«Re­pre­sen­tar a Va­lle-In­clán en ga­le­go con­tri­búe a crear un tea­tro na­cio­nal»

A pri­mei­ra es­ce­ni­fi­ca­ción en lin­gua ga­le­ga dun­ha pe­za do au­tor arou­sán te­rá lu­gar es­ta noi­te en San­tia­go

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - MON­TSE GARCÍA

Ho­xe se­rá «a fin dun­ha ano­ma­lía», co­mo afir­ma o di­rec­tor tea­tral Qui­co Ca­da­val. Ás 20.30 ho­ras, no tea­tro Prin­ci­pal de San­tia­go, un­ha com­pa­ñía pro­fe­sio­nal, Pro­du­cións Ex­cén­tri­cas, re­pre­sen­ta­rá por pri­mei­ra vez en ga­le­go un­ha pe­za de Va­lle-In­clán:

A ca­be­za do dra­gón. Cun elen­co de oi­to ar­tis­tas di­ri­xi­dos por Ca­da­val, xa ten pe­cha­das un­ha trin­te­na de fun­cións ata o mes de ou­tu­bro en Ga­li­cia e Por­tu­gal.

—¿O ob­xec­ti­vo era ser os pri­mei­ros? ¿Su­pón is­to un­ha maior res­pon­sa­bi­li­da­de? —Non so­mos com­pe­ti­ti­vos, por­que pui­do ha­ber ou­tras opor­tu­ni­da­des —non moi­tas por­que só den­de o 1 de xa­nei­ro se po­día fa­cer—. O que im­por­ta é a ale­gría de po­der fa­ce­lo, por­que é un au­tor que cam­biou o tea­tro con­tem­po­rá­neo, que é di­fí­cil de re­pre­sen­tar e, pa­ra acer­tar, hai que fa­ce­lo moi­tas ve­ces. Nós o que ti­ve­mos foi a co­ra­xe de co­me­zar.

—Fa­la da di­fi­cul­ta­de, ¿cal é? —Nes­ta obra é o ton, a cues­tión es­ti­lís­ti­ca, que es­tá a me­dio ca­mi­ño en­tre for­mas mo­der­nis­tas,

exo­ti­zan­tes, me­lo­dra­má­ti­cas e as es­per­pén­ti­cas e bur­les­cas. Sim­ple­men­te axus­tar iso é un desafío ar­tís­ti­co moi in­tere­san­te, des­de a di­rec­ción e des­de a ac­tua­ción. —A re­pre­sen­ta­ción en ga­le­go de Va­lle-In­clán sem­pre foi un ob­xec­ti­vo. O CDG qui­xo arran­car a súa an­dai­na no 84 con «Di­vi­nas pa­la­bras» e non pui­do ser. —Si, pe­ro non foi po­si­ble por­que non o au­to­ri­za­ban os que os­ten­ta­ban os de­rei­tos. Só era es­pe­rar a que mu­da­ran de idea ou que se lle ex­pi­ra­ran os de­rei­tos, e ex­pi­rá­ron­lle, o que é un­ha ale­gría pa­ra nós. —¿Que sig­ni­fi­ca re­pre­sen­tar a Va­lle na no­sa lin­gua? ¿Que su­pón pa­ra o tea­tro ga­le­go? —É un au­tor que nos pa­re­ce im­por­tan­te den­tro do sécu­lo XX e que, por un­ha se­rie de cir­cuns­tan­cias, foi pou­co re­pre­sen­tan­do. En­tón, co­mo desafío ar­tís­ti­co é moi in­tere­san­te, por­que hai moi­tí­si­ma xen­te que foi in­fluí­da po­la súa lec­tu­ra, pe­ro moi pou­ca po­la súa re­pre­sen­ta­ción. Nós es­ta­mos cons­truín­do un tea­tro na­cio­nal e iso con­sis­te en que te­ña­mos na no­sa lin­gua un re­per­to­rio am­plo. En­tón, re­pre­sen­ta­lo en ga­le­go con­tri­búe á crea­ción dun tea­tro na­cio­nal. Por iso fai fal­ta fa­cer máis

Va­lles, ca­se se­ría obri­ga­da un­ha pe­za, se­nón to­dos os anos, ca­da dous, ata com­ple­tar a súa dra­ma­tur­xia, por­que o tea­tro non vi­ve com­ple­ta­men­te ata que non se re­pre­sen­ta nas tá­boas. Creo que fal­ta un com­pro­mi­so pú­bli­co pa­ra fa­cer un­has Co­me­dias bár­ba­ras, que son un­ha ma­nei­ra de ex­pli­car o no­so país.

—Can­do se es­treou «A ca­be­za do dra­gón», en 1910, Va­lle afir­ma­ba que fo­ra una in­ter­pre­ta­ción «moi dis­cre­ta». ¿Que lle gus­ta­ría que di­xe­ra do seu es­pec­tácu­lo? —Es­cri­biu un­ha pe­za que é un­ha far­sa, po­lo tan­to, apro­xí­ma­se moi­to ao car­na­val. En­tón, o que me gus­ta­ría é que saí­se cun ca­be­zu­do de dra­gón a bai­lar ao fi­nal. —Des­pois do seu Va­lle en ga­le­go, vi­rá o do Cen­tro Dra­má­ti­co Ga­le­go. O cam­bio de di­rec­tor, as crí­ti­cas ao pro­ce­so de con­tra­ta­ción, ¿po­den afec­tar­lle? —Son dúas obras moi boas, por cer­to. O pro­ce­so de con­tra­ta­ción de ac­to­res é un ab­sur­do, pen­so que ese é o úni­co pro­ble­ma, o ou­tro son to­dos efec­tos se­cun­da­rios. A cau­sa é que non hai un in­tere­se po­lí­ti­co en que poi­da­mos ter un­ha ac­ti­vi­da­de ar­tís­ti­ca nor­mal, co­mo en ou­tros paí­ses. Se hou­be­se in­tere­se, só ha­be­ría que fa­cer un­ha lei moi sim­ple. Ten un re­par­to moi in­tere­san­te, po­dían ser quin­ce, en vez de dez; pe­ro iso xa é ou­tra cou­sa, ten que ver co com­pro­mi­so pú­bli­co, se nos con­si­de­ran un­ha la­cra ou un­ha ri­que­za da so­cie­da­de. En can­to se acla­ren con is­to, to­do irá me­llor.

MAR­TI­NA MISER

Ca­da­val cre que hai que aca­bar coas li­mi­ta­cións pa­ra fa­cer os elen­cos nas pro­du­cións do CDG.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.