Fo­ro Voz pro­fun­di­za en los orí­ge­nes de la gastronomía del en­troi­do

O Fo­ro Voz sa­cou a re­lu­cir den­de as in­fi­ni­tas va­rie­da­des do do­ce ao seu sim­bo­lis­mo

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Portada - MA­RÍA HER­MI­DA

Fa­gan me­mo­ria ago­ra que es­tá o en­troi­do ben fres­co, sen re­ma­tar aín­da en si­tios co­mo Pon­te­ve­dra. E pen­sen en can­do comen fi­lloas. ¿Nun­ca asis­ti­ron ao eterno de­ba­te de co­mo hai que fa­ce­las, de se a re­cei­ta é me­llor con lei­te, con cal­do ou bo­tán­do­lle in­clu­so un ai­re de anís? Se­gu­ro que es­ti­ve­ron nal­gun­ha de­sas char­las a ca­rón da raí­ña gas­tro­nó­mi­ca do en­troi­do. Por­que a fi­lloa é moi­ta fi­lloa. E da de si. Que llo pre­gun­ten aos que asis­ti­ron on­te, no tea­tro Prin­ci­pal de Pon­te­ve­dra, ao Fo­ro Voz En­troi­do. Fi­lloas e fo­góns, que des­cu­bri­ron que, en reali­da­de, ese círcu­lo ama­re­lo do­ce ou salgado, se­gun­do gus­tos, é co­mo se fo­se un­ha bo­la do mun­do na que co­llen des­de ri­tuais a trazos cul­tu­rais, tra­di­cións e, por su­pos­to, in­fi­ni­tas re­cei­tas, ou po­lo me­nos tan­tas va­rie­da­des co­mo mans que as fa­gan, se­gun­do se di­xo on­te no Fo­ro Voz.

Alí es­ta­ban, pa­ra dar co­me­zo ao pri­mei­ro fo­ro de La Voz de Ga­li­cia en Pon­te­ve­dra, sen­ta­dos á mes­ma me­sa Xo­sé To­rres Can­nas, chef de Pe­pe Viei­ra e a es­tre­la Mi­che­lín que el ate­sou­ra; Be­nigno Cam­pos, de Lar­pei­ros, co seu éxi­to te­le­vi­si­vo e co­mo es­cri­tor ás cos­tas; Raúl Fac­cio­la e a súa mes­tría coas cre­pes e ini­cia­ti­va em­pre­sa­rial, co­mo xe­ren­te de Cre-cot­tê, e o an­tro­pó­lo­go Ra­fael Quin­tía e o seu co­ñe­ce­men­to das di­fe­ren­tes re­pre­sen­ta­cións do en­troi­do tra­di­cio­nal en Ga­li­cia. Xun­to a eles, un­ha voz co­ñe­ci­da e re­co­ñe­ci­da; a do xor­na­lis­ta e co­la­bo­ra­dor de La Voz de Ga­li­cia Eu­ge­nio Gi­rál­dez. El, que na me­ta­de do de­ba­te sobre a gastronomía do en­troi­do ti­rou de sin­ce­ri­da­de e di­xo «es­ta­me en­tran­do un­ha fa­me negh­ra», foi a par­tes iguais mo­de­ra-

dor e ani­ma­dor do fo­ro no tea­tro Prin­ci­pal pon­te­ve­drés.

Co­me­zou­se fa­lan­do das va­rie­da­des da fi­lloa, dese eterno de­ba­te sobre a me­llor re­cei­ta. E hou­bo bas­tan­te una­ni­mi­da­de, sin­te­ti­za­da nun­ha fra­se de Raúl Fac­cio­la: «A par­ti­res da mes­tu­ra de lí­qui­do con ovo e fariña, que é a ba­se da fi­lloa, pó­de­se fa­cer de to­do. Hai in­fi­ni­tas va­rie­da­des», di­xo. E nin­guén lle qui­tou a ra­zón. O te­le­vi­si­vo Be­nigno Cam­pos, cu­xas re­cei­tas en­gro­san ho­xe

as de moi­tas fa­mi­lias ga­le­gas, di­xo que, pa­ra el, as de san­gue e as de cal­do son as máis tí­pi­cas de Ga­li­cia. Xo­sé To­rres Can­nas, po­la súa ban­da, fa­lou de que os tem­pos pa­san, a co­ci­ña adáp­ta­se a no­vos gus­tos e no­vas ne­ce­si­da­des ener­xé­ti­cas, pe­ro pro­du­tos co­mo a fi­lloa aí se­guen, fei­tos dun xei­to ou dou­tro. E Ra­fael Quin­tía des­cu­briu to­do o que hai de­trás des­te bo­ca­do de en­troi­do; den­de o ri­tual por­tu­gués de en­te­rrar fi­lloas nas lei­ras con­tra as pra­gas ata a tra­di­ción de uti­li­zar a gra­xa so­bran­te das fi­lloas pa­ra en­gra­xar os ei­xos dos ca­rros. Di­xo, en sín­te­se, que a fi­lloa é to­do un sím­bo­lo e que ta­mén é «a re­pre­sen­ta­ción da abun­dan­cia».

Ta­mén hou­bo crí­ti­ca

De­mos­tran­do que ten ese po­der ca­se má­xi­co que des­ta­cou o an­tro­pó­lo­go Quin­tía, a fi­lloa foi quen on­te de en­ri­que­cer o de­ba­te. De­trás de­la fa­lou­se do por­co, do no­so ani­mal to­té­mi­co, do ga­lo e ata da lam­prea á bor­da­le­sa, que se­gun­do as vo­ces au­to­ri­za­das da co­ci­ña alí reuni­das é un­ha re­cei­ta máis ga­le­ga do que pen­sa­mos.

Fa­lou­se ta­mén de ex­ce­sos. E aos ca­tro ex­per­tos reuni­dos non lles tre­meu a voz pa­ra de­nun­ciar al­go que cua­li­fi­ca­ron de «abe­rran­te». Cri­ti­ca­ron du­ra­men­te as fes­tas gas­tro­nó­mi­cas que non res­pec­tan os re­cur­sos au­tóc­to­nos. Dí­xoo ben cla­ro Xo­sé To­rres Can­nas; que fa­lou de que non se po­de fa­cer un­ha fes­ta de pro­por­cións enor­mes dun pro­du­to au­tóc­tono se es­te an­da es­ca­so. O pú­bli­co de­beu cap­tar ben a men­sa­xe de de­fen­sa das tra­di­cións na que se aca­bou con­ver­ten­do o de­ba­te —Quin­tía, cri­ti­cou moi­to que se mes­tu­re o en­troi­do tra­di­cio­nal, os ci­ga­rróns por exem­plo, con dis­fra­ces de Spi­der-Man ou ca­rro­zas mo­der­nas na­da re­la­cio­na­das con Ga­li­cia—. E, xa na quen­da de pre­gun­tas, lan­zou un­ha ben cla­ri­ña: «¿Can­to tem­po cre­des que vai du­rar o en­troi­do?», lle pre­gun­ta­ron aos ca­tro.

Eles res­pon­de­ron, ca­se, ca­se á ga­le­ga... di­xe­ron que du­ra­rá o que Ga­li­cia quei­ra que du­re. Be­nigno Cam­pos foi máis aló. E ga­ran­tiu­lle o futuro mi­ran­do ao es­pe­llo do pa­sa­do. Lem­brou que no fran­quis­mo o prohi­bi­ron e se­guiu­se ce­le­bran­do. Así que lon­ga vi­da ao en­troi­do. E á fi­lloa. Que vis­to o vis­to ten moi­to que con­tar.

CAPOTILLO

Las vi­sio­nes sobre el en­troi­do de Raúl Fac­cio­la, Be­nigno Cam­pos, Pe­pe Viei­ra y Ra­fael Quin­tía fue­ron mo­de­ra­das por Eu­ge­nio Gi­rál­dez.

FOTOS: CAPOTILLO

De es­quer­da a de­rei­ta, Raúl Fac­cio­la, Be­nigno Cam­pos, Eu­ge­nio Gi­rál­dez, Xo­sé To­rres Can­nas e Ra­fael Quin­tía.

O pú­bli­co via­xou en­tre a emo­ción e a ri­sa du­ran­te to­do o ac­to.

Tra­lo fo­ro, hou­bo tem­po pa­ra a de­gus­ta­ción a car­go de Cre-Cot­tê.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.