Sen bra­gas

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Opinión - MA­RÍA CANOSA

Sen bra­gas. Así pre­ten­den que vaian as mu­lle­res «sen ma­ri­do» a un­ha dis­co­te­ca de Bar­ce­lo­na. Pre­tén­deno os do­nos, cla­ro, que ofre­cen a cam­bio a en­tra­da, un­ha co­pa e cen eu­ros.

Se sou­be­ran o que eu e moi­tas mu­lle­res (e ta­mén ho­mes) lles ofre­ce­rían a eles des­pois de ler o anun­cio... igual o pen­sa­ban an­tes. Cla­ro que... sei­ca foi to­do un­ha bro­ma. Iso foi exac­ta­men­te o que ase­ve­ra­ron des­pois da lea que se mon­tou. Que era un­ha bro­ma. Sen máis. Nin se­que­ra en­ga­di­ron que era de mal gus­to.

E non é que o fo­se. É moi­tí­si­mo peor ca iso. É un­ha au­tén­ti­ca abe­rra­ción. Un in­sul­to. Un­ha mos­tra máis do ma­chis­mo des­ta so­cie­da­de, que con­sen­te es­tes ca­sos. On­de un anun­cio así pa­ra ho­mes? Ho­mes sen mu­ller, ha­be­ría que po­ñer ta­mén. On­de? Nin un­ha bro­ma ao res­pec­to ato­pa­mos...

Es­tou in­dig­na­da. Co­mo non o vou es­tar? Dóe­me que nos in­sul­ten des­te xei­to e to­do que­de nun­ha bro­ma, un­ha chan­za... Non é iso. Cun­ha bro­ma rí­mo­nos to­dos, pe­ro is­to non fai gra­za. Nin a min, nin ás mu­lle­res, nin a moi­tos ho­mes tam­pou­co. Un­ha bro­ma... si, ho­me, si. De ri­sa son os co­men­ta­rios do dono, que es­tá ca­brea­do e moi sor­pren­di­do, pois non agar­da­ba se­me­llan­te re­per­cu­sión nas re­des... Cla­ro! Ima­xi­na­ba éxi­to no pú­bli­co fe­mi­nino e con­ta­ba con nós alí se­mi­es­pi­das! E cun so­rri­so!

Sei­ca vai po­ñe­lo to­do en mans dun avo­ga­do, pois es­te país pa­ré­ce­lle in­cri­ble. Pois... non sei se de­be po­ñe­lo en mans dun avo­ga­do ou dun psi­quia­tra. Es­te ti­po é de tra­ca. O peor é que non es­tá só. Hai moi­tos así.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.