O pár­king do On­co­ló­xi­co, o mi­ra­doi­ro de Pe­dra da Ra e a Casa da Vi­ña, en­tre as obras fi­na­lis­tas dos pre­mios do Coag

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - H. J. P.

O apar­ca­doi­ro pú­bli­co no en­torno do Cen­tro On­co­ló­xi­co de Ga­li­cia na Co­ru­ña; a re­xe­ne­ra­ción do mi­ra­doi­ro de Pe­dra da Ra, en mon­te Cas­tro, Ri­bei­ra; a rehabilitación da Casa da Vi­ña en Alla­riz; a coope­ra­ti­va de vi­ven­das Ga­le­ras En­tre­rríos, na rúa Ma­rie Cu­rie, en San­tia­go; a rehabilitación da To­rre do Re­lo­xo en Baio­na; a re­cu­pe­ra­ción das Hor­tas de Ca­ra­mo­ni­ña en Com­pos­te­la; a cons­tru­ción dos ves­tia­rios para o cam­po de fút­bol na pa­rro­quia ou­ren­sá de Vi­lar de As­trés; o res­tau­ran­te O Fra­gón, en San Mar­ti­ño de Arri­ba, en Fis­te­rra; a pos­ta en va­lor do bor­de li­to­ral en­tre Por­to do Son e o Cas­tro de Ba­ro­ña; a rehabilitación dun­ha vi­ven­da tra­di­cio­nal na pa­rro­quia de Ca­llo­bre, na Es­tra­da; a re­cu­pe­ra­ción dun gru­po de in­mo­bles nas rúas San Se­bas­tián e O Cas­te­lo, no Cas­co Ve­llo de Vi­go.

Es­tas son al­gun­has dos 34 obras e pro­xec­tos fi­na­lis­tas da 17.ª edi­ción dos pre­mios de ar­qui­tec­tu­ra que pro­mo­ve o Coag (Co­le­xio de Ar­qui­tec­tos de Ga­li­cia), en­ti­da­de que on­te deu a co­ñe­cer a lis­ta­xe. O co­lec­ti­vo pro­fe­sio­nal con­tou coa can­di­da­tu­ra de 158 pro­pos­tas vi­sa­das, exe­cu­ta­das e fi­na­li­za­das no ám­bi­to te­rri­to­rial da en­ti­da­de co­le­xial en­tre o 31 de xu­llo do 2014 e o 31 de xu­llo do 2016. O xu­ra­do, que se reuniu o pa­sa­do ven­res, se­lec­cio­nou 5 obras na ca­te­go­ría de vi­ven­da, 5 en rehabilitación, 4 en equi­pa­men­to, 5 en deseño ur­bano/es­pa­zos aber­tos, 5 en re­for­ma e in­terio­ris­mo, 4 en bai­xo cus­to, 4 en di­vul­ga­ción e in­ves­ti­ga­ción, e 2 en pro­xec­to fin de ca­rrei­ra, que­dan­do de­ser­tas as sec­cións de ar­qui­tec­tu­ra no­vel e efé­me­ras.

De ca­ra á en­tre­ga dos máis pres­ti­xio­sos ga­lar­dóns da ar­qui­tec­tu­ra ga­le­ga máis des­ta­ca­da do mo­men­to, o Coag ce­le­bra­rá un­ha ga­la o próximo 17 de mar­zo, ás 20 horas, no tea­tro Prin­ci­pal de Ou­ren­se. Nes­te en­con­tro, o co­le­xio, ade­mais, ou­tor­ga­rá es­te ano o pre­mio es­pe­cial a to­da un­ha tra­xec­to­ria ao ar­qui­tec­to Xo­sé Xa­vier Suan­ces Pe­rei­ro (Ou­ren­se, 1932), en re­co­ñe­ce­men­to ao seu exer­ci­cio pro­fe­sio­nal e con mo­ti­vo da súa di­la­ta­da ex­pe­rien­cia co­mo co­le­xia­do, xa que mes­mo foi de­cano do Coag en­tre os anos 1981 e 1983.

EDUAR­DO PÉREZ, MAR­COS CREO

Arri­ba, apar­ca­doi­ro pú­bli­co do cen­tro On­co­ló­xi­co na Co­ru­ña. Abai­xo, mi­ra­doi­ro de Pe­dra da Ra en Ri­bei­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.