XOSÉ TOURIÑÁN

Xosé An­to­nio Touriñán

La Voz de Galicia (A Coruña) - Yes - - PORTADA - TEX­TO: NOE­LIA SILVOSA

«EN CA­SA SON UN TOXO,

SE­RIO E ARISCO»

«El Club de la Co­me­dia» xa sa­be o que vale. Touriñán aca­ba de de­bu­tar cun mo­nó­lo­go so­bre os ga­le­gos no que nos re­tra­tou do me­llor xei­to. A súa che­ga­da pro­me­tía. «Cha­má­ban­me ‘Cho­ché’, e eu di­cía­lles: ¿Sa­be­des ‘Sha­ki­ra’?, pois pro­nún­cia­se así»

«Ao­prin­ci­pio pen­sei: ‘que fa­go eu aquí’?», con­fe­sa Xosé Touriñán lem­bran­do o mo­men­to no que che­gou a El Club de la Co­me­dia pa­ra dar o seu pri­mei­ro mo­nó­lo­go. E vaia se pin­ta­ba. Ho­xe con­ta que es­tá re­ci­bin­do moi­tí­si­mo ca­ri­ño e que os ga­le­gos, o ei­xo so­bre o que xi­rou a súa ac­tua­ción, trans­mí­ten­lle un pun­to de or­gu­llo por­que o seu hu­mor te­ña che­ga­do a Ma­drid. Oi­to mi­nu­tos de ou­ro que lle pa­sa­ron voan­do, non co­mo nos en­saios pre­vios. «Aí si que pa­sa­ron su­per­len­tos». —To­do o mun­do fa­la de ti. Que se no­ta des­pois de par­ti­ci­par en «El Club de la Co­me­dia»? Per­ci­bes o im­pac­to? —A re­per­cu­sión foi tre­men­da, e nas re­des ta­mén, po­lo me­nos en Ga­li­cia. Aquí a ver­da­de e que me che­gou ca­ri­ño a mo­reas, e no­tou­se moi­to. —E iso que can­do che­ga­ches ao pro­gra­ma cha­má­ban­te de to­do me­nos Xosé. —Si, foi cer­to, e se­gue sen­do cer­to can­do vas alí. O de Xosé cús­ta­lles un pou­co. Non sei, era Che­ché, Cho­ché... Ata que lles di­xen: «Sha­ki­ra? Pois pro­nún­cia­se igual». Nun­ca me cha­ma­ron ben, o me­llor é que me cha­men Jo­se ou Touriñán. —Es­ta é a pri­mei­ra vez que vi­ches co­mo fun­cio­na o pro­gra­ma por den­tro? —A ni­vel na­cio­nal es­ti­ven soa­men­te dúas ve­ces en Ilus­tres Ig­no­ran­tes, que ao fi­nal son as ca­te­drais do hu­mor na­cio­nal. En El Club de la Co­me­dia foi a pri­mei­ra vez. Que a un ti­po que a ni­vel na­cio­nal non co­ñe­ce nin­guén o cha­men pa­ra is­to pois... ben, é un pra­cer. Sen­tes un pou­co de res­pon­sa­bi­li­da­de, de is­to que se aper­ta o cuí­ño así un pou­co, non sa­bes? Pe­ro guai, a ex­pe­rien­cia foi moi boa. Ao prin­ci­pio ti­ña al­go de ‘que pin­to eu aquí?’ Non sei, nin­guén me co­ñe­ce e non te­ño un es­pec­tácu­lo co­mo pa­ra ir a xi­rar por Es­pa­ña fa­cen­do mo­nó­lo­gos. Des­pois con­tá­ron­me com­pa­ñei­ros que es­tá su­per­co­ti­za­do ir a El Club

de la Co­me­dia por­que é un gran es­ca­pa­ra­te. In­clu­so a res­pos­ta do pú­bli­co, non pen­sei que era pa­ra tan­to. —Do pú­bli­co ga­le­go ta­mén, e iso que fi­xe­ches chis­tes so­bre nós. – Es­tou moi con­ten­to por­que en Ga­li­cia, e so­bre to­do co hu­mor, va­lo­ra­mos moi pou­co o que fa­ce­mos des­de o pun­to de vis­ta de que o hu­mor de aquí pen­sa­mos que non se en­ten­de fó­ra. E a nós fí­xo­nos moi­ta gra­za, pe­ro eu pen­so que a eles ta­mén, a to­do o mun­do. Aín­da que o meu hu­mor é mil ve­ces me­llor en ga­le­go por­que é o idio­ma no que pen­so e no que son máis rá­pi­do pa­ra sa­car­lle pun­ta ás cou­sas. Hai tó­pi­cos en cou­sas que con­tei pe­ro por­que era a mi­ña pre­sen­ta­ción, e es­tou moi or­gu­llo­so de on­de son, do acen­to que te­ño e de fa­cer hu­mor des­de Ga­li­cia. E que­ría que iso se vi­ra ta­mén alí. —Es­cri­bi­ches o mo­nó­lo­go es­pe­ci­fi­ca­men­te pa­ra o pro­gra­ma? —Pois a ver­da­de é que es­ti­ven es­cri­bin­do cou­sas es­pe­cí­fi­cas, pe­ro ó fi­nal con­tei cou­sas que con­to ha­bi­tual­men­te nos meus mo­nó­lo­gos e con Nu­cha e Mu­cha.

—Fo­ron oi­to mi­nu­tos rá­pi­dos? – Moi rá­pi­dos, os que se me fi­xe­ron moi len­tos fo­ron os do en­saio, por­que non hai pú­bli­co, nin ri­sas nin aplau­sos... Ata lles pe­día: ‘por fa­vor, non me aplau­da­des por­que se non non me da tem­po a con­tar to­do».

—Al­gun­ha vez es­que­ci­ches a le­tra? – A ve­ces si, pe­ro en si­len­cio nun­ca que­dei. Fa­go co­mo os can­tan­tes: la­la­la... e si­go ja, ja. Ta­mén cu­rra­mos moi­to coa im­pro­vi­sa­ción pa­ra ter al­go ao que aga­rrar­te men­tres non che vol­ve a le­tra á ca­be­za. —Es­ta ca­mi­sa da fo­to é a mes­ma que a de «El Club de la Co­me­dia». ¿É a da sor­te ou coin­ci­diu? —Pois é a ca­mi­sa da mi­ña pri­mei­ra vez alí. Eu sem­pre fi­xen es­pec­tácu­lo de per­so­na­xe, non de min. Pe­ro co­mo foi a que usei alí, gús­ta­me. E ata ten un to­que co que te­ño al­go que ver, así ale­gre. Pa­re­ce ca­ri­be­ña, pe­ro é ga­le­ga ta­mén ha, ha.

—Tam­po­co qui­tas os ri­zos. —Cor­ta­ríaos en cal­que­ra mo­men­to por un pro­xec­to im­por­tan­te de tra­ba­llo. Tí­veno cur­to, tin­gui­do de bran­co can­do o De­por ga­ñou a li­ga, con me­le­na... Pe­ro ago­ra si que xa é un­ha mar­ca per­soal. É máis que a ca­mi­sa, a ca­mi­sa aca­ba de che­gar, pe­ro o pe­lo in­ten­to man­te­lo. —É cer­to que es un toxo? —Si, se­rio, arisco... O de toxo de­fí­ne­me bas­tan­te no meu día a día. De fei­to sem­pre di­go: «O da sim­pa­tía te­ño que gar­da­lo pa­ra can­do me pa­guen». Si que son bas­tan­te toxo. Ha­be­ría que pre­gun­tar­llo aos meus dous pe­que­chos e á mi­ña mu­ller. Na ca­sa do fe­rrei­ro, coite­lo de pau.

—En que máis cou­sas es­tás ago­ra? —Es­tou en Land Ro­ber e ade­mais con tea­tro, con mo­nó­lo­gos. Ago­ra te­ño xi­ra co meu per­so­na­xe Ma­no­lo Lo­jo, ta­mén co Mo­nó­lo­go do Im­bé­cil e es­ta­re­mos ata mar­zo ou abril con Ami­gos ata a mor­te. Ta­mén pre­pa­ra­mos os quin­ce anos de Mu­cha e Nu­cha. Mu­cha se­gue co seu man­di­lón de sem­pre e co mes­mo pano na ca­be­za. Re­sis­ten co­mo o pri­mei­ro día. —E can­do vol­ve­re­mos ver­te en «El Club de la Co­me­dia»? —Non o sei, nin si vou a es­tar. A min di­xé­ron­me que que­da­ron moi con­ten­tos e que me vol­ve­rían a cha­mar. A ver, es­tou en­can­ta­dí­si­mo, pe­ro non é al­go que me qui­te o sono.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.