Fran­co Gran­de pon os seus ver­sos na bo­ca das mu­lle­res

O es­cri­tor to­mi­ñés pre­sen­tou on­te en Vi­go un novo poe­ma­rio, ti­tu­la­do «Li­bro das aban­do­na­das»

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - JOR­GE LAMAS VI­GO / LA VOZ

«Creo que den­de a épo­ca me­die­val non se vol­veu a po­ñer a voz da mu­ller na súa bo­ca na poe­sía; é ela a que fa­la, es­tá es­cri­ta por un ho­me pe­ro os seus poe­mas es­tán postos na bo­ca das mu­lle­res», ex­pli­ca Xo­sé Luís Fran­co Gran­de pa­ra re­fe­rir­se ao seu novo poe­ma­rio Li­bro das aban­do­na­das (Teó­fi­lo Edi­cións), un tra­ba­llo no que as mu­lle­res son as úni­cas pro­ta­go­nis­tas.

Xus­to un ano des­pois da pu­bli­ca­ción do seu an­te­rior li­bro de poe­sía, Xo­gue­tes do tem­po, o au­tor to­mi­ñés de­dí­ca­lle a súa no- va ache­ga a tres ti­pos de mu­lle­res aban­do­na­das. «Un­ha é moi tí­pi­ca de Ga­li­cia; son as que Ro­sa­lía cha­mou viú­vas de vi­vos. Eran aque­las mu­lle­res que que­dan á fron­te da fa­mi­lia can­do o seu ho­me emi­gra; é un dra­ma moi co­ñe­ci­do en Ga­li­cia», co­me­zou si­na­lan­do. «Ou­tras son as mu­lle­res aban­do­na­das po­lo seu aman­te, un te­ma que foi moi tra­ta­do por poe­tas co­mo Ril­ke ou en ca­sos tí­pi­cos co­mo o da mon­xa por­tu­gue­sa Mariana Al­co­fa­ra­do», en­ga­diu. «As ou­tras aban­do­na­das que tra­to no li­bro son as que na­cen en or­fan­da­de, aque­las ne­nas das que se des­co­ñe­ce a súa ori­xe», con­cluíu. A ca­da un des­tas ti­po­lo­xías es­tá de­di­ca­da nun­ha par­te do li­bro.

Xo­sé Luís Fran­co Gran­de, que con­tou on­te en Vi­go na pre­sen­ta­ción do seu li­bro coa pre­sen­za de Xe­sús Alonso Montero, pre­si­den­te da Real Aca­de­mia Ga­le­ga, ex­pli­cou que pa­ra o desen­vol­ve­men­to des­te tra­ba­llo ti­vo mo­ti­va­cións reais pe­ro ta­mén li­te­ra­rias.

«Es­ta cues­tión im­pre­sio­nou­me moi­to den­de neno por­que ti­ven pro­ble­mas deses na fa­mi­lia; ade­mais por­que, aín­da que fo­ron te­mas xa tra­ta­dos po­la li­te­ra­tu­ra, non se lles deu to­da a am­pli­tu­de que eu lle dou ao de­di­car­lle to­do un li­bro», ex­pli­cou o au­tor.

Un tra­ba­llo rá­pi­do

Xo­sé Luís Fran­co Gran­de si­na­lou que es­te li­bro ti­vo un pro­ce­so de crea­ción moi di­fe­ren­te aos seus an­te­rio­res. «Es­cri­bino nun­has se­ma­nas,

cou­sa es­tra­ña en min por­que eu de­pu­ro moi­to as cou­sas e son len­to can­do es­cri­bo poe­sía. É por iso que na mi­ña tra­xec­to­ria na­da máis te­ña pu­bli­ca­do ca­tro li­bros de poe­sía, así que se po­de di­cir que saíu así», ex­pli­ca.

Res­pec­to ao es­ti­lo li­te­ra­rio, o es­cri­tor des­bo­ta cal­que­ra in­tere­se no la­do for­mal da es­cri­ta pa­ra cen­trar­se uni­ca­men­te no con­ti­do. «Si, ne­se as­pec­to non hai va­rian­tes res­pec­to a ou­tros li­bros por­que o la­do for­mal non me in-

te­re­sa moi­to», ma­ni­fes­tou o es­cri­tor mi­ño­rano.

O li­bro foi pu­bli­ca­do po­lo se­lo Teó­fi­lo Edi­cións, un­ha edi­to­rial coa que Xo­sé Luís Fran­co Gran­de que­dou moi sa­tis­fei­to «por­que máis que un li­bro pa­re­ce un­ha xoia, es­tá moi ben edi­ta­do: ade­mais o pre­zo é ra­zoa­ble por­que cus­ta vin­te eu­ros, o que cus­ta cal­que­ra li­bro pe­ro es­te é un­ha xoia». O ac­to de pre­sen­ta­ción con­tou coa asis­ten­cia de nu­me­ro­sas per­soas.

Ó. VÁZ­QUEZ

O au­tor, co pre­si­den­te da Aca­de­mia, Xe­sús Alonso Montero, e o edi­tor Jo­sé Luis Teó­fi­lo, on­te en Vi­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.