A fun­da­ción de Pon­te­ce­so fai cen ac­tos pa­ra o cen­te­na­rio

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura -

A Fun­da­ción Eduar­do Pon­dal de Pon­te­ce­so, en­ti­da­de crea­da hai a pe­nas un­ha du­cia de anos (2005), pre­pa­rou cen ac­tos pa­ra con­me­mo­rar o cen­te­na­rio da mor­te do bar­do, un am­bi­cio­so pro­gra­ma no que van co­la­bo­rar di­ver­sas ins­ti­tu­cións pú­bli­cas e pri­va­das. Na ve­lla reito­ral de Cos­pin­do, on­de apa­re­ceu a ac­ta bau­tis­mal do au­tor, ce­le­bra­ra­se o vin­dei­ro do­min­go o ac­to central dos fes­te­xos, con pro­nun­cia­men­tos so­lem­nes das au­to­ri­da­des pre­sen­tes e un­ha mos­tra do in­ten­so la­bor que a en­ti­da­de desen­vol­ve ao lon­go do ano. De fei­to, den­de prin­ci­pios do 2017, xa se ve­ñen ce­le­bran­do co­vas cél­ti­cas, pre­sen­ta­ción de li­bros e pro­xec­tos mu­si­cais, en­con­tros es­co­la­res e a par­ti­ci­pa­ción en di­ver­sas ac­ti­vi­da­des re­la­cio­na­das cos ou­tros au­to­res do Re­xur­di­men­to, Ro­sa­lía de Cas­tro e Cu­rros En­rí­quez. Co cupón do día 9 a On­ce re­cor­da­rá a efe­mé­ri­de. Es­tán pre­vis­tas ta­mén a pu­bli­ca­ción dun­ha es­col­ma poé­ti­ca pon­da­lia­na, a car­go de Ma­nuel Fe­rrei­ro, e moi­tas ou­tras ini­cia­ti­vas. Xo­sé Ma­ría Varela, xe­ren­te da en­ti­da­de, su­bli­ñou que o cen­te­na­rio «é un­ha con­me­mo­ra­ción es­pe­cial que vai su­por a con­so­li­da­ción de de­ter­mi­na­dos pro­xec­tos e dar­lle moi­ta máis vi­si­bi­li­da­de á fi­gu­ra do au­tor, á súa obra e á pro­pia fun­da­ción pa­ra en­fron­tar no­vos re­tos».

Ra­món Vi­lla­res ta­mén cre que es­ta fes­ta «ten que con­tri­buír a po­pu­la­ri­zar un pou­co máis a Pon­dal, pa­ra si­tua­lo den­tro da tra­di­ción cul­ta ga­le­ga, na di­men­sión de crea­dor de es­pa­zos poé­ti­cos e mí­ti­cos». Pen­sa, ao mes­mo tem­po, que os cen­te­na­rios «de­ben ser­vir pa­ra ler­nos a nós mes­mos, non só ao au­tor».

Ma­nuel Fe­rrei­ro lem­bra que a efe­mé­ri­de «po­de va­ler pa­ra que os tex­tos de Pon­dal che­guen á po­boa­ción ga­le­ga e aos cen­tros de en­sino» e que, así, el «vol­va ser en­tre li­do e re­co­ñe­ci­do co­mo un dos no­sos pais da pa­tria». dos pi­nos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.