Au­ga, fo­to­gra­fía e li­te­ra­tu­ra

Tra­ba­llos pre­mia­dos no con­cur­so es­co­lar de fo­to­gra­fía con­vo­ca­do por Via­qua

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - CONCURSO DE FOTOGRAFÍA -

Via­qua e La Voz de Ga­li­cia con­vo­ca­ron es­te ano, no mes de fe­brei­ro, o se­gun­do con­cur­so fo­to­grá­fi­co Ga­li­cia, Au­ga e Li­te­ra­tu­ra, pa­ra es­co­la­res ga­le­gos de edu­ca­ción pri­ma­ria e se­cun­da­ria. As ba­ses do con­cur­so pe­dían aos es­co­la­res que nos de­ran a súa vi­sión fo­to­grá­fi­ca sobre per­so­na­xes des­ta­ca­dos ou mo­men­tos im­por­tan­tes das gran­des obras da li­te­ra­tu­ra ga­le­ga nas que es­tea pre­sen­te a au­ga.

Que os ra­pa­ces que par­ti­ci­pa­ron no con­cur­so en­ten­de­ron o ob­xec­ti­vo des­ta con­vo­ca­to­ria que­da re­flec­ti­do na pe­que­na mos­tra que ilus­tra a pá­xi­na cos tra­ba­llos ga­na­do­res. A au­ga e tan ga­le­ga, nes­te país dos mil ríos, co­mo ga­le­gos son os no­sos poe­tas que a can­ta­ron un­ha e mil ve­ces. Ma­ría, Me­li­sa, An­tón e Ade­la ti­ve­ron que mo­llar­se a ei­to, pri­mei­ro nos libros, lo­go nas rúas e no cam­po; e aquí nos dei­xan un­ha chis­ca do seu tra­ba­llo. Fe­li­ci­da­des aos cen­tos de ra­pa­ces e es­co­las que par­ti­ci­pa­ron no con­cur­so.

FO­TOS: MAR­COS MÍ­GUEZ

De es­quer­da a de­rei­ta e de arri­ba a abai­xo, Ma­ría Mén­dez Ál­va­rez, do CEIP Emi­lia Par­do Ba­zán, e a súa pro­fe­so­ra Te­re­sa Pe­rei­ro Ra­mos; Me­li­sa Fer­nán­dez Ogan­do, do CEIP Cu­rros En­rí­quez; An­tón Fariña Elor­za, do CPR Com­pa­ñía de Ma­ría da Co­ru­ña, e a súa pro­fe­so­ra Xu­lia Mo­rás Na­ya; e Ade­la Ote­ro Vázquez, do IES Ramón M.ª Aller Ulloa. En­tre­gan: Ju­lio Ma­sid Ban­de e Jo­sé Ma­nuel Cam­pe­lo, di­rec­tor te­rri­to­rial e de co­mu­ni­ca­ción, res­pec­ti­va­men­te, de Via­qua

PRE­MIA­DOS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.