A Real Aca­de­mia avan­za na pro­cu­ra do con­sen­so pa­ra a no­va pre­si­den­cia

A di­rec­ti­va tra­ba­lla na cons­ti­tu­ción dun­ha can­di­da­tu­ra que re­co­lla dis­tin­tas sen­si­bi­li­da­des no seo da en­ti­da­de

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura -

Apos­ta por «un­ha úni­ca can­di­da­tu­ra que re­co­lla as dis­tin­tas sen­si­bi­li­da­des que hai den­tro do ple­na­rio» Hen­ri­que Mon­tea­gu­do Se­cre­ta­rio da RAG «O que cóm­pre, ao meu xuí­zo, é abrir un pro­ce­so de diá­lo­go fran­co que desem­bo­que nun­ha can­di­da­tu­ra úni­ca» Ma­nuel Gon­zá­lez Aca­dé­mi­co

To­ca­ba fa­lar de Emi­lia Par­do Ba­zán, da tra­du­ción ao xa­po­nés de Los pa­zos de Ulloa e do no­vo nú­me­ro da re­vis­ta La Tri­bu­na.A pre­sen­ta­ción ti­ña lu­gar o pa­sa­do mar­tes na Real Aca­de­mia Ga­le­ga pe­ro no ac­to co­lá­ron­se as pró­xi­mas elec­cións na ins­ti­tu­ción, ás que, sen ci­ta­las di­rec­ta­men­te, alu­diu ata en tres oca­sións Xesús Alon­so Mon­te­ro, o pre­si­den­te da RAG. A pri­mei­ra foi no mo­men­to de agra­de­cer a asis­ten­cia ao ac­to, sa­lien­tan­do que coa súa pre­sen­za os que alí es­ta­ban sa­bían va­lo­rar o pa­pel da Aca­de­mia, «que xa era im­por­tan­te hai máis de ca­tro anos e vai se­guir sen­do aín­da máis im­por­tan­te a par­tir do 20 de abril, can­do eu dei­xe de ser pre­si­den­te».

Pou­co des­pois, Alon­so Mon­te­ro apun­tou que o fei­to de dei­xar a pre­si­den­cia per­mi­ti­ría­lle ter máis tem­po li­bre «pa­ra po­der ler» tex­tos co­mo os da re­vis­ta La Tri­bu­na e con­fe­sa­ba que ago­ra dis­po­ñía de pou­co tem­po pa­ra a lec­tu­ra. E fi­nal­men­te apun­tou o pre­si­den­te da RAG a ne­ce­si­da­de de que des­de a Aca­de­mia se si­ga de­fen­den­do a fi­gu­ra de Par­do Ba­zán, al­go no que el co­la­bo­ra­rá xa que «es­ta­rei co­mo aca­dé­mi­co de nú­me­ro que son a dis­po­si­ción do que se­xa pre­ci­so».

De tó­do­los xei­tos, agás es­tas alu­sións, os in­te­gran­tes da actual co­mi­sión exe­cu­ti­va da ins­ti­tu­ción anun­cia­ron que non se van pro­nun­ciar so­bre o pro­ce­so de re­no­va­ción da mes­ma. «O meu pa­pel, o pa­pel de cal­que­ra mem­bro da co­mi­sión exe­cu­ti­va, é man­ter un si­len­cio es­tri­to. Nes­te mo­men­to, os que go­ber­na­mos a Aca­de­mia so­mos nós, men­tres non se ce­le­bre ese ple­na­rio», ar­gu­men­ta­ba Alon­so Mon­te­ro, en de­cla­ra­cións nas

que es­ta­ba acom­pa­ña­do po­lo se­cre­ta­rio, Hen­ri­que Mon­tea­gu­do.

Des­pois das de­cla­ra­cións de Xo­sé Luís Axei­tos a Ra­dio Ga­le­ga cri­ti­can­do o fun­cio­na­men­to da en­ti­da­de, va­rios aca­dé­mi­cos de­fen­de­ron, tan­to en pú­bli­co co­mo en pri­va­do, a ne­ce­si­da­de dun maior diá­lo­go den­tro da ins­ti­tu­ción de ca­ra a un­has elec­cións que es­tán pen­den­tes de que se reúna o ple­na­rio da Aca­de­mia pa­ra con­vo­ca­las.

Diá­lo­go e sen­si­bi­li­da­des

Un dos aca­dé­mi­cos que de­fen­de a ne­ce­si­da­de de diá­lo­go é Víc­tor Frei­xa­nes, que ta­mén po­de­ría ser can­di­da­to a subs­ti­tuír a Alon­so Mon­te­ro na pre­si­den­cia da cen­te­na­ria ins­ti­tu­ción. O ex di­rec­tor de Ga­la­xia resume a actual si­tua­ción da Aca­de­mia con un­ha afir­ma­ción: «Te­mos que fa­lar en­tre nós».

Po­la súa ban­da, Hen­ri­que Mon­tea­gu­do,

apos­tou por cons­ti­tuír «un­ha úni­ca can­di­da­tu­ra que re­co­lla as dis­tin­tas sen­si­bi­li­da­des que hai den­tro do ple­na­rio», pe­ro pe­diu es­pe­rar a que se ce­le­bre o ple­na­rio pa­ra ba­ra­llar no­mes e po­si­bles as­pi­ran­tes. En de­cla­ra­cións fei­tas en Ni­grán a Eu­ro­pa Press, Mon­tea­gu­do re­co­ñe­cía que a di­rec­ti­va actual «es­tá a tra­ba­llar» pa­ra cons­ti­tuír un­ha can­di­da­tu­ra de con­sen­so, e ase­gu­ra­ba que os po­si­bles can­di­da­tos men­cio­na­dos ata en­tón res­pon­dían a un­ha «pu­ra elu­cu­bra­ción sen fun­da­men­to».

Ou­tro dos aca­dé­mi­cos que des­de o pri­mei­ro mo­men­to avo­gou po­lo diá­lo­go é Ma­nuel Gon­zá­lez, que nas úl­ti­mas elec­cións fo­ra un dos dous can­di­da­tos á pre­si­den­cia. Nes­ta oca­sión di­cía: «Da­da a si­tua­ción da Real Aca­de­mia Ga­le­ga pen­so per­soal­men­te que o me­nos im­por­tan­te é o no­me da per­soa ou das per­soas que poi­dan

as­pi­rar á pre­si­den­cia da ins­ti­tu­ción. O que cóm­pre, ao meu xuí­zo, é abrir un pro­ce­so de diá­lo­go fran­co en­tre to­dos os mem­bros do ple­na­rio que desem­bo­que, de ser po­si­ble, nun­ha can­di­da­tu­ra úni­ca, que evi­te con­fron­ta­cións es­té­ri­les, que es­ti­ñe as fe­ri­das aín­da aber­tas e, so­bre to­do, que xe­re un­ha ilu­sión com­par­ti­da ao re­dor das fun­cións que ten en­co­men­da­das a RAG».

Am­bien­te de cor­dia­li­da­de

Pa­ra Gon­zá­lez, «se lo­gra­mos avan­zar nes­te sen­ti­do e se lo­gra­mos re­to­mar o am­bien­te de cor­dia­li­da­de, de con­fian­za e de unión que, por ri­ba das le­xí­ti­mas dis­cre­pan­cias, reinou du­ran­te moi­tos anos na no­sa ins­ti­tu­ción, eu da­rei­me por ple­na­men­te sa­tis­fei­to».

E re­ma­ta­ba di­cin­do o aca­dé­mi­co: «Só des­pois de con­cluí­do es­te pro­ce­so de diá­lo­go ne­ce­sa­rio va­lo­ra­rei a con­ve­nien­cia de pre­sen­tar a mi­ña can­di­da­tu­ra ou non. Pe­ro, en to­do ca­so, a mi­ña per­soa non vai ser nun­ca un obs­tácu­lo pa­ra re­cu­pe­rar a uni­da­de de ac­ción, por­que es­tou con­ven­ci­do de que, se ben as per­soas son im­por­tan­tes, as ideas, os pro­xec­tos e a ca­pa­ci­da­de de le­va­los á prác­ti­ca son o que real­men­te trans­cen­de».

C. QUIAN

Os pró­xi­mos ple­na­rios da RAG, na ima­xe un­ha das reunións, se­rán im­por­tan­tes pa­ra a en­ti­da­de.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.