To­dos so­mos to­das

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Opinión - VÍC­TOR F. FREIXANES

Arre­pía es­coi­tar a in­ter­ven­ción dese depu­tado po­la­co en Bru­xe­las arre­me­ten­do con­tra os de­rei­tos de igual­da­de la­bo­ral e so­cial de ho­mes e mu­lle­res en pleno sécu­lo XXI

En 1791, a es­cri­to­ra Ma­rie Gou­ze, que asi­na­ba co pseu­dó­ni­mo Olym­pe de Gou­ges, pu­bli­ca­ba en Fran­cia a De­cla­ra­ción dos De­rei­tos da Mu­ller e da Ci­da­dá (De­cla­ra­tion des Droits de la

Fem­me e de la Ci­to­yen­ne) en par­te co­mo res­pos­ta á De­cla­ra­ción dos De­rei­tos do Ho­me e do Ci­da­dán que dous anos an­tes, o 26 de agos­to de 1789, pro­cla­ma­ra a Asem­blea Na­cio­nal Cons­ti­tuín­te Fran­ce­sa. Li­ber­da­de, igual­da­de, fra­ter­ni­da­de…

O pri­mei­ro pun­to do tex­to de Olym­pe de Gou­ges di: «A mu­ller na­ce li­bre e ha per­ma­ne­cer igual ao ho­me en de­rei­tos. As dis­tin­cións so­ciais só po­den es­tar fun­da­das na uti­li­da­de co­mún». E mais en­ga­de: «Os prin­ci­pios da so­be­ra­nía re­si­den esen­cial­men­te na Na­ción. Nin­gún cor­po, nin­gún in­di­vi­duo po­de exer­cer au­to­ri­da­de que non ema­ne de­les» (das mu­lle­res e dos ho­mes).

Van máis de dous sécu­los den­de a redacción des­te tex­to e a loi­ta fe­mi­ni­na po­la igual­da­de é un pro­ce­so im­pa­ra­ble, pe­ro que en moi­tos as­pec­tos non fi­xo máis ca co­me­zar e, co­mo lem­bra­ba­mos na ma­rea da pa­sa­da se­ma­na evo­can­do a fi­gu­ra de Ro­sa­lía de Cas­tro, ten a súa im­por­tan­te nó­mi­na de ví­ti­mas, que es­tán a pa­gar un pre­zo moi al­to po­lo re­co­ñe­ce­men­to na prác­ti­ca dun de­rei­to fun­da­men­tal na cons­tru­ción de cal­que­ra so­cie­da­de de­mo­crá­ti­ca. On­te foi en Lu­go. An­ton­te en Vi­go. An­tes en Ma­drid, Va­len­cia, Má­la­ga… Van 20 asa­si­na­tos de mu­lle­res no que le­va­mos de ano, se­gun­do fon­tes com­ple­men­ta­rias ao Mi­nis­te­rio do In­te­rior, que non re­co­ñe­ce to­das co­mo vio­len­cia de xé­ne­ro. Mais erra­ría­mos sen pen­sá­se­mos que a cues­tión é ex­clu­si­va de Es­pa­ña. Se­gun­do a Axen­da Eu­ro­pea de De­rei­tos Hu­ma­nos, máis de 25 mi­llóns de mu­lle­res eu­ro­peas su­fri­ron vio­len­cia de xé­ne­ro no ano 2014 (non te­ño ci­fras máis re­cen­tes). Os paí­ses es­can­di­na­vos, ¡aten­ción!, amo­san as por­cen­ta­xes máis al­tas. Non fa­la­mos do Ter­cei­ro Mun­do. Fa­la­mos da Eu­ro­pa avan­za­da e desen­vol­vi­da, fi­lla en gran me­di­da da De­cla­ra­ción da Asem­blea de 1789 e mes­mo do tex­to de Olym­pe de Gou­ges. Arre­pía es­coi­tar a in­ter­ven­ción dese depu­tado po­la­co en Bru­xe­las arre­me­ten­do con­tra os de­rei­tos de igual­da­de la­bo­ral e so­cial de ho­mes e mu­lle­res en pleno sécu­lo XXI.

Ho­xe sae o fe­mi­nis­mo ga­le­go á rúa pa­ra afir­mar os de­rei­tos das mu­lle­res, en­tre ou­tros: o ele­men­tal de­rei­to á pro­pia vi­da. O pró­xi­mo día 8 é o Día In­ter­na­cio­nal da Mu­ller. O tex­to da es­cri­to­ra fran­ce­sa é de 1791. Ata o ano 1948 as Na­cións Uni­das non co­rri­xi­ron a di­fe­ren­za de xé­ne­ro: De­cla­ra­ción Uni­ver­sal dos De­rei­tos Hu­ma­nos (ho­mes e mu­lle­res xun­tos, per­soas to­das). Cu­rio­sa­men­te (sig­ni­fi­ca­ti­va­men­te) Olym­pe de Gou­ges (1748-1793) aca­bou na gui­llo­ti­na, ví­ti­ma do te­rror da Re­vo­lu­ción que ela mes­ma de­fen­de­ra. An­tes de mo­rrer es­cri­biu: «Nin­guén de­be ser mo­les­ta­do po­las súas opi­nións. Se a mu­ller ten de­rei­to a su­bir ao ca­dal­so, ta­mén de­be ter de­rei­to a su­bir á tri­bu­na».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.