Ga­li­cia con­me­mo­ra a mor­te de Pon­dal, o bar­do que dei­xou «un­ha lin­gua de ou­ro»

O vin­dei­ro mér­co­res cum­pri­ran­se os cen anos da des­apa­ri­ción do au­tor do himno

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - X. AMEIXEIRAS

«An­que hu­mil­de non na­cín, hu­mil­de re­pou­sar que­ro». Eduar­do Ma­ría Gon­zá­lez-Pon­dal e Aben­te (8 de fe­brei­ro de 1835-8 de mar­zo de 1917) pe­diu que o en­te­rra­sen en Pon­te­ce­so cun «sa­yal de Fran­cis­cano» e, se non po­día ser na súa vi­la na­tal, en­ga­día: «Se­pul­tá­de­me na Co­ru­ña, nes­ta ga­rri­da cib­da­de, que mil be­le­zas adu­cín». O vin­dei­ro mér­co­res cum­pri­ran­se cen anos da mor­te do au­tor do himno ga­le­go e un dos pia­res bá­si­cos da re­no­va­ción da lin­gua li­te­ra­ria. «Dés­tes­me un­ha lin­gua de fe­rro, eu de­vol­vos un­ha lin­gua de ou­ro». Ma­nuel Fe­rrei­ro Fer­nán­dez, ca­te­drá­ti­co da Uni­ver­si­da­de da Co­ru­ña es­pe­cia­li­za­do na obra do bar­do ber­gan­ti­ñán, cua­li­fi­ca a Eduar­do Pon­dal co­mo «un dos pais da pa­tria». Un au­tor é clá­si­co, di, can­do «as súas pa­la­bras va­lían pa­ra os seus con­tem­po­rá­neos, pe­ro va­len ta­mén pa­ra nós, pa­sen os anos que pa­sen». Nes­te sen­so, Fe­rrei­ro Fer­nán­dez apun­ta que a men­sa­xe pon­da­lia­na de que Ga­li­cia «es­tá nun­ha si­tua­ción de aban­dono e des­pre­zo e hai que le­van­tar­se e loi­tar po­la súa re­cu­pe­ra­ción é per­fec­ta­men­te ac­tual».

An­tón Vi­lar Pon­te es­cri­bía o 9 de mar­zo de 1917 en La Voz de Ga­li­cia a cró­ni­ca da mor­te do au­tor, «el hom­bre de las es­tro­fas se­me­jan­tes a pu­ños cris­pa­dos» que, ao mes­mo tem­po, se con­sa­grou «al cel­tis­mo as­cé­ti­co».

O pre­si­den­te da Real Aca­de­mia Ga­le­ga (RAG), Xesús Alonso Mon­te­ro, que­re des­ta­car a im­por­tan­cia do Pon­dal máis no­vo, un dos pro­ta­go­nis­tas do Ban­que­te de Con­xo, o 2 de mar­zo de 1856. Se­gun­do co­men­ta, con­vi­ña po­ñer o acen­to no Pon­dal «loi­ta­dor po­las liberdades de­mo­crá­ti­cas». Aquel foi, ao seu pa­re­cer, un acon­te­ce­men­to aín­da non ben es­tu­da­do, «o pri­mei­ro das súas ca­rac­te­rís­ti­cas en Es­pa- ña». Alonso Mon­te­ro di que hai que des­ta­car esa fa­se xu­ve­nil do au­tor «na que es­tá com­pro­me­ti­do a fon­do coas ideas de­mo­crá­ti­cas, que sen ser re­vo­lu­cio­na­rias, son moi avan­za­das pa­ra a épo­ca». Que­re dei­xar cla­ro o pre­si­den­te da RAG que «no Ban­que­te de Con­xo nin­guén emi­te sig­nos ga­le­guis­tas, pe­ro emi­te sig­nos de­mo­crá­ti­cos». Ao mes­mo tem­po con­si­de­ra que «fa­cer o que fi­xe­ron eses tres ra­pa­ces, en­tre eles Pon­dal, é un­ha cou­sa da que te­mos que sen­tir­nos or­gu­llo­sos e apren­der». Alí, o bar­do de Pon­te­ce­so leu o poe­ma Brin­dis, sobre a igual­da­de dos ho­mes. Hou­bo de cus­tar­lle a de­por­ta­ción ás illas Ma­ria­nas e mais a ex­co­mu­ñón. O profesor Juan Fé­liz Nei­ra achou un­ha car­ta na que o poe­ta so­li­ci­ta ao ar­ce­bis­pa­do a ab­so­lu­ción por­que o seu pá­rro­co non lla po­día dar.

Ra­món Vi­lla­res —pre­si­den­te do Con­se­llo da Cul­tu­ra Ga­le­ga—, ade­mais de reite­rar que Pon­dal é dos gran­des do Re­xur­di­men­to, sos­tén que «foi qui­zais o que me­llor in­ter­pre­tou o pa­ra­dig­ma cel­tis­ta acu­ña­do por Mur­guía». Ta­mén pen­sa que o bar­do «bus­cou non só un pa­sa­do mí­ti­co pa­ra Ga­li­cia, se­nón que fi­xo un­ha obra poé­ti­ca moi clá­si­ca e ao mes­mo tem­po moi mo­der­na».

Es­cri­bía Jo­sé An­to­nio Par­ga Sanjurjo en La Voz, nun­ha crítica a Quei­xu­mes do pi­nos, obra cu­me do au­tor, que Pon­dal «es un hom­bre con­sa­gra­do por en­te­ro a Ga­li­cia, que vi­ve por y pa­ra ella». É máis, di­cía do bar­do que «ama a su an­ti­gua Sue­via con el en­tu­sias­mo que sen­tía el tro­yano al de­fen­der los mu­ros de su Ilión que­ri­da». Así ta­mén pen­sa Ma­nuel Fe­rrei­ro: «So­mos o que so­mos por­que hou­bo per­soas co­ma eles que en­tre­ga­ron a súa vi­da por nós». Nes­ta li­ña, Vi­lar Pon­te afir­ma­ba que «Pon­dal na­ció pós­tu­mo, co­mo Nietzs­che».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.