Montero: «Se a RAG ti­ve­se que con­tes­tar ao que se di non fa­ría ou­tra cou­sa»

Ata a con­vo­ca­to­ria das elec­cións, a me­dia­dos de mes, «nin­gún mem­bro da exe­cu­ti­va vai fa­cer de­cla­ra­cións»

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - RO­DRI GAR­CÍA

«Pa­re­ce que na so­cie­da­de ga­le­ga hai in­tere­se en sa­ber quen poi­da ser o pró­xi­mo pre­si­den­te e, po­lo tan­to, a pró­xi­ma co­mi­sión exe­cu­ti­va, e ta­mén cal vai ser o ma­tiz do dis­cur­so aca­dé­mi­co a par­tir do 20 de abril, por dar un­ha da­ta». Is­to di­cía on­te o pre­si­den­te da Real Aca­de­mia Ga­le­ga (RAG) ao ser pre­gun­ta­do po­la súa va­lo­ra­ción das de­cla­ra­cións do aca­dé­mi­co Xo­sé Luís Axei­tos nas que cri­ti­ca­ba o fun­cio­na­men­to da ins­ti­tu­ción bai­xo o seu go­berno.

Un­ha vez re­ma­ta­do o ac­to de pre­sen­ta­ción do cu­pón da On­ce de­di­ca­do a Eduar­do Pon­dal, que es­ta­rá á ven­da en to­da Es­pa­ña o día 9 de mar­zo, Alon­so Montero, arrou­pa­do po­lo se­cre­ta­rio da Aca­de­mia, Hen­ri­que Mon­tea­gu­do, lem­brou que non se pre­sen­ta­rá de no­vo: «Xa te­ño di­to e reite­ro aquí que non me pre­sen­to á re­elec­ción; po­de­ría fa­ce­lo, pe­ro as cir­cuns­tan­cias per­soais de ca­da quen sa­beas un e esa é a ra­zón po­la que te­ño di­to que por mo­ti­va­cións es­tri­ta­men­te par­ti­cu­la­res eu non me pre­sen­to á re­elec­ción».

Por iso, dixo o pre­si­den­te da RAG, «o meu pa­pel, o pa­pel de cal­que­ra mem­bro da co­mi­sión exe­cu­ti­va, é man­ter un si­len­cio es­tri­to. Nes­te mo­men­to, os que go­ber­na­mos a Aca­de­mia so­mos nós, men­tres non se ce­le­bre ese ple­na­rio». Tan­to Montero co­mo Mon­tea­gu­do ex­pli­ca­ron que a se­sión ple­na­ria se­rá a me­dia­dos de mar­zo e na mes­ma anun­cia­ran­se ofi­cial­men­te as elec­cións, que po­de­rían adiar­se ata tres me­ses, pe­ro Montero, on­te na pre­sen­ta­ción do cu­pón de Pon­dal.

a idea é fa­ce­las un mes máis tar­de, o que po­de­ría ser xus­to des­pois da Se­ma­na San­ta. A cues­tión é que a RAG te­ría moi pou­co tem­po para pre­pa­rar os ac­tos do Día das Letras Ga­le­gas, o 17 de maio.

Para Alon­so Montero, «se­ría un­ha fal­ta de res­pec­to aos com­pa­ñei­ros e com­pa­ñei­ras do ple­na­rio em­pe­zar a fa­cer cá­ba­las e a fa­cer con­si­de­ra­cións so­bre pun­tos que non te­ñen moi­to que ver coa ins­ti­tu­ción. Persoas que nos pe­rió­di­cos, ou na ra­dio, ou nas ter­tu­lias, ou nos ba­res, po­den fa­cer ob­ser­va­cións hai

moitas. Se a ins­ti­tu­ción ti­ve­se que con­tes­tar día a día non fa­ría ou­tra cou­sa». E in­sis­tiu en que tan­to por res­pec­to a ins­ti­tu­ción co­mo aos ou­tros mem­bros da Aca­de­mia, «an­tes dese ple­na­rio, nin o pre­si­den­te nin nin­gún dos mem­bros da co­mi­sión exe­cu­ti­va van fa­cer de­cla­ra­cións de nin­gún ti­po, e me­nos de­cla­ra­cións so­bre de­cla­ra­cións».

O pre­si­den­te, Xesús Alon­so Montero, tam­pou­co qui­xo fa­cer un ba­lan­ce des­tes ca­tro anos que le­va de man­da­to, aín­da que ase­gu­rou que o fa­rá che­ga­do o seu mo­men­to.

M. MÍ­GUEZ

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.