«Es­cri­bo no­ve­las fe­mi­ni­nas e fe­mi­nis­tas, ese é o meu uni­ver­so»

O ve­ri­nen­se pre­sen­ta o pró­xi­mo luns, na Ca­sa de Ga­li­cia en Ma­drid, a súa no­ve­la «To­das las vi­das de Ma­da­me Bo­vary»

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - XO­SÉ MANOEL RO­DRÍ­GUEZ

O pa­sa­do 14 de fe­brei­ro co­me­zou a dis­tri­buír­se a no­va no­ve­la en cas­te­lán de Xo­sé Car­los Caneiro. To­das las vi­das de Ma­da­me Bo­vary é un­ha ver­sión —o ve­ri­nen­se apos­tou po­la re­es­cri­tu­ra— da súa obra A vi­da no­va de Ma­da­me Bo­vary (Ga­la­xia, 2008). Da man da edi­to­rial Do­ña Te­cla, o au­tor en­fron­ta un­ha no­va eta­pa na que xa es­tá a tra­ba­llar en pro­xec­tos que che­ga­rán ás li­bra­rías nos vin­dei­ros anos. A pre­sen­ta­ción do li­bro se­rá o pró­xi­mo luns, día 13, na Ca­sa da Ga­li­cia en Ma­drid e Caneiro es­ta­rá acom­pa­ña­do po­la edi­to­ra, Ge­ma Len­do­iro, e po­lo pre­si­den­te da Xun­ta, Al­ber­to Nú­ñez Fei­joo. —¿Por que se de­can­tou po­la re­es­cri­tu­ra da obra ori­xi­nal? —Can­do a edi­tei en ga­le­go que­dou­me a sen­sa­ción de que po­día ser me­llor do que era. E sem­pre ti­ven esa tei­ma, ata que un día me pu­xen a re­es­cri­bi­la. A no­ve­la pe­ca­ba de ex­ce­sos e ten­tei li­ma­los, non to­dos por­que a mi­ña pro­sa é ba­rro­ca e o meu uni­ver­so li­te­ra­rio ten un­has ca­rac­te­rís­ti­cas moi es­pe­cí­fi­cas. —Her­me­lin­da, a pro­ta­go­nis­ta, dei­xa ao seu ma­ri­do far­ta de en­ga­nos para re­fu­xiar­se na ca­sa de hós­pe­des Ga­to­par­do. De­se­xa ser Em­ma Bo­vary e go­zar da vi­da. De no­vo un­ha mu­ller vol­ve ser a pe­za cla­ve da súa obra. —Es­ta é un­ha no­ve­la de mu­ller. Es­cri­bo no­ve­las fe­mi­ni­nas e fe­mi­nis­tas; iso creo. Igual que, por sim­pli­fi­car, Pé­rez-Reverte es­cri­be no­ve­las mas­cu­li­nas e ma­chis­tas. —¿Por que se de­can­tou por ese es­pa­zo li­te­ra­rio? —Os per­so­na­xes fe­mi­ni­nos son os an­ti­he­roes da ac­tua­li­da­de. Sem­pre es­cri­bín no­ve­las con an­ti­he­roes, per­soas que vi­ven un pou­co á mar­xe das mo­das e dos trun­fos. E os per­so­na­xes fe­mi­ni­nos pen­so que son moi­to más acaí­dos ao meu mun­do sen­ti­men­tal. En­tén­do­me me­llor coas mu­lle­res que cos ho­mes, criei­me en­tre mu­lle­res, vi­vo con tres... Creo que a mi­ña pro­sa, ne­se sen­so, res­pon­de á sen­si­bi­li­da­de fe­mi­ni­na. Sen­si­bi­li­da­de que ago­ra mes­mo é a que de­fi­ne e com­pren­de me­llor o mun­do. Ao me­nos iso é o que eu creo.

—¿Por que Flau­bert e Ma­da­me Bo­vary? —Ma­da­me Bo­vary é un dos gran­des per­so­na­xes da li­te­ra­tu­ra uni­ver­sal, é o fe­mi­nis­mo can­do o fe­mi­nisno aín­da non se ti­ña in­ven­ta­do. As mu­lle­res da mi­ña no­ve­la, ca­se to­das, son a re­en­car­na­ción do mi­to flau­ber­tiano, cla­ro que a Flau­bert é pro­bá­bel que non o edi­ta­sen nes­tes tem­pos. Nin a el, nin a Joy­ce, nin a Cor­tá­zar, nin a Proust, nin a Faulk­ner... Ven­ceu­nos a es­tu­pi­dez. Pre­fi­ren a no­ve­la ne­gra, as tra­mas, e a lin­gua­xe de­no­ta­ti­va. Con­fun­den a fa­ci­li­da­de coa fe­li­ci­da­de. Man­te­ño, dí­goo sem­pre, que é a mor­te da li­te­ra­tu­ra. —Se­te­cen­tas pá­xi­nas on­de a maior par­te dos per­so­na­xes

ins­crí­ben­se na le­xión dos per­de­do­res. —Si, aín­da que ago­ra mes­mo a no­ve­lís­ti­ca de per­de­do­res xa es­tá re­se­sa. Igual que o gue­rra­ci­vi­lis­mo ou a con­fron­ta­ción ma­ni­quea en­tre os bos e os ma­los. En to­do ca­so iso é se­cun­da­rio. —¿En que sen­ti­do? —Os ar­gu­men­tos e as his­to­rias sem­pre me pa­re­ce­ron al­go se­cun­da­rio. O que pre­ten­do é crear un uni­ver­so de­ter­mi­na­do, cun­has nor­mas li­te­ra­rias po­las que me ri­xo. To­da a mi­ña obra é un exer­ci­cio de es­ti­lo. É máis, os es­cri­to­res ou so­mos es­ti­lo ou non so­mos na­da. Hai guio­nis­tas es­tu­pen­dos para con­tar his­to­rias. Eu son un ar­tis­ta, un no­ve­lis­ta. As his­to­rias xa as con­to nos ar­ti­gos.

SAN­TI M. AMIL

Xo­sé Car­los Caneiro pre­sen­ta­rá a súa no­va no­ve­la en Ma­drid, Bar­ce­lo­na e A Co­ru­ña.

A edi­to­rial Do­ña Te­cla na­ceu no 2016. Pu­bli­cou tí­tu­los co­mo «The lady» ou «Cons­pi­ra­ción en Ma­drid» e pre­pa­ra ou­tros co­mo «Co­ci­nan­do en­tre oli­vos».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.