«Pes­ca­deRías ga­ran­te a fres­cu­ra, a ori­xe e sus­ten­ta­bi­li­da­de do pro­du­to»

MERCEDES RODRÍGUEZ DI­REC­TO­RA XE­RAL DE PES­CA, ACUI­CUL­TU­RA E IN­NO­VA­CIÓN TEC­NO­LÓ­XI­CA A boa sin­to­nía en­tre a Xun­ta e o sec­tor pes­quei­ro son bá­si­cos pa­ra a com­pe­ti­ti­vi­da­de dos pro­du­tos ga­le­gos

La Voz de Galicia (Pontevedra) - Pontevedra local - - PONTEVEDRA - MARCOS GA­GO

A ca­li­da­de e tra­za­bi­li­da­de dos pro­du­tos e o res­pec­to ao me­dio am­bien­te ad­qui­ren ca­da vez un maior pe­so en­tre os con­su­mi­do­res, obri­gan­do ta­mén a reac­cio­nar, de for­ma con­se­cuen­te, ás xen­tes do mar e aos dis­tri­bui­do­res, gran­des e pe­que­nos. Un­ha das so­lu­cións adop­ta­das é a pos­ta en mar­cha de se­los de ca­li­da­de, co res­pal­do da Ad­mi­nis­tra­ción e de ins­ti­tu­cións co­mo a Uni­ver­si­da­de, e que ser­ven pa­ra acre­di­tar, pre­ci­sa­men­te, eses va­lo­res que bus­ca o pú­bli­co nos pro­du­tos que con­su­me.

—¿Co­mo de­fi­ni­ría á mar­ca Pes­ca­deRías e por que a im­pul­sou a Xun­ta?

—Pes­ca­deRías é un­ha ini­cia­ti­va da Con­se­lle­ría do Mar que xur­de pa­ra pro­tec­ción e pro­mo­ción dos pro­du­tos ma­ri­ños que ve­ñen da pes­ca ar­te­sa­nal. Es­ta flo­ta é cer­ca­na, sos­ti­ble e es­tá moi im­pli­ca­da con to­da a cos­ta ga­le­ga. O seu prin­ci­pal ob­xec­ti­vo é di­fe­ren­ciar es­te pro­du­to de al­ta ca­li­da­de e de moi­to pres­ti­xio, ga­ran­tin­do aos con­su­mi­do­res a fres­cu­ra, a ori­xe e a sus­ten­ta­bi­li­da­de. Des­ta for­ma, o que se pre­ten­de ta­mén é im­pul­sar a pro­fe­sión da pes­ca ar­te­sa­nal e sos­ti­ble co­mo un mo­de­lo de ex­plo­ta­ción dos re­cur­sos pes­quei­ros, que, ade­mais, es­tá moi vin­cu­la­do coa no­sa for­ma de ver e vi­vir o mar. Cer­ti­fi­ca pro­du­tos tan­to da pes­ca co­mo do ma­ris­queo, se­xan fres­cos ou pre­pa­ra­dos, to­dos eles cap­tu­ra­dos co­mo má­xi­mo 24 ho­ras an­tes da pri­mei­ra ven­da e con me­dios de pes­ca se­lec­ti­va. Iso fai que se li­mi­te ao que é a pes­ca ar­te­sa­nal. E ao mes­mo tem­po aos pro­du­tos trans­for­ma­dos do mar, é di­cir, con­ser­vas, esí­xe­se que es­tean fei­tos ex­clu­si­va­men­te con pro­du­tos cer­ti­fi­ca­dos de Pes­ca­deRías pa­ra ob­ter así a súa cer­ti­fi­ca­ción. Non po­de­rían en­trar nes­ta ca­te­go­ría nin os pro­du­tos de acui­cul­tu­ra nin os de au­ga do­ce.

«Con Pes­caen­ver­de o que se apor­ta é in­for­ma­ción so­bre o me­dio am­bien­te, é un­ha eco­eti­que­ta»

«Can­do un pro­du­to ten es­tas mar­cas, ten ase­gu­ra­da a súa ca­li­da­de sa­ni­ta­ria an­te o con­su­mi­dor»

—Nes­tes tem­pos de con­cien­cia­ción am­bien­tal, pre­sen­to­use hai uns días o se­lo de Pes­caen­ver­de, ¿que lle acre­di­ta es­ta mar­ca ao con­su­mi­dor?

—É un­ha mar­ca pro­pia da Uni­ver­si­da­de de San­tia­go de Com- postela, que en­cai­xa moi ben cos pro­du­tos de Pes­ca­deRías.

—¿Por que?

—Por­que o que es­ta­mos fa­cen­do é que se lle apor­te ao con­su­mi­dor in­for­ma­ción so­bre o me­dio am­bien­te. Nes­te ca­so es­ta­mos an­te o que se­ría un­ha eco­eti­que­ta. Es­ta­mos fa­lan­do de co­mu­ni­car­lle ao com­pra­dor cal é a pe­ga­da de car­bono e da ta­xa de re­torno ener­xé­ti­co de ca­da pes­que­ría, e é evi­den­te que un­ha flo­ta ar­te­sa­nal, co­mo é a que se cer­ti­fi­ca con Pes­ca­deRías, ten moi pou­ca pe­ga­da de car­bono. Os cálcu­los rea­li­za­dos po­la Uni­ver­si­da­de de San­tia­go, a pro­pie­ta­ria da mar­ca de Pes­caen­ver­de, evi­den­cia­ron que es­tas es­pe­cies cap­tu­ra­das bai­xo as mo­da­li­da­des cer­ti­fi­ca­bles de Pes­ca­deRías es­tán den­tro deses límites acep­ta­bles de pe­ga­da de car­bono e, po­lo tan­to, o que fi­xe­mos foi un acor­do, de for­ma que os pro­du­tos cer­ti­fi­ca­dos por Pes­ca­deRías se in­cor­po­ran á mar­ca de Pes­caen­ver­de. Nas no­sas eti­que­tas apa­re­cen os dous se­los. Es­ta­mos fa­lan­do dun plus de tal for­ma que o que se fai é acre­di­tar esa mí­ni­ma pe­ga­da de car­bono.

—¿En que ten que fi­xar­se o con­su­mi­dor á ho­ra de com­prar pa­ra ase­gu­rar­se de que o que lle ofre­cen é ga­le­go e de ca­li­da­de?

—Nas eti­que­tas de­be cla­ra­men­te cons­tar a ori­xe. Os es­ta­ble­ce­men­tos que com­pran Pes­ca­deRías o que van fa­cer é lu­cir cla­ra­men­te esa eti­que­ta e po­lo tan­to ani­mo a to­dos os con­su­mi­do­res a ver as eti­que­tas pa­ra po­der ase­gu­rar­se de­sa ori­xe ga­le­ga que é ao fin e ao ca­bo do que se tra­ta can­do as pu­xe­mos en mar­cha.

—¿Cal é o grao de coo­pe­ra­ción en­tre as con­fra­rías e a con­se­lle­ría á ho­ra de ase­gu­rar a tra­za­bi­li­da­de do pro­du­to?

—Is­to é im­por­tan­te, por­que o te­ma da tra­za­bi­li­da­de non é só un­ha obri­ga le­gal, se­nón por­que real­men­te no sec­tor ta­mén cren que é al­go bo ga­ran­ti­la. Can­do un pro­du­to ten esa mar­ca, ten ase­gu­ra­da a ca­li­da­de sa­ni­ta­ria. En cal­que­ra pro­xec­to que ava­la a ca­li­da­de ex­cep­cio­nal dos pro­du­tos ga­le­gos a co­la­bo­ra­ción é to­tal. De fei­to, ao fi­nal do 2017 ti­ña­mos 36 lon­xas ad­he­ri­das a Pes­ca­deRías. Nes­tes mo­men­tos te­mos ou­tra máis, que é a de Ri­bei­ra. Te­mos in­cre­men­tos en es- pe­cies cer­ti­fi­ca­das nou­tras lon­xas. E ta­mén te­mos cen­tros de de­pu­ra­ción, ce­tá­reas, dis­tri­bui­do­res e em­pre­sas de trans­for­ma­ción. Iso no que se di da pri­mei­ra par­te. E des­pois, na se­gun­da, te­mos ca­da vez máis res­tau­ran­tes, máis pei­xe­rías e in­clu­so es­tán cer­ti­fi­ca­das ten­das on line. E di­cir, esa im­pli­ca­ción coa tra­za­bi­li­da­de en Pes­ca­deRías non é so no sec­tor ex­trac­ti­vo, se­nón que ta­mén o fan des­de os de­mais es­la­bóns da ca­dea.

—¿Co­mo se com­ba­te o frau­de nos pro­du­tos pes­quei­ros que se po­ñen á ven­da nos mer­ca­dos ou nos es­ta­ble­ce­men­tos?

—Com­bá­te­se con que os con­su­mi­do­res esi­xan a boa eti­que­ta­xe, e des­pois, con ac­cións cons­tan­tes de gar­da­cos­tas, ca­da un no seu ám­bi­to, Ta­mén Con­su­mo con vi­xi­lan­cia ao res­pec­to. Evi­den­te­men­te o frau­de ta­mén se com­ba­te moi­to me­llo­ran­do ca­da vez máis a for­ma­ción e a in­for­ma­ción que lle po­de­mos dar ao con­su­mi­dor fi­nal, por­que evi­den­te­men­te un con­su­mi­dor ben in­for­ma­do é me­nos pro­pen­so a ser ví­ti­ma dun frau­de, que é do que se tra­ta en to­do is­to. E di­cir, sa­ber o que se que­re e sa­ber o que che dan, e sa­ber ser ca­paz de dis­tin­gui­lo. E des­de lo­go un­ha das cues­tións fun­da­men­tais pa­ra fa­ce­lo é den­tro dos cau­ces le­gais. É máis di­fí­cil que se che pro­du­za un frau­de se aco­des aos cau­ces co­mer­ciais le­gais que com­prar por ou­tros la­dos.

PE­PA LO­SA­DA

A di­rec­to­ra xe­ral de Pes­ca des­ta­ca a ex­ce­len­te ca­li­da­de dos pro­du­tos pes­quei­ros ga­le­gos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.