O vo­to de Ko­vals­ki

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - Carlos G. Rei­go­sa

Tras a vi­to­ria de Do­nald Trump nas elec­cións es­ta­dou­ni­den­ses, vol­vín ver o filme Gran To­rino de Clint East­wood. Que­ría sa­ber se o ve­llo pro­ta­go­nis­ta Walt Ko­vals­ki, de ori­xe po­la­ca, po­día ser ho­xe un vo­tan­te de Trump… des­pois de ter tra­ba­lla­do me­dia vida na em­pre­sa Ford, en De­troit, un­ha ci­da­de lo­go es­na­qui­za­da po­la cri­se, tras a vi­to­rio­sa com­pe­ten­cia dos co­ches xa­po­ne­ses e eu­ro­peos, máis pe­que­nos e ba­ra­tos.

A mi­ña con­clu­sión foi moi ele­men­tal. Un ti­po co­mo Ko­vals­ki, que loi­ta­ra na gue­rra de Co­rea e que cría nos valores dig­ni­fi­can­tes do tra­ba­llo hon­ra­do nun país li­bre, non po­día en­ten­der a de­ca­den­cia das em­pre­sas e dos valores cí­vi­cos do mun­do en que vi­vía. Por iso es­te ho­me, de 75 anos, cun fi­llo que tra­ba­lla­ba pa­ra un­ha au­to­mo­bi­lís­ti­ca xa­po­ne­sa, non po­día asu­mir un cam­bio que era, á vez, xe­ra­cio­nal e so­cial, nun ba­rrio ha­bi­ta­do por in­mi­gran­tes da et­nia hmong, que apoia­ran a EE.UU. na gue­rra de Viet­nam. Pa­re­cía ra­zoa­ble que es­te ho­me vo­ta­se a un po­lí­ti­co con­tra­rio aos emi­gran­tes que non pa­ra­ban de che­gar a Es­ta­dos Uni­dos.

Mais, se se mi­ra ben a pe­lí­cu­la, sen bo­tar­lle en­ri­ba li­xo ideo­ló­xi­co, re­sul­ta que é to­do o con­tra­rio. Ata o pun­to de que, sen­do ca­se se­gu­ro que Clint East­wood vo­ta­ra a Trump, pa­ra­do­xal­men­te é tan se­gu­ro que o seu per­so­na­xe non o fa­ría nun­ca. Por­que o máis gran­de de Ko­vals­ki son os seus prin­ci­pios co­mo per­soa, que o le­van a pro­ta­go­ni­zar un­ha ac­ción fi­nal sui­ci­da­men­te xe­ne­ro­sa pa­ra sal­var a un ra­paz hmong aco­sa­do por un­ha ban­da de de­lin­cuen­tes da súa pro­pia et­nia. Pa­re­ce im­pen­sa­ble que un ve­llo co­ma el pui­de­se ser á vez o pro­ta­go­nis­ta de­sa xes­ta he­roi­ca e un vo­tan­te de Trump. Se al­go es­ti­vo cla­ro nas pa­sa­das elec­cións ame­ri­ca­nas é que o actual pre­si­den­te non con­vo­cou a ho­mes des­ta es­tir­pe pa­ra que o vo­ta­sen. Os ho­mes co­ma Ko­vals­ki ás ve­ces nin vo­tan, pe­ro, can­do o fan, bus­can a un ti­po hon­ra­do que non amea­ce a nin­guén. Por iso ago­ra aín­da me gus­ta máis o pro­ta­go­nis­ta de Gran To­rino, quen, ven­do có­mo se de­te­rio­ra o seu en­torno, non se su­ma ao ban­do dos abu­sóns re­tró­gra­dos se­nón que per­ma­ne­ce sem­pre no dos ho­mes li­bres, va­len­tes e xe­ne­ro­sos. ¿Que po­de ter que ver es­te ho­me con Trump? Na­da, creo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.