«A Ga­li­ña Azul» de Casares che­ga­rá a 21 lo­ca­li­da­des

O pro­gra­ma Fa­laRe­des ho­me­na­xea ao pro­ta­go­nis­ta das Le­tras

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - TA­MA­RA MON­TE­RO

As ga­li­ñas que din co­co­ro­có e non ca­cara­cá non son ga­li­ñas co­mo é de­bi­do. Pe­ro Ma­no­li­to Lis­tón, em­pe­ña­do en des­fa­cer­se da ga­li­ña azul por­que era un­ha ga­li­ña que non ti­ña xei­to, non sa­bía do xei­to que lle da­ría á li­te­ra­tu­ra ga­le­ga es­te li­bro de re­la­tos. Tan­to, que a adap­ta­ción tea­tral da obra in­fan­til de Carlos Casares per­co­rre­rá ata fi­nais de abril 21 lo­ca­li­da­des ga­le­gas na sex­ta edi­ción do pro­gra­ma de di­na­mi­za­ción lin­güís­ti­ca da Xun­ta.

Fa­laRe­des, da man de Ga­la­xia, de­ci­diu su­mar­se ao tri­bu­to á fi­gu­ra de Carlos Casares, que foi es­co­lli­do po­la Real Aca­de­mia Ga­le­ga pa­ra o Día das Le­tras Ga­le­gas, es­co­llen­do un dos seus tex­tos pa­ra as ac­ti­vi­da­des de pro­mo­ción da lin­gua ga­le­ga en­tre os máis no­vos. A obra, que xa vi­si­tou Val­ga, Vilagarcía, Ri­bei­ra, Fe­rrol e Me­li­de a pa­sa­da fin de se­ma­na, es­tá di­ri­xi­da a pe­que- nos de en­tre seis e dez anos. A se­guin­te ci­ta pro­gra­ma­da é ho­xe mes­mo na ca­sa da cul­tu­ra Poe­ta Ma­nuel María de Foz. Ma­ñá es­ta­rá en Mon­do­ñe­do.

A com­pa­ñía res­pon­sa­ble da adap­ta­ción, Ubú Tea­tro, em­pre­ga téc­ni­cas co­mo a na­rra­ción oral, os mo­ni­cre­ques e o clown pa­ra re­la­tar­lles aos ca­ti­vos que asis­tan aos es­pec­tácu­lo os valores que trans­mi­ten as cin­co his­to­rias en­tre­la­za­das das que se com­pón A Ga­li­ña Azul: a defensa da di­ver­si­da­de lin­güís­ti­ca, a im­por­tan­cia das di­fe­ren­zas e a li­ber­da­de de ex­pre­sión.

O pro­gra­ma com­ple­to po­de con­sul­tar­se na web de Po­lí­ti­ca Lin­güís­ti­ca. Co­mo vén acon­te­cen­do en an­te­rio­res edi­cións do pro­gra­ma de di­na­mi­za­ción lin­güís­ti­ca, a en­tra­da é li­bre e de bal­de ata com­ple­tar o afo­ro. niego to­do,

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.