«Tra­ba­llo na re­es­cri­tu­ra de ‘Un úl­ti­mo des­tino’ e na mi­ña bio­gra­fía de Bor­ges»

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura -

En­fron­ta Xo­sé Car­los Caneiro a súa no­va eta­pa edi­to­rial con op­ti­mis­mo e ilu­sión. E con no­vos pro­xec­tos xa en car­tei­ra para o fu­tu­ro pró­xi­mo. —¿Por que apos­tou por Do­ña Te­cla Edi­to­rial? —Can­do me pro­pu­xe­ron desen­vol­ver al­gun­ha ini­cia­ti­va con­xun­ta acep­tei por­que me gus­tou o seu tra­ba­llo. De fei­to To­das las vi­das de Ma­da­me Bo­vary é, co­mo li­bro, un ob­xec­to pre­cio­so. Es­tou moi con­ten­to coa edi­ción, que para min é un ver­da­dei­ro lu­xo tal e co­mo que­dou. —Vos­te­de xa ti­ña ex­pe­rien­cia no mer­ca­do en cas­te­lán. —Mais non es­ta­ba con­ten­to coas edi­to­riais. Pu­bli­quei dúas no­ve­las, con dous se­los di­fe­ren­tes, con es­ca­sa for­tu­na, e es­ta­ba bas­tan­te des­gus­ta­do. Ago­ra creo que es­tou nun pro­xec­to con fu­tu­ro e moi in­tere­san­te. —¿Ten máis pro­pos­tas en car­tei­ra? ¿Se­rán tra­du­cións de tí­tu­los en ga­le­go ou obra no­va? —Non es­tou por tra­du­cir se­nón por vol­ver a es­cri­bir, é o que ago­ra mes­mo máis me es­ti­mu­la: re­es­cri­bir os meus li­bros. Gus­ta­ría­me fa­ce­lo con Un úl­ti­mo des­tino e per­fec­cio­nar a mi­ña bio­gra­fía de Bor­ges. Un úl­ti­mo des­tino foi a úl­ti­ma no­ve­la que edi­tei en ga­le­go e que­ro fa­ce­lo, a un ano vis­ta, en cas­te­lán. Le­va­rá por tí­tu­lo El al­ma de las co­sas e es­ta­mos re­es­cri­bín­doa. No ca­so da bio­gra­fía de Bor­ges —edi­tou­se en Es­pa­sa Cal­pe no 2003— é un li­bro es­pe­cial­men­te que­ri­do para min. —Fa­lan­do de au­to­res. A edi­to­rial ven­ce­llao á li­ña na­rra­ti­va de Proust, Faulk­ner e mes­mo Zo­la. —Coa pro­sa de Zo­la non me sin­to iden­ti­fi­ca­do. Gus­to da de Flau­bert, Faulk­ner ou Joy­ce, igual que a de To­rren­te ou Ce­la. —¿Que pre­vi­sións te­ñen de ca­ra ás pre­sen­ta­cións? —O 13 te­mos o ac­to de Ma­drid e es­tán pre­vis­tas, sen da­ta por ago­ra, en Bar­ce­lo­na e A Co­ru­ña. E po­lo me­dio es­ta­re­mos na Feira do Li­bro de Ma­drid.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.