As no­ti­cias que che­gan de lon­xe

Non é fá­cil ato­par o sen­ti­do in­ter­na­cio­nal das no­ti­cias, xa que ve­ñen de lon­xe e dis­tan­tes nos que­dan, aín­da que, ás ve­ces, nos to­can afec­ti­va­men­te. É ne­ce­sa­rio tra­ba­llar is­to con vis­ta, oí­do, ol­fac­to, gus­to e tac­to, os cin­co sen­ti­dos máis un que nos deix

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - La Voz De La Escuela - > Je­sús Ga­rri­do / jgs@cur­sos­re­pe­du­ca­dor.com

CADRO 1 Co­ñe­cer a en­qui­sa

E apli­car, tal­vez, al­gúns as­pec­tos aos alum­nos de se­cun­da­ria e ba­cha­re­la­to. ¿Que re­sul­ta­dos dan? ¿Pa­ré­cen­se aos ob­ti­dos na apli­ca­ción que se fi­xo con uni­ver­si­ta­rios?

Pa­ra iso é ne­ce­sa­rio se­lec­cio­nar al­gúns te­mas e as súas pre­gun­tas co­rres­pon­den­tes. Non é fá­cil, pe­ro é un­ha boa son­da­xe dos co­ñe­ce­men­tos e ac­ti­tu­des que po­da­mos ter do sen­ti­do in­ter­na­cio­nal .

Des­pois, co­men­tar os re­sul­ta­dos entre to­dos e dis­cu­tir un pou­co en que con­sis­te o bus­car un sen­ti­do in­ter­na­cio­nal ás no­ti­cias, que fa­cer pa­ra fo­men­ta­lo na au­la e relacionarse con al­gún gru­po, co­le­xio ou or­ga­nis­mo mun­dial que nos axu­de nes­te tra­ba­llo.

CADRO 2 Pa­neis na au­la

In­di­ca­mos soa­men­te al­gúns, pe­ro ha­be­rá se­gu­ra­men­te ou­tros que lles cha­me a aten­ción aos alum­nos ou que pa­re­za que son máis fá­ci­les pa­ra tra­ba­llar con eles no au­la. Man­te­los, por exem­plo du­ran­te un tem­po: dous, tres me­ses tal­vez, ou máis, o cur­so en­tei­ro. E si­tio pa­ra ano­tar bre­ve­men­te o te­ma in­ter­na­cio­nal que ca­da se­ma­na vai saín­do.

Ali­men­ta­ción / Cli­ma / Co­mu­ni­ca­ción/ Cul­tu­ra / De­rei­tos hu­ma­nos / Eco­no­mía / Edu­ca­ción / Emi­gra­ción / Ener­xía / Epi­de­mias / Fa­mi­lia / Fau­na / Flo­ra / Fron­tei­ras / Gue­rras / In­for­ma­ción / Lin­gua­xes / Me­dias de co­mu­ni­ca­ción / Ne­nos / Ener­xía nu­clear / Po­boa­ción / Po­lí­ti­ca / Re­fu­xia­dos / Re­li­xión / Se­gu­ri­da­de / Te­rre­mo­tos / Te­rro­ris­mo / Trans­por­tes…

Se­gu­ro que fal­tan al­gúns te­mas, im­por­tan­tes ou que ofre­cen atrac­ti­vo pa­ra in­ves­ti­ga­los. Bus­qué­mo­los.

CADRO 3 Bus­car no­ti­cias no xor­nal

É o mo­men­to de ir ao xor­nal. E po­de­mos fa­cer a in­ves­ti­ga­ción de dous xei­tos: ter­mos do cadro 2, que xa fi­gu­ran na lis­ta an­te­rior, e pro­cu­ra aber­ta, on­de apa­re­cen ter­mos no­vos que te­ñen re­per­cu­sión in­ter­na­cio­nal e hai que en­ga­dir des­pois á lis­ta ini­cial.

Ar­qui­vo da pro­cu­ra. Ato­pa­re­mos non só no­vos ele­men­tos, se­nón que ta­mén lles da­re­mos es­pe­cial re­le­vo aos que xa ti­ña­mos, fa­cen­do un re­su­mo da no­ti­cia, ci­tan­do a súa re­fe­ren­cia no ar­qui­vo web dos xor­nais, co­men­tán­doo na au­la, et­cé­te­ra.

CADRO 4 Ci­da­da­nía

Ás ve­ces te­mos ben pre­to co­mo ac­tuar e desen­vol­ver es­te sen­ti­do in­ter­na­cio­nal, prac­ti­can­do en di­rec­to co que ve­mos na rúa de en fron­te ou na pro­pia. O sen­ti­do de ci­da­da­nía ofré­ce­nos un te­rri­to­rio pa­ra com­pro­bar se is­to vai en se­rio.

¿Gus­ta­ría­che ter a man un po­wer point on­de se fa­la das 12 por­tas da ci­da­da­nía? Pois alí se fa­la de igual­da­de, xus­ti­za, li­ber­da­de, me­dio am­bien­te, par­ti­ci­pa­ción, paz, per­soa, plu­ra­lis­mo, so­li­da­rie­da­de, to­le­ran­cia, tra­ba­llo, vi­da.

E to­do iso ofre­cen­do ta­mén nun es­que­ma de xo­go so­bre ta­bo­lei­ro. ¿Non é cer­to que nos xo­ga­mos moi­to en to­do is­to? Pois so­bre o Ci­vi­tá­fo­ro po­des co­me­zar o teu ades­tra­men­to ou re­for­za­lo.

É gra­tis. Con­sul­ta co teu pro­fe­sor e di­nos a que di­rec­ción cho po­de­mos en­viar. Es­cri­be di­rec­ta­men­te a: chu­re­pe@te­le­fo­ni­ca.net

CADRO 5 Glo­bal Edu­ca­tion / Edu­to­pia

Aquí tes a di­rec­ción na que po­de­rás con­sul­tar oi­to ví­deos pro­du­ci­dos po­la em­pre­sa de co­mu­ni­ca­ción Edu­to­pia: Five-Mi­nu­te Film Fes­ti­val:

1. Pla­ne­tary Co­llec­ti­ve Pre­sents CONTINUUM: ani­mais cli­ma, re­li­xión, fi­ló­so­fos, trans­por­tes, idio­mas, au­ga, lu­me.

2. World pea­ce and ot­her 4th-Gra­de Achie­ve­ments. 3. Ubun­tu. Glo­bal One­ness Pro­ject. 4. Map Your World 7 Wa­ter Map. 5. The Glo­bal Class­room. Li­ve from South Afri­ca. 6. Mis­tery Sky­pe: Co­nec­ting Class­rooms Around the World. 7. What is Glo­bal Read Aloud? Ou­tras co­ne­xións con li­bros. 8. Dan­cing Around the World, 500.000 readers. Un li­bro pa­ra co­nec­tar cos de­mais: es­fe­ras fa­lan­do con ma­pas do mun­do.

In­for­ma­ción com­ple­men­ta­ria: (goo.gl/7WfEOD)

Ima­xes dal­gúns dos ví­deos do Five-Mi­nu­te Film Fes­ti­val: De­ve­lo­ping Glo­bal Ci­ti­zens, re­la­cio­na­dos no cadro 5, que fo­men­tan a for­ma­ción de es­tu­dan­tes-ci­da­dáns glo­bais, co­mu­ni­ca­dos entre si e preo­cu­pa­dos po­lo seu pla­ne­ta

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.