De mor­te ma­ta­da

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - Luís Gon­zá­lez To­sar

En va­rias oca­sións es­coi­tei­lle a Car­los Ca­sa­res co­mo Wi­lliam Bu­rroughs, o con­tro­ver­ti­do es­cri­tor beat nor­te­ame­ri­cano, ma­ta­ra á súa mu­ller dun ti­ro no me­dio e me­dio da tes­ta. «Es­ta­ba bo­rra­cho e dro­ga­do —acla­ra­ba sem­pre Car­los— e deu­lle por imi­tar a Gui­ller­mo Tell. A coita­da con­sen­tí­ra­lle que lle pu­xe­se un­ha ma­zá no co­to da ca­be­za…». Moi­to lem­brei a Ca­sa­res can­do se ce­le­brou, no 2007, o me­diá­ti­co xuí­zo que con­de­nou por asa­si­na­to ó fi­ló­so­fo, fo­tó­gra­fo e ro­man­cis­ta Krys­tian Ba­la. Es­te in­te­lec­tual po­la­co che­gou ó atre­ve­men­to de dar claves do seu cri­me nun­ha no­ve­la, Amok. Non con­ta­ba coa lec­tu­ra aten­ta da mes­ma por un dos in­ves­ti­ga­do­res, un po­li­cía me­re­cen­te dun­ha cá­te­dra de aná­li­se li­te­ra­ria com­pa­ra­ti­va. De quen nun­ca nos ca­drou fa­lar, con Car­los, foi do xa­po­nés Is­sei Sa­ga­wa, o bár­ba­ro an­tro­pó­fa­go ho­mi­ci­da dun­ha ra­pa­za ho­lan­de­sa nos 80 en París, on­de am­bos es­tu­da­ban na Sor­bo­na. Foi­na co­men­do ós pou­cos. Pren­dé­rono, e des­pois de bo­tar uns anos na ca­dea, diag­nos­ti­cá­ron­lle un­ha fal­sa en­fer­mi­da­de mor­tal. Ex­tra­di­tá­rono ó seu país e alí ris­pou da xus­ti­za. Ata os Ro­lling Sto­nes com­pu­xe­ron, da­que­la, Too much blood, ins­pi­ra­da no su­ce­so. Sa­ga­wa, que aca­bou ga­ñan­do so­na con va­rios li­bros nos que con­ta o seu sá­di­co cri­me, nun­ca che­gou a ser con­si­de­ra­do es­cri­tor. Nin se­que­ra no Xa­pón. En to­do ca­so, a Ca­sa­res in­tere­sou­lle sem­pre a xen­te ra­ra, e se eran li­te­ra­tos ou ar­tis­tas, moi­to máis. Por iso, ó ba­ter por ca­sua­li­da­de cun vo­lu­me de 1913, o re­cen­te­men­te re­edi­ta­do Es­pe­jo de los hu­mil­des: His­to­rias de ase­si­nos, tahú­res, dai­fas, bo­rra­chos, neu­ró­ti­cas y poe­tas de Luis An­tón de Ol­met (Bil­bao 1866-Ma­drid 1923), pen­sei de só­ca­to no meu ami­go Ca­sa­res. E aín­da máis, o au­tor re­sul­tou es­tar ven­ce­lla­do a Ga­li­cia. Foi fun­cio­na­rio de Ha­cien­da na Co­ru­ña, on­de co­la­bo­rou en El No­roes­te. En Ma­drid, tra­bou ami­za­de con Ba­si­lio Ál­va­rez e foi o aba­de de Bei­ro quen o in­cor­po­rou á re­vis­ta Ga­li­cia e ó mo­ve­men­to agra­rio Ac­ción Ga­lle­ga. En 1914, Ol­met fai­se da­tis­ta e funda El Par­la­men­ta­rio que ti­ña un­ha fo­lla quin­ce­nal, Ac­ción Ga­lle­ga. Can­di­da­to, en 1918, por Ce­la­no­va, Tri­ves e Ve­rín, o 2 de mar­zo de 1923 mo­rre de mor­te ma­ta­da. Alfonso Vidal y Pla­nas pé­ga­lle un ti­ro no am­bi­gú do Tea­tro Es­la­va de Ma­drid, nun des­can­so do en­saio de El ca­pi­tán sin al­ma, obra es­cri­ta po­la ví­ti­ma e o vi­ti­ma­rio.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.