«A con­du­ta ha­bi­tual do doen­te é de su­pe­di­ta­ción, a ou­tra é ex­cep­cio­nal»

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - A Fondo -

As agre­sións son un­ha ex­cep­ción, «e non son xus­ti­fi­ca­bles bai­xo nin­gún con­cep­to», ex­pli­ca Fer­nan­do Abraldes, pre­si­den­te da Aso­cia­ción de Pa­cien­tes do CHUS, pe­ro o doen­te, di, é a par­te dé­bil do sis­te­ma.

—Es­tá o pa­cien­te nun­ha si­tua­ción de in­de­fen­sión? —O que pen­sa­mos é que na re­la­ción mé­di­co pa­cien­te, o pa­cien­te é a par­te dé­bil, por­que es­tá moi su­pe­di­ta­do á in­for­ma­ción que se lle dea. Un ti­po de re­la­ción de ca­rác­ter non pa­ter­na­lis­ta im­pli­ca­ría que se res­pec­ta sem­pre a au­to­no­mía do pa­cien­te para to­mar de­ci­sións, pre­via in­for­ma­ción axei­ta­da. Is­to non sem­pre se fai e se xe­ra ma­les­tar por par­te do doen­te, que po­de dar lu­gar a saí­das de ton. —Pen­sa vos­te­de que os que máis se quei­xan son os que me­nos mo­ti­vos te­ñen? —Un­ha cou­sa é quei­xar­se des­de o pun­to de vis­ta ver­bal, que é le­xí­ti­mo, pe­ro a agre­sión non é xus­ti­fi­ca­ble bai­xo nin­gún con­cep­to. Quen ten un­ha ac­ti­tu­de agre­si­va moitas ve­ces é xen­te agre­si­va nou­tros ám­bi­tos da vi­da. A con­du­ta máis ha­bi­tual do pa­cien­te é de su­pe­di­ta­ción e sub­mi­sión, a ou­tra son ex­cep­cións. E por que? O doen­te moitas ve­ces con­si­de­ra que es­tá en mans do mé­di­co, e ten un­ha es­pe­cie de te­mor a di­cir al­go que lle poi­da sen­tar mal ao mé­di­co e que des­pois poi­da afec­tar á ca­li­da­de da asis­ten­cia.

—Que fa­cer can­do un doen­te sen­te que se vul­ne­ran os seus de­rei­tos? —Se con­si­de­ra que es­tá sen­do tra­ta­do de xei­to in­co­rrec­to o pri­mei­ro é po­ñer­se en con­tac­to co xe­fe de ser­vi­zo e po­ñe­lo en co­ñe­ce­men­to do ór­gano de xes­tión.

XOÁN A. SO­LER

Abraldes di que se o doen­te non co­ñe­ce os seus de­rei­tos é vul­ne­ra­ble.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.