Un­ha can­ti­ga ao gre­lo e un­ha de­gus­ta­ción pu­xe­ron o bro­che de ou­ro

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Pontevedra -

En reali­da­de, o fo­ro que La Voz de Ga­li­cia en co­la­bo­ra­ción co Con­ce­llo de Pon­te­ve­dra ce­le­brou on­te con­ver­teu­se nun­ha re­pre­sen­ta­ción a pe­que­na es­ca­la da no­sa te­rra. ¿Co­mo re­ma­tan as me­llo­res fes­tas en Ga­li­cia? Co­men­do e can­tan­do. Pois iso foi o que oco­rreu on­te tra­lo fo­ro. Pri­mei­ro, soou a mú­si­ca. Pú­xoa a gor­xa de Be­nigno Cam­pos, que a pe­ti­ción de Eu­ge­nio Gi­rál­dez bo­tou­lle un­ha can­ti­ga de­di­ca­da ao ver­de man­xar do co­ci­do ou do cal­do: «Na­da é máis ri­co que o cal­do de gre­lo», oíu­se­lle can­tar coa súa ca­rac­te­rís­ti­ca voz.

E, tra­la can­ción, na­da me­llor que le­var al­go á bo­ca. Raúl Fac­cio­la e o seu equi­po de Cre-Cot­tê fo­ron os en­car­ga­dos de po­ñer o bro­che de ou­tro con bo­ca­dos de lu­xo. Ofre­ce­ron fi­lloas do­ces e sal­ga­das, re­cheas de cho­co­la­te, de crema de cas­ta­ña ou sal­pi­cón. «Es­tán moi ri­cas», con­cluíu Te­re­sa, un­ha das asis­ten­tes, que veu den­de Vi­go e tra­lo fo­ro se im­pu­xo de­be­res: «Te­ño que se­guir len­do sobre o que di­xo o an­tro­pó­lo­go», con­tou es­ta mu­ller.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.