¿Que po­de­mos fa­cer des­de ca­sa?

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - ORIENTACIÓN EDUCATIVA -

Non per­mi­tir que des­de os 5 ou 6 anos es­tean so­me­ti­dos á pre­sión dos re­sul­ta­dos, das cla­si­fi­ca­cións e das con­vo­ca­to­rias, co­ma se fo­sen pro­fe­sio­nais.

Non en­trar an­tes de tem­po no círcu­lo do gas­to ex­ce­si­vo pa­ra pro­fe­sio­na­li­zar aos ne­nos (con equi­pos de­por­ti­vos, rou­pa de mar­ca, com­ple­men­tos téc­ni­cos...).

Non dei­xar­lles que pen­sen que o úni­co que que­re­mos é que ga­ñen ou que se­xan os me­llo­res (e que se non o con­se­guen sen­ti­ré­mo­nos de­cep­cio­na­dos).

Non man­ter un­has ex­pec­ta­ti­vas de­ma­sia­do al­tas do ren­de­men­to do no­so fi­llo de for­ma que lle cree­mos es­trés e sen­ti­men­tos de frus­tra­ción.

Como pais, man­ter a com­pos­tu­ra como es­pec­ta­do­res des­de as ban­ca­das, evi­tan­do as men­sa­xes de pre­sión (¡xu­ta, xu­ta!) agre­si­vos (¡aca­ba con eles!) ou de fal­ta de res­pec­to ao ár­bi­tro (¡es­tá com­pra­do!).

An­tes de pre­gun­tar­lles po­lo re­sul­ta­do dun par­ti­do ou dun­ha com­pe­ti­ción, é bo in­tere­sar­se por se o pa­sa­ron ben ou non.

Non per­mi­tir ac­ti­tu­des pou­co res­pec­tuo­sas cos ri­vais, e moi­to me­nos pi­ques, dispu­tas ou pe­le­xas.

Re­for­zar as­pec­tos como a de­por­ti­vi­da­de, o res­pec­to, o es­for­zo rea­li­za­do e o es­pí­ri­to de su­pera­ción an­te re­sul­ta­dos tan­to ne­ga­ti­vos como po­si­ti­vos.

Evi­tar un­ha men­ta­li­da­de per­fec­cio­nis­ta e ob­se­si­va pa­ra ren­der a un ni­vel óp­ti­mo que ca­rre­xe frus­tra­cións cons­tan­tes.

Ase­gu­rar­se de que prac­ti­ca ese de­por­te por pro­pio gus­to e non por sa­tis­fa­cer os desexos dos seus pais ou ou­tras per­soas.

Non per­mi­tir que a fa­ti­ga ou o es­trés que lle pro­vo­ca a prác­ti­ca dese de­por­te pre­xu­di­que a súa saú­de fí­si­ca (fal­ta de so­ño, es­go­ta­men­to...) ou men­tal (es­trés, an­sie­da­de, fal­ta de concentración...), e va­lo­rar en tal ca­so a po­si­bi­li­da­de de cam­biar de ac­ti­vi­da­de.

Ase­gu­rar­se de que no equi­po no que es­tá pri­ma o bo am­bien­te e o com­pa­ñei­ris­mo, sen que se lle dis­cri­mi­ne a el ou a ou­tros com­pa­ñei­ros me­nos há­bi­les dei­xán­doos no ban­co to­do o par­ti­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.