«Se­rra­mou­ra», me­llor se­rie de te­le­vi­sión

A pro­du­ción de Voz Au­dio­vi­sual e o ac­tor Mon­ti Cas­ti­ñei­ras, pre­mios Mes­tre Ma­teo

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - RO­DRI GAR­CÍA

Se­rra­mou­ra, a pro­du­ción de Voz Au­dio­vi­sual rea­li­za­da pa­ra a TVG, foi es­co­lli­da na noi­te de on­te co­mo a me­llor se­rie de te­le­vi­sión na en­tre­ga dos pre­mios Mes­tre Ma­teo que pro­mo­ve a Aca­de­mia Ga­le­ga do Au­dio­vi­sual (AGA). E xa van tres. A se­rie —que co­llei­ta un gran éxi­to de au­dien­cia nos do­min­gos da can­le au­to­nó­mi­ca pú­bli­ca— re­ci­be es­te re­co­ñe­ce­men­to por ter­cei­ro ano con­se­cu­ti­vo. Ade­mais, un dos seus pro­ta­go­nis­tas, o ac­tor Mon­ti Cas­ti­ñei­ras, re­ci­biu o pre­mio á me­llor in­ter­pre­ta­ción mas­cu­li­na de re­par­to, nun­ha ga­la que ti­vo lu­gar no Pa­zo de Ex­po­si­cións e Con­gre­sos da Co­ru­ña (Pa­lex­co) e que foi con­du­ci­da por Io­lan­da Muí­ños. A ve­la­da ti­vo co­mo fío a ce­le­bra­ción dun musical pa­ra o que a pre­sen­ta­do­ra ía bus­can­do per­soas que ac­tua­ran no es­pec­tácu­lo.

Nes­ta dé­ci­mo quin­ta edi­ción dos pre­mios, Ma­ría y los de­más foi a pro­du­ción que máis ga­lar­dóns ob­ti­vo, cin­co, en­tre eles o de me­llor lon­ga­me­tra­xe, e a súa pro­ta­go­nis­ta, Bár­ba­ra Len­nie, aca­dou o re­co­ñe­ce­men­to á me­llor in­ter­pre­ta­ción fe­mi­ni­na.

Con ca­tro ga­lar­dóns re­ma­tou a ga­la a se­rie Da­lia, a mo­dis­ta, en­tre eles o de me­llor in­ter­pre­ta­ción fe­mi­ni­na de re­par­to pa­ra Co­va­don­ga Ber­di­ñas. Ta­mén no apar­ta­do ac­to­ral foi ga­lar­doa­do Luis To­sar, co­mo o me­llor ac­tor pro­ta­go­nis­ta po­lo seu pa­pel na pe­lí­cu­la Cien anos de per­dón.

Ac­to­res en pre­ca­rio

E de ac­to­res fa­lou o pre­si­den­te da AGA, Car­los Ares, cha­man­do a aten­ción sobre o fei­to de que ca­se o 60 % dos ac­to­res e ac­tri­ces ga­le­gas non po­den vi­vir da súa pro­fe­sión: «Cóm­pre ten­tar me­llo­rar es­ta si­tua­ción, cóm­pre tra­ba­llar pa­ra evi­tar a pre­ca­rie­da­de. E is­to non

é al­go que de­ba­mos des­car­gar só nas Ad­mi­nis­tra­cións. É un­ha si­tua­ción que de­be­mos ten­tar re­ver­ter en­tre to­dos e to­das». Des­pois de dar con­ta do «fir­me com­pro­mi­so coa igual­da­de» da Aca­de­mia, Ares re­ma­tou di­cin­do que des­de o co­lec­ti­vo non esi­xían pri­vi­le­xios: «Só pe­di­mos ter de­rei­to ás mes­mas pres­ta­cións por bai­xa la­bo­ral, en­fer­mi­da­de, ma­ter­ni­da­de, pa­ter­ni­da­de, desem­pre­go ou xu­bi­la­ción que o res­to de tra­ba­lla­do­ras e tra­ba­lla­do­res do país».

«Moi­to tra­ba­llo e moi­ta igual­da­de», foi a re­cla­ma­ción coa que re­ma­tou as súas pa­la­bras de agra­de­ce­men­to a di­rec­to­ra de ar­te Mar­ta Vi­llar tras re­co­ller o pre­mio de hon­ra Fer­nan­do Rey. Ade­mais de re­co­ñe­cer que na súa vi­da ti­vo dúas ob­se­sións —«o meu tra­ba­llo e a mi­ña fa­mi­lia»—, a ga­lar­doa­da cha­mou a aten­ción sobre a de­sigual­da­de xeo­grá­fi­ca do au­dio­vi­sual ga­le­go: «A no­sa di­ver­si­da­de é tan in­men­sa co­mo sin­gu­lar e por iso uni­ver­sal. Re­cu­pe­re­mos

a to­ta­li­da­de do no­so te­rri­to­rio co­mo es­tu­dio de ci­ne­ma e así en­ri­que­ce­mos o no­so au­dio­vi­sual ao mes­mo tem­po que á so­cie­da­de ga­le­ga».

Ou­tro dos pre­mios que xa se co­ñe­cía, o es­pe­cial Jo­sé Se­llier, de­di­ca­do a re­co­ñe­cer ini­cia­ti­vas sa­lien­ta­bles no sec­tor au­dio­vi­sual, foi pa­ra o equi­po de En Xo­go, da Te­le­vi­sión de Ga­li­cia, po­lo tra­ba­llo a prol da nor­ma­li­za­ción da lin­gua e de apoio ao de­por­te.

Un­ha das sor­pre­sas da noi­te foi Es­que­ce Mo­ne­los, un do­cu­men­tal di­ri­xi­do por Án­ge­les Huer­ta que con­ta a his­to­ria do río, ho­xen­día so­te­rra­do, que dis­co­rría po­lo ba­rrio co­ru­ñés de Mo­ne­los. Ade­mais de me­llor do­cu­men­tal, ta­mén foi pre­mia­da a di­rec­ción de fo­to­gra­fía e a mon­ta­xe.

Co­mo me­llor pro­gra­ma de te­le­vi­sión foi es­co­lli­do Land Ro­ber Tu­nai Show, co que o seu con­du­tor Roberto Vi­lar fi­xo do­ble­te, xa que ta­mén re­ci­biu a dis­tin­ción co­mo me­llor co­mu­ni­ca­dor.

EDUAR­DO PÉREZ

Acom­pa­ña­do da di­rec­to­ra de pro­du­ción Paula Fer­nán­dez, Al­ber­to Gun­tín Araú­jo, guio­nis­ta da pro­du­ción de fic­ción de Voz Au­dio­vi­sual «Se­rra­mou­ra», que emi­te os do­min­gos a TVG, subiu ao es­ce­na­rio pa­ra re­co­ller o pre­mio Mes­tre Ma­teo á me­llor se­rie de te­le­vi­sión e agra­de­ceu o tra­ba­llo e o es­for­zo de to­do o equi­po que con­tri­buíu a le­van­tar es­te exi­to­so pro­xec­to e de­di­cou o ga­lar­dón a «to­da a xen­te que fai fic­ción en Ga­li­cia».

CABALAR EFE

Vi­lar ob­ti­vo os pre­mios ao pro­gra­ma e ao co­mu­ni­ca­dor.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.