«Cer­van­tes foi ca­paz de rir da sua de­bi­li­da­de e con­ver­ter en ma­te­ria hu­mo­rís­ti­ca a so­cie­da­de na que vi­ve»

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura -

O en­saio de Siro Ló­pez fa­la de co­mo crea Cer­van­tes o hu­mo­ris­mo e ta­mén por que. —A súa in­ves­ti­ga­ción par­te de que na mes­ma épo­ca Cer­van­tes es­cri­be o «Qui­xo­te» e os Ca­rrac­ci sa­can o pri­mei­ro li­bro de ca­ri­ca­tu­ras. —Non po­de ser un­ha ca­sua­li­da­de, a ca­sua­li­da­de é que se­xa en 1605. ¿Que pa­sa pa­ra que na­zan á vez o hu­mo­ris­mo li­te­ra­rio e grá­fi­co? Pa­sa que Es­pa­ña e Ita­lia son dous po­bos pro­fun­da­men­te ca­tó­li­cos e es­tán con­di­cio­na­dos po­la Con­tra­rre­for­ma. E ese é o pun­to de par­ti­da da mi­ña in­ves­ti­ga­ción, que ti­ña que ser a de Ce­les­tino. —¿Que le­va a Cer­van­tes a usar es­te no­vo xé­ne­ro? —Por un­ha par­te el ten un­ha vi­da per­soal que é te­rri­ble e gra­zas ao sen­ti­do do hu­mor foi ca­paz de rir da pro­pia de­bi­li­da­de e gra­zas ao seu sen­ti­do do hu­mor foi ca­paz de con­ver­ter en ma­te­ria hu­mo­rís­ti­ca a so­cie­da­de na que vi­ve. El iden­ti­fí­ca­se con don Qui­xo­te, don Qui­xo­te é el. Is­to dío bri­llan­te­men­te Pi­ran­de­llo, que afir­ma que el non cre que don Qui­xo­te na­ce­ra nun lu­gar da Man­cha se­nón que na­ceu en Al­ca­lá de He­na­res en 1547. —¿E co­mo o fai? —A fór­mu­la que uti­li­za pa­ra fa­cer hu­mo­ris­mo con­sis­te en em­pe­zar con­tan­do un­ha cou­sa moi gra­cio­sa e de sú­pe­to no me­dio da na­rra­ción me­te, sen vir a con­to, un de­ta­lle que vai al­te­rar a na­rra­ción, que des­co­lo­ca ao lec­tor, que ao fi­nal, non sa­be se emo­cio­nar­se ou se rir, e aca­ba so­rrin­do. —A in­ves­ti­ga­ción ta­mén tra­ta a ga­le­gui­da­de de Cer­van­tes. —Era un ga­le­go por ori­xe, por fa­mi­lia, por an­te­pa­sa­dos, pe­ro nin os seus pais nin os seus avós na­ce­ron en Ga­li­cia. Ade­mais, Cer­van­tes uti­li­za a re­tran­ca va­rias ve­ces. Ía­lle na xe­né­ti­ca por­que a re­tran­ca só se dá en Ga­li­cia. —Di que Cer­van­tes creou un hu­mo­ris­mo be­né­vo­lo. ¿Haino ma­lé­vo­lo? —Cer­van­tes dá na­ce­men­to a un­ha for­ma de hu­mo­ris­mo que si hai que cua­li­fi­car de be­né­vo­lo, pe­ro lo­go ca­ben dis­tin­tas for­mas. Igual que can­do lle po­ñe­mos co­res ao hu­mor e di­ci­mos: é hu­mor ver­de, é hu­mor ne­gro; aquí pa­sa o mes­mo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.