Os cri­mes e de­li­tos que re­sol­ve­ron os CSI da lin­gua­xe

A lin­güís­ti­ca fo­ren­se em­pre­ga o seu sa­ber pa­ra ache­gar pro­bas pe­ri­ciais en xuí­zos pe­nais e ci­vís

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Car­los Ocam­po car­los.ocam­po@la­voz.es

«Fa­ga o fa­vor de pór aten­ción na pri­mei­ra cláu­su­la por­que é moi im­por­tan­te. Di que… a par­te con­tra­tan­te da pri­mei­ra par­te se­rá con­si­de­ra­da como a par­te con­tra­tan­te da pri­mei­ra par­te», em­pe­za di­cin­do Grou­cho Marx na súa ines­que­ci­ble Un­ha noi­te na ópe­ra.O diá­lo­go no que dis­cu­te o con­tra­to de Ri­car­do Ba­ro­ni (Zep­po) co seu re­pre­sen­tan­te (Har­po) que­dou pa­ra a his­to­ria das me­llo­res pa­ro­dias da lin­gua­xe ad­mi­nis­tra­ti­va e co­mer­cial con que pre­ten­den en­re­dar­nos aos lei­gos, pa­ra apro­vei­tar­se do no­so des­co­ñe­ce­men­to.

A es­ce­na é hi­la­ran­te, pe­ro en­tre as li­ñas de pa­ro­dias como es­ta te­mos que apren­der a ler a men­sa­xe máis se­ria e, ás ve­ces, im­por­tan­te. En fe­brei­ro do 2014, can­do o asun­to das ac­cións pre­fe­ren­tes que ven­de­ron va­rios ban­cos aín­da cal­dea­ba os áni­mos de ví­ti­mas e ci­da­dáns en xe­ral, La Voz re­co­lle a no­ti­cia de que « Un em­pre­ga­do de ban­ca re­cu­pe­ra as súas pre­fe­ren­tes por­que nin el en­ten­día o seu ris­co». O xuíz es­ti­mou que «nin se­que­ra un­ha per­soa co seu per­fil ban­ca­rio es­ta­ba pre­pa­ra­da pa­ra com­pren­der os ris­cos des­te pro­du­to com­ple­xo» e con­si­de­rou na súa sen­ten­za que «a re­dac­ción da documentación que o de­man­dan­te asi­nou era “con­fu­sa” e de “di­fí­cil com­pren­sión”», di a no­ti­cia.

Es­te é só un dos cam­pos nos que a lin­güís­ti­ca fo­ren­se pres­ta os seus ser­vi­zos es­pe­cia­li­za­dos tan­to aos de­man­dan­tes como aos xuí­ces á ho­ra de di­tar sen­ten­za, como xa oco­rre en moi­tos paí­ses, so­bre to­do an­gló­fo­nos.

CRI­ME ACLA­RA­DO

O ca­so Evans su­pón, pa­ra al­gúns es­pe­cia­lis­tas na ma­te­ria, a pri­mei­ra pe­dra da lin­güís­ti­ca fo­ren­se, pre­ci­sa­men­te nun­ha das ra­mas máis es­pec­ta­cu­la­res des­ta dis­ci­pli­na, a que se cen­tra en ache­gar pro­bas lin­güís­ti­cas no ám­bi­to pe­nal. John Timothy Evans con­fe­sou o asa­si­na­to da súa mu­ller en 1949 á po­li­cía, que tar­dou al­gúns días en ato­par o seu ca­dá­ver e o do seu be­bé de pou­cos me­ses. Na in­ves­ti­ga­ción, a po­li­cía ob­ti­vo ata ca­tro con­fe­sións dis­tin­tas, un­has de cul­pa­bi­li­da­de e ou­tras de inocen­cia. Na úl­ti­ma si­na­lou ao seu ve­ci­ño John Ch­ris­tie, ao que a de­fen­sa de Evans acu­sou no xuí­zo. Pe­ro Evans foi de­cla­ra­do cul­pa­ble e exe­cu­ta­do ao ano se­guin­te. Tres anos des­pois, Ch­ris­tie aban­do­nou a ca­sa e, can­do o no­vo in­qui­lino qui­xo ins­ta­lar un­ha an­te­na, des­cu­briu tres cor­pos de mu­lle­res em­pa­re­da­dos, in­cluí­do o da mu­ller de Ch­ris­tie. No in­te­rro­ga­to­rio, sal­pi­ca­do de con­tra­di­cións, che­gou a re­co­ñe­cer o asa­si­na­to da mu­ller de Evans. Foi axus­ti­za­do ese mes­mo ano de 1953 e o en­tón mi­nis­tro de In­te­rior, Roy Jen­kins, re­co­men­dou o per­dón pós­tu­mo de Evans, que lle foi con­ce­di­do en 1966.

Se can­do foi xul­ga­do hou­be­se lin­güís­ti­ca fo­ren­se, a de­fen­sa po­de­ría ter pre­sen­ta­do ao xu­ra­do dú­bi­das ra­zoa­bles so­bre Evans, que te­ría elu­di­do a pe­na ca­pi­tal. O lin­güís­ti­ca sue­co Jan Svart­vik ana­li­zou anos des­pois as ca­tro con­fe­sións de Evans e, uti­li­zan­do mé­to­dos cien­tí­fi­cos, de­mos­trou que ha­bía con­si­de­ra­bles dis­cre­pan­cias es­ti­lís­ti­cas en­tre elas. A con­clu­sión era que fo­ran pro­du­ci­das por máis dun­ha per­soa e, o máis gra­ve, as sec­cións de tex­to que máis cla­ra­men­te in­cri­mi­na­ban a Evans eran as máis dis­cor­dan­tes en­tre si. As súas conclusións pu­bli­cou­nas en The Evans Sta­te­ments: A Ca­se for Fo­ren­sic Lin­guis­tics, on­de por pri­mei­ra vez apa­re­ce a de­no­mi­na­ción des­ta ra­ma da lin­güís­ti­ca.

Hai aín­da ou­tro cam­po de ac­tua­ción des­ta apai­xo­nan­te dis­ci­pli­na, a dos no­mes co­mer­ciais. Os CSI da lin­gua­xe fo­ron cha­ma­dos como tes­te­mu­ñas no li­ti­xio de McDo­nald’s con­tra Qua­lity Inns In­ter­na­tio­nal Inc. A ca­dea de co­mi­da rá­pi­da, que ten a ex­clu­si­va so­bre o pre­fi­xo Mc, de­fen­día que o no­me McS­leep Inns, que es­ta em­pre­sa que­ría dar á súa li­ña de ho­teis de bai­xo cus­to, su­pu­ña un in­ten­to de­li­be­ra­do de be­ne­fi­ciar­se do bo no­me da súa mar­ca. O xuíz deu a razón a McDo­nald’s e os pri­mei­ros ho­teis abrí­ron­se coa mar­ca Sleep Inns. Nes­te ca­so , os pe­ri­tos lin­güis­tas co­rro­bo­ra­ron que o pre­fi­xo, e a súa par­ti­cu­lar so­no­ri­da­de, po­de­rían in­du­cir a con­fu­sión aos po­ten­ciais clien­tes.

AL­BER­TO LÓ­PEZ

A lin­güís­ti­ca fo­ren­se bus­ca evi­den­cias que lo­go ache­ga como pro­bas pe­ri­ciais nos xuí­zos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.