As elec­cións po­de­rían ser o vin­dei­ro 22 de abril

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura -

Des­de a con­vo­ca­to­ria das elec­cións, pre­vis­ta pa­ra me­dia­dos de es­te mes de mar­zo, a Real Aca­de­mia Ga­le­ga ten un pra­zo que vai de un a tres me­ses pa­ra ce­le­brar os co­mi­cios. Pe­ro, tal e co­mo re­co­ñe­ce­ron des­de a actual co­mi­sión exe­cu­ti­va, o tem­po se­rá o me­nor po­si­ble, xa que te­ñen o pro­ble­ma da ce­le­bra­ción do Día das Le­tras Ga­le­gas o 17 de maio e o ac­to cen­tral da xor­na­da ten que or­ga­ni­za­lo a Aca­de­mia. Ade­mais, os ac­tuais xes­to­res da ins­ti­tu­ción sa­ben ben do que es­tán fa­lan­do, xa que eles fo­ron eli­xi­dos o día 20 de abril do 2013 e ta­mén ti­ve­ron ape­nas tres se­ma­nas pa­ra pre­pa­rar os ac­tos do Día das Le­tras Ga­le­gas.

Hen­ri­que Mon­tea­gu­do apun­ta­ba que o ple­na­rio pa­ra con­vo­car as elec­cións te­ría lu­gar «a me­dia­dos de mar­zo».

Con to­do is­to, to­do apun­ta a que o ca­len­da­rio máis pro­ba­ble se­ría a ce­le­bra­ción do ple­na­rio no que se con­vo­quen as elec­cións o pró­xi­mo día 18 de mar­zo e a ce­le­bra­cións das elec­cións un mes des­pois, o día 22 de abril, que ta­mén é sá­ba­do. Con is­to, a no­va co­mi­sión exe­cu­ti­va te­ría ta­mén pou­co máis de tres se­ma­nas pa­ra pre­pa­rar os ac­tos de­di­ca­dos a Carlos Casares.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.