«Os es­tu­dos so­bre o hu­mor en Es­pa­ña son mí­ni­mos»

Siro Ló­pez vén de pre­sen­tar a pri­mei­ra in­ves­ti­ga­ción so­bre a in­ven­ción do hu­mo­ris­mo po­lo au­tor do «Qui­xo­te»

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - TAMARA MONTERO

Cer­van­tes e o Qui­xo­te. A in­ven­ción do hu­mo­ris­mo é a pri­mei­ra in­ves­ti­ga­ción en pro­fun­di­da­de so­bre a crea­ción dun no­vo xé­ne­ro, o hu­mo­ris­mo. O nú­me­ro 36 dos Ca­der­nos Ra­món Pi­ñei­ro le­va a si­na­tu­ra dun hu­mo­ris­ta de lon­ga tra­xec­to­ria, Siro Ló­pez (Fe­rrol, 1943), que con­ti­núa des­te xei­to a in­ves­ti­ga­ción ini­cia­da por Ce­les­tino Fer­nán­dez de la Ve­ga coa pu­bli­ca­ción en 1963 de O se­gre­do do hu­mor. —¿Por que o «Qui­xo­te» re­pre­sen­ta o hu­mo­ris­mo? —É un per­so­na­xe ri­dícu­lo, un to­lo que fai to­le­rías. E os to­los, aín­da que nos ins­pi­ren pie­da­de, po­la súas to­le­rías son per­so­na­xes có­mi­cos. Se hai un per­so­na­xe có­mi­co é don Qui­xo­te. Pe­ro no mo­men­to no que dei­xa de fa­lar de ca­ba­lei­rías, can­do se pon a fa­lar dou­tras cou­sas, é un per­so­na­xe com­ple­ta­men­te si­sa­do, é un­ha per­soa boí­si­ma, cul­ta, pro­gre­sis­ta. É un per­so­na­xe tan ex­cep­cio­nal que nos crea ma­la con­cien­cia da ri­sa can­do fai to­le­rías. Che­ga­mos a so­li­da­ri­zar­nos, a iden­ti­fi­car­nos con don Qui­xo­te, to­dos so­mos un pou­qui­ño don Qui­xo­te. —¿Iso é o hu­mo­ris­mo? —Ese é o hu­mo­ris­mo. É que o lec­tor che­gue a iden­ti­fi­car­se con es­te per­so­na­xe que é có­mi­co nun de­ter­mi­na­do mo­men­to pe­ro é su­bli­me nou­tro. Non po­de­mos dei­xar de rir por­que é un to­lo, pe­ro Siro di que Cer­van­tes usa a re­tran­ca va­rias ve­ces.

non po­de­mos dei­xar de ad­mi­ra­lo por­que can­do non fai to­le­rías é a per­soa máis ca­bal, máis in­te­li­xen­te, máis boa, máis no­bre e máis xe­ne­ro­sa que co­ñe­ce­mos. Ese é o pri­mei­ro per­so­na­xe hu­mo­ris­ta da li­te­ra­tu­ra universal, an­tes non ha­bía nin­gún. Des­pois ser­ve de mo­de­lo pa­ra moi­tos máis: Char­lot é un qui­xo­te, un ser des­va­li­do, inocen­te, un don qui­xo­te mo­derno. E moi­tí­si­mos máis per­so­na­xes da li­te­ra­tu­ra, do ci­ne, do tea­tro, se­gui­ron des­pois o mo­de­lo de don Qui­xo­te. —E os pri­mei­ros en de­ca­tar­se

fo­ron os ro­mán­ti­cos. —No sécu­lo XIX os ro­mán­ti­cos in­gle­ses e ale­máns des­co­bren en Cer­van­tes ao crea­dor dun no­vo xé­ne­ro. En­tón en Es­pa­ña em­pe­za a va­lo­rar­se o Qui­xo­te dou­tra ma­nei­ra. Pe­ro te­mos o pro­ble­ma de que per­de­mos as co­lo­nias e su­fri­mos un­ha afren­ta de par­te dos Es­ta­dos Uni­dos na gue­rra de 1898. En Es­pa­ña os in­te­lec­tuais em­pe­zan a bus­car ma­nei­ras de le­van­tar a mo­ral dos es­pa­ñois, e don Qui­xo­te pa­sa a ser un ideal, o ideal do es­pa­ñol, que se en­fron­ta aos muí­ños de ven­to. E vai pa­san­do por di­fe­ren­tes eta­pas a fi­gu­ra de don Qui­xo­te. Hai moi­ta com­pren­sión, moi­ta sim­pa­tía pa­ra don Qui­xo­te, e nin­gun­ha pa­ra Cer­van­tes, por­que tam­pou­co en­ten­den o que fi­xo Cer­van­tes. Una­muno che­gou a di­cir aquel dis­pa­ra­te de que «Cer­van­tes no en­ten­dió a don Qui­jo­te», un­ha fra­se tre­men­da. Ta­mén hai que di­cir que pa­sa­dos trin­ta anos Una­muno re­co­ñe­ceu que o úni­co hu­mo­ris­ta que ha­bía na li­te­ra­tu­ra es­pa­ño­la era Cer­van­tes. El rec­ti­fi­cou ta­mén. —¿Por que non se ti­ña en con­ta o hu­mo­ris­mo? —O hu­mo­ris­mo nun­ca se en­ten­deu en Es­pa­ña, nun­ca hou­bo fi­ló­so­fos que es­tu­da­ran o hu­mor. O pri­mei­ro que es­tu­da o hu­mor de Cer­van­tes de ver­da­de é Pi­ran­de­llo, que es­cri­be un tra­ta­do que cha­ma L’Umo­ris­mo, e a fi­gu­ra cen­tral é Cer­van­tes e o Qui­xo­te, pe­ro en Es­pa­ña non in­tere­sou, nin­guén lle deu im­por­tan­cia. Os es­tu­dos so­bre hu­mor en Es­pa­ña son mí­ni­mos. Pío Ba­ro­ja e Ra­món Gó­mez de la Sen­ra fa­lan de hu­mo­ris­mo, pe­ro quen lle me­teu o den­te real­men­te foi Ce­les­tino. —Así que Es­pa­ña nun­ca to­mou en se­rio o hu­mor. —Or­te­ga, que é un fi­ló­so­fo im­por­tan­te, non ten nin­gún es­tu­do so­bre o hu­mor. Nin Ju­lián Ma­rías. Os úni­cos que se preo­cu­pa­ron do hu­mor son os fi­ló­so­fos ga­le­gos: Do­min­gos Gar­cía-Sa­bell, Rof Car­ba­llo, Ce­les­tino Fer­nán­dez de la Ve­ga, Ra­món Pi­ñei­ro... Pe­ro en Es­pa­ña nun­ca in­tere­sou. —¿Ho­xe tam­pou­co? —Eu creo que non in­te­re­sa. É mais, creo que in­clu­so en Ga­li­cia, des­apa­re­ci­da a xe­ra­ción de Pi­ñei­ro, hai un de­sin­te­re­se moi gran­de po­lo hu­mor. Hai moi pou­cos tra­ba­llos que se preo­cu­pen de ana­li­zar, ache­gan­do re­fle­xións no­vi­do­sas, so­bre o hu­mor.

ÁL­VA­RO BALLESTEROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.