O ma­nus­cri­to iné­di­to de «De ca­tro a ca­tro» pu­blí­ca­se en edi­ción fac­sí­mi­le

A edi­ción, que co­rreu a car­go do pro­fe­sor An­xo Ta­rrío, res­pec­ta o ca­derno ori­xi­nal

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - TAMARA MON­TE­RO

Pa­sa­ron 89 anos den­de que Manuel An­to­nio lle en­tre­gou a Án­xel Ca­sal un fei­xe de fo­llas sen da­ta dun dia­rio de a bor­do. Ían xun­tas, es­cri­tas con le­tra pul­cra nun ca­derno de con­ta­bi­li­da­de. Un ca­derno de con­ta­bi­li­da­de que a nai do poe­ta gar­dou. Que en­tre­gou a Do­min­go García-Sa­bell. Que lo­go cus­to­diou a súa fi­lla Te­re­sa, que o pu­xo a dis­po­si­ción de An­xo Ta­rrío. E que ago­ra é pro­pie­da­de de to­dos. Dos que quei­ran pa­sar amo­do as fo­llas do ma­nus­cri­to que abriu a li­te­ra­tu­ra ga­le­ga á van­gar­da eu­ro­pea. Que quei­ran pa­sar o de­do so­bre as fra­ses ris­ca­das po­lo poe­ta. E re­ler, do pu­ño de Manuel An­to­nio, que fo­mos que­dan­do sós, o mar o bar­co e mais nós.

O se­lo Al­va­re­llos, xun­to co Con­sor­cio de San­tia­go, vén de pu­bli­car a edi­ción fac­sí­mi­le dese ca­derno de con­ta­bi­li­da­de que gar­da­ba un­ha pre­sa­da dos me­llo­res ver­sos que deu a li­te­ra­tu­ra des­te país. Bo­ga­ron no mes­mo pai­le­bo­te dous ve­llos co­ñe­ci­dos. An­xo Ta­rrío, ca­te­drá­ti­co da Uni­ver­si­da­de de San­tia­go, e Hen­ri­que Al­va­re­llos, que alá po­lo ano 1990 sen­tou nas au­las do pri­mei­ro pa­ra to­mar apun­tes so­bre o mes­mo De ca­tro a ca­tro que ho­xe edi­ta. On­te res­ca­tou de­sas no­tas de Li­te­ra­tu­ra Ga­le­ga II cin­co ideas coas que o pro­fe­sor Ta­rrío abría os ollos de ra­pa­ces de 19 anos na pra­za de Ma­za­re­los: Con­vén com­pren­der as

van­gar­das eu­ro­peas pa­ra abar­car a obra de Manuel An­to­nio; a pa­la­bra non se no­mea, su­xi­re; Manuel An­to­nio é, con Álvaro Cun­quei­ro, o ver­da­dei­ro in­tro­du­tor en Ga­li­cia da van­gar­da de to­da Eu­ro­pa; en De ca­tro a ca­tro o mar se­me­lla un cár­ce­re on­de o poe­ta vi­ve un­ha ín­ti­ma clau­su­ra con­tem­pla­ti­va; Manuel An­to­nio ac­túa co­mo un gra­má­ti­co do uni­ver­so, pois des­co­di­fi­ca os ac­tos dia­rios da na­tu­re­za. E a úl­ti­ma: o poe­ta des­prén­de­se do pe­so dos re­lo­xos, fai do tem­po lin­gua­xe, ima­xe. Per­di­do no eu, a voz poé­ti­ca vai ca­ra ao mar na bus­ca da pro­pia iden­ti­da­de. É a cul­mi­na­ción

do ex­tra­vío exis­ten­cial.

Foi Ta­rrío quen in­sis­tiu en edi­tar o ma­nus­cri­to en edi­ción fac­sí­mi­le. Pa­ra iso con­tou coa axu­da do Ser­vi­zo de Pu­bli­ca­cións da Uni­ver­si­da­de de San­tia­go que di­ri­xe, cou­sas do des­tino, ou­tro an­ti­go alumno de Ta­rrío: Juan Blan­co Val­dés, que sa­bía tra­tar coa de­li­ca­de­za ne­ce­sa­ria ese ca­derno de ta­pas azuis e lom­bo bei­xe que os García-Sa­bell gar­da­ran tan­to tem­po e tan ben. En­car­gou­se de es­ca­near ca­da pá­xi­na da li­bre­ti­ña de Manuel An­to­nio. Igual que fi­xe­ra an­tes co ma­nus­cri­to ori­xi­nal d’Os Ei­dos, do poe­ta do Cou­rel, Uxío No­vo­ney­ra. Saía do pre­lo

hai un par de me­ses a edi­ción dun acha­do do­cu­men­tal [o ca­derno de An­to­nio] cua­li­fi­ca­do de al­faia po­la crí­ti­ca. Un tex­to que na­que­la pri­mei­ra edi­ción dun­ha ca­sa Nós aín­da asen­ta­da na Coruña, pe­ro a pi­ques de via­xar ata o nú­me­ro 15 da san­tia­gue­sa rúa do Vi­lar, foi ilus­tra­do por ou­tro gran­de no­me da cul­tu­ra ga­le­ga, co que se ven­ce­llou o poe­ta rian­xei­ro nas rúas de Com­pos­te­la: Car­los Ma­si­de. En marzo de 1928 se des­cul­pa­ba o pin­tor por ter tar­da­do tan­to en en­viar­lle os de­bu­xos. «Ago­ra non fal­ta­ba máis se­nón —di­cía— que che­ga­ran de­ma­sia­do tar­de ou que non che gus­ta­ran».

XOÁN A. SO­LER

A edi­ción fac­si­mi­lar pre­sen­to­use on­te na sé da Fun­da­ción To­rren­te Ba­lles­ter, en San­tia­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.