O desafío da mul­ti­rrein­ci­den­cia

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Galicia - Eva Muí­ño Gó­mez Coor­di­na­do­ra do gru­po de Trá­fi­co do Co­le­xio de Psi­co­lo­xía

Hai uns días, lía­mos con cer­ta sor­pre­sa que a Di­rec­ción Xe­ral de Trá­fi­co es­tu­da­ba non per­mi­tir a re­in­ci­den­tes por con­su­mo de al­cohol ou dro­gas a re­cu­pe­ra­ción do car­né de con­du­cir, co­mo me­di­da pa­ra re­du­cir a mor­ta­li­da­de nas es­tra­das. Des­de lo­go, a mul­ti­rrein­ci­den­cia é un dos prin­ci­pais desafíos en se­gu­ri­da­de via­ria que te­mos por dian­te, pe­ro cre­mos que a apos­ta ten que ir por ou­tros ca­mi­ños e non só a tra­vés de me­di­das san­cio­na­do­ras con es­ca­so ca­rác­ter re­so­cia­li­za­dor.

Ex­pe­rien­cias eu­ro­peas, co­mo a de Suí­za, on­de se ofre­cen pro­gra­mas es­pe­cí­fi­cos pa­ra con­du­to­res pe­na­dos mul­ti­rrein­ci­den­tes pa­ra a mo­di­fi­ca­ción da con­du­ta, cons­ti­túen un exem­plo do éxi­to des­te ti­po de me­di­das, on­de a re­in­ci­den­cia bai­xou nun 50 %. Des­de o Co­le­xio Ofi­cial de Psi­co­lo­xía de Ga­li­cia le­va­mos ca­tro anos ofre­cen­do o pro­gra­ma Psi­co­vial, es­pe­cí­fi­co pa­ra mul­ti­rrein­ci­den­tes, en co­la­bo­ra­ción coa Di­rec­ción Xe­ral de Xus­ti­za e Ins­ti­tu­cións Pe­ni­ten­cia­rias. E de acor­do cos no­sos re­sul­ta­dos, a re­in­ci­den­cia bai­xou nun 60 % na­que­las per­soas que ac­ce­de­ron ao mes­mo.

Ga­li­cia, xun­to con As­tu­rias e Can­ta­bria, con­cen­tra as ta­xas de con­du­to­res que máis re­in­ci­den no Es­ta­do, se­gun­do apun­tan di­ver­sos es­tu­dos, po­lo que é un­ha res­pon­sa­bi­li­da­de pú­bli­ca que es­tea­mos na van­gar­da da abor­da­xe des­ta pro­ble­má­ti­ca. Tras a re­in­ci­den­cia, ato­pa­mos tres ca­rac­te­rís­ti­cas co­múns na maio­ría dos con­du­to­res: un dé­fi­cit de au­to­con­trol, a per­cep­ción de au­to­in­mu­ni­da­de e a con­du­ción te­me­ra­ria. Es­tes tres as­pec­tos son sus­cep­ti­bles de ser abor­da­dos a tra­vés da psi­co­lo­xía, con pro­gra­mas de mo­di­fi­ca­ción da con­du­ta e de ac­ti­tu­des, im­par­ti­dos por pro­fe­sio­nais e que se adap­ten ao per­fil do re­in­ci­den­te.

Des­de o Gru­po de Trá­fi­co e Se­gu­ri­da­de do Co­le­xio de Psi­co­lo­xía que­re­mos tras­la­dar que non é cues­tión de cri­mi­na­li­zar ás per­soas re­du­cín­doo a un pro­ble­ma de adi­cións des­de un­ha pers­pec­ti­va uni­ca­men­te mé­di­ca, se­nón que cóm­pre re­so­cia­li­zar e po­ten­ciar os re­cur­sos pro­pios das per­soas, e así me­llo­rar a se­gu­ri­da­de nas es­tra­das.

Un­ha abor­da­xe con­xun­ta mé­di­co-psi­co­ló­xi­ca é a me­llor ga­ran­tía pa­ra po­der bai­xar as ta­xas de re­in­ci­den­cia, un­ha ne­ce­si­da­de ur­xen­te xa que se es­ti­ma que os con­du­to­res que acu­mu­lan va­rias pe­nas por de­li­tos de trá­fi­co son os res­pon­sa­bles dun­ha cuar­ta par­te dos ac­ci­den­tes gra­ves ou moi gra­ves. Es­te ti­po de pro­gra­mas se­ría un­ha boa for­ma de in­ves­tir par­te do re­ca­da­do a tra­vés das san­cións de trá­fi­co pro­ce­den­tes da re­in­ci­den­cia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.