ción, ga­nas de sa­ber máis a par­tir de ca­da no­vi­da­de des­cu­ber­ta e cu­rio­si­da­de por co­ñe- cer as moi di­fe­ren­tes for­mas coas que o mundo na­tu­ral se pre­sen­ta an­te os no­sos ollos. Ta­mén como to­das elas te­cen ao no­so ao re­dor, ao re­dor des­te pla­ne­ta, ese en­vol­to­rio de vi­da do que nós, a hu­ma­ni­da­de, for­ma­mos par­te in­se­pa­ra­ble.

Os hu­ma­nos so­mos un­ha es­pe­cie in­ves­ti­ga­do­ra. Alá on­de imos o no­so ins­tin­to im­púl­sa­nos a fa­cer­nos pre­gun­tas. A in­da­gar acer­ca das po­si­bles res­pos­tas. E a bios­fe­ra, ese en­vol­to­rio vi­vo, foi des­de sem­pre un dos no­sos maio­res enig­mas. O pri­mei­ro de todos, como xur­diu a vi­da, es­tá aín­da por res­pon­der. En canto a como a vi­da se di­ver­si­fi­cou ata o grao que ho­xe co­ñe­ce­mos, em­pe­za­mos a des­cu­bri­lo hai pou­co máis de 150 anos gra­zas ao ex­tra­or­di­na­rio es­for­zo in­te­lec­tual de Char­les Dar­win. Pe­ro ¿en que con­sis­te esa di­ver­si­da­de? Ou o que é o mes­mo, ¿can­tas es­pe­cies exis­ten?

Iso aín­da o estamos des­cu­brin­do. A todos os ni­veis, tan­to glo­bal como lo­cal. Sen ir máis lon­xe: ¿sa­be­des can­tas es­pe­cies exis­ten no vo­so concello, ou ao re­dor do vo­so cen­tro es­co­lar? Se­gu­ro que se em­pe­za­des a in­ves­ti­ga­lo sor­pren­de­ra­vos o seu nú­me­ro. E se men­tres tan­to in­da­ga­des acer­ca das re­la­cións que hai en­tre elas asom­bra­ra­vos o com­ple­xas que son e en que grao vos afec­tan. E como, á súa vez, os pro­ce­sos eco­ló­xi­cos de ni­vel glo­bal de­ter­mi­nan o que su­ce­de ne­se recuncho do glo­bo, igual que en todos os de­mais.

Pa­ra aco­me­ter esa ta­re­fa dis­po­mos nes­te sécu­lo dou­tras fe­rra­men­tas ade­mais dos aín­da in­subs­ti­tuí­bles li­bros. Trá­ta­se, es­tá cla­ro, das cha­ma­das no­vas tec­no­lo­xías. É di­cir, can­tos ter­mi­nais, re­des, apli­ca­cións e programas se ser­ven da ca­pa­ci­da­de de pro­vi­sión de in­for­ma­ción di­xi­tal e de In­ter­net pa­ra con­tri­buír ao co­ñe­ce­men­to. Ac­tual­men­te cal­que­ra per­soa cun­ha co­ne­xión ade­cua­da á Re­de, ou des­car­ga­da no seu pro­pio te­lé­fono ou ta­ble­ta, po­de le­var con­si­go un­ha asom­bro­sa bi­blio­te­ca acer­ca da bios­fe­ra. Des­te xei­to, as vo­sas mo­chi­las po­den ali­xei­rar­se en gran me­di­da.

Nes­tas dúas pá­xi­nas mos­trá­mos­vos ho­xe al­gun­has apli­ca­cións moi in­tere­san­tes pa­ra pre­pa­rar e apro­vei­tar as vo­sas saí­das ao cam­po. Por su­pos­to, hai moi­tas máis. De fei­to, ca­da pou­co tem­po pre­sén­ta­se al­gun­ha no­va. Por cer­to, ¿ani­ma­riá­des­vos a crear un­ha apli­ca­ción pro­pia acer­ca da bio­di­ver­si­da­de da con­tor­na do vo­so cen­tro es­co­lar? ¿Por on­de em­pe­za­ria­des?

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.