Clá­si­cos do Pen­sa­men­to in­cor­po­ra tres obras de po­lí­ti­ca, edu­ca­ción e fi­lo­so­fía

Son tra­du­cións crí­ti­cas de tra­ba­llos de De­wey, Mon­taig­ne e os fun­da­do­res de EE.UU.

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - MON­TSE GAR­CÍA

As obras Os en­saios de Mi­chel de Mon­taig­ne, De­mo­cra­cia e edu­ca­ción de John De­wey e O fe­de­ra­lis­ta de A. Ha­mil­ton, J. Ma­di­son e J. Jay cons­ti­túen os tres vo­lu­mes que se in­cor­po­ran es­te ano á co­lec­ción Clá­si­cos do Pen­sa­men­to Uni­ver­sal, crea­da en vir­tu­de dun con­ve­nio en­tre a Fun­da­ción BB­VA e a USC (Uni­ver­si­da­de de San­tia­go) e que per­mi­te ler en ga­le­go pe­zas fun­da­men­tais do pen­sa­men­to cien­tí­fi­co, hu­ma­nís­ti­co ou so­cial en tra­du­cións crí­ti­cas.

«Es­te ano pre­sen­ta­mos ao inventor do en­saio, a un au­tor fun­da­men­tal da no­va edu­ca­ción e un li­bro que mos­tra de on­de ven a de­mo­cra­cia nor­te­ame­ri­ca­na», des­ta­cou o director da Real Aca­de­mia Es­pa­ño­la e director da co­lec­ción, Darío Vi­lla­nue­va. Clá­si­cos do Pen­sa­men­to Uni­ver­sal ini­ciou­se no ano 2002 e in­clúe xa 28 tí­tu­los, en­tre os que fi­gu­ran obras de Pla­tón, Aris­tó­te­les, Sé­ne­ca ou New­ton, en­tre ou­tros. «Non po­de­mos en­ten­der o no­so pre­sen­te sen re­co­rrer a es­tes tex­tos fun­da­men­tais», en­ga­diu Vi­lla­nue­va, du­ran­te a pre­sen­ta­ción dos tres vo­lu­mes, que es­ti­vo pre­si­di­da po­lo reitor da USC, Juan Via­ño, e que con­tou ta­mén coa pre­sen­za da di­rec­to­ra de co­mu­ni­ca­ción e re­la­cións ins­ti­tu­cio­nais da Fun­da­ción BB­VA, Sil­via Chu­rru­ca, así co­mo cos pro­lo­guis­tas e tra­du­to­res das no­vas obras.

O fe­de­ra­lis­ta, con pró­lo­go de Roberto Blan­co Val­dés e tra­du-

ción de Ra­món Máiz e Alfonso Ma­to, «é un li­bro fun­da­men­tal e ab­so­lu­ta­men­te ac­tual», en pa­la­bras do seu pro­lo­guis­ta. Nel re­có­llen­se un con­xun­to de ar­ti­gos de xor­nais en­tre 1787 e 1788 es­cri­tos po­los máis re­le­van­tes pais fun­da­do­res dos Es­ta­dos Uni­dos. «Fai tres ache­gas claves: o de­ba­te fe­de­ral, os po­de­res do pre­si­den­te —co­mo li­mi­ta­los— e o de­ba­te so­bre o con­trol da cons­ti­tu­cio­na­li­da­de», ex­pli­cou Roberto Blan­co Val­dés. Ade­mais, en­xal­zou, é un li­bro de sin­xe­la lec­tu­ra. Un dos seus tra­du­to­res, Ra­món Máiz, en­ga­diu que o pro­pó­si­to do seu la­bor era fa­cer un tex­to ac­ce­si­ble

e ac­tua­li­za­do, que in­clúe ca­se ca­tro­cen­tas no­tas.

De­mo­cra­cia e edu­ca­ción, de John De­wey, ou­tro dos no­vos vo­lu­mes, ten co­mo pro­lo­guis­ta a An­tón Cos­ta Ri­co e co­mo tra­du­tor a Ma­nuel F. Viei­tes. Cos­ta Ri­co des­ta­cou que De­wey foi o au­tor dun­ha in­ten­sa e ex­ten­sa obra na que pro­pón a teo­ría xe­ral da edu­ca­ción. «É un dos má­xi­mos au­to­res da es­co­la no­va», lem­brou o pro­lo­guis­ta, que anotou que pro­pón un mo­de­lo edu­ca­ti­vo no que se po­ten­cia ta­mén a crea­ti­vi­da­de do alum­na­do.

Gon­za­lo Na­va­za, po­la súa par­te, pro­lo­gou e tra­du­ciu Os en­saios

(es­col­ma), de Mi­chel de Mon­taig­ne. «O que ten de par­ti­cu­lar es­te tra­ba­llo é que par­te da no­va edi­ción ca­nó­ni­ca dos en­saios, a pri­mei­ra edi­ción pós­tu­ma», si­na­lou.

O reitor da Uni­ver­si­da­de, Juan Via­ño, afir­mou que a co­lec­ción go­za de gran saú­de, co­mo de­mos­tra que xa es­tán de­ci­di­dos os tí­tu­los do pró­xi­mo bie­nio. A re­pre­sen­tan­te do BB­VA, Sil­via Chu­rru­ca, po­la súa ban­da, in­ci­diu en que de­trás da co­lec­ción Clá­si­cos do Pen­sa­men­to Uni­ver­sal ta­mén hai un im­por­tan­te tra­ba­llo de in­ves­ti­ga­ción pa­ra fa­cer as obras com­pre­si­vas e po­ñe­las no seu con­tex­to.

PA­CO RO­DRÍ­GUEZ

Cos tres no­vos vo­lu­mes, que fo­ron pre­sen­ta­dos on­te, a co­lec­ción Clá­si­cos do Pen­sa­men­to Uni­ver­sal —pro­mo­vi­da po­la Fun­da­ción BB­VA e a Uni­ver­si­da­de de San­tia­go— xa con­ta con 28 tí­tu­los.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.