Ben­vi­dos ao mun­do que que­re­mos cam­biar

O Pa­zo da Cul­tu­ra én­che­se de cen­tos de pro­pos­tas ima­xi­na­ti­vas pa­ra trans­for­mar un­ha reali­da­de in­xus­ta

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Pontevedra -

Os ne­nos son os que man­dan no Salón do Li­bro Infantil e o Pa­zo da Cul­tu­ra fer­ve des­de on­te coas súas pro­pos­tas pa­ra cam­biar un mun­do que non lles gus­ta e que al­gúns pin­tan de cor ne­gra. A ex­po­si­ción dos tra­ba­llos es­co­la­res de cin­cuen­ta cen­tros edu­ca­ti­vos vol­ve ser o epicentro des­ta dé­ci­mo oi­ta­va edi­ción.

No 72 da Rúa Ca­ba­nas axu­dan a xen­te a li­be­rar­se das in­xus­ti­zas e to­dos os ve­ci­ños te­ñen os mes­mos de­rei­tos sen im­por­tar o xé­ne­ro. Na ár­bo­re do CEIP Prín­ci­pe Fe­li­pe ca­da fo­lla le­va un­ha men­sa­xe so­bre a ne­ce­si­da­de de coidar o no­so pla­ne­ta. E os pe­que­ni­ños da EEI O Gru­po, de Ma­rín, cons­truí­ron un mun­do no que non fal­tan as fa­das e os he­roes.

Os alum­nos de Los Sau­ces ren­den ho­me­na­xe á fi­gu­ra dos avós. Os da es­co­la Bi­cos de­nun­cian un mar con­ta­mi­na­do. O Co­le­xio Do­ro­teas re­co­rre a Ma­la­la You­saf­zai, a ne­na que plan­tou ca­ra aos ta­li­báns, par aca­bar coas gue­rras. E no mun­do que que­ren os ne­nos do CEIP Cor­bi­llón de Cam­ba­dos rei­na a paz, a con­vi­ven­cia, a em­pa­tía, a ale­gría, a di­ver­si­da­de e a igual­da­de.

Por pe­dir que non que­de e os es­co­la­res de 5 anos do CEIP Vi­la­ver­de Mou­ren­te fo­ron máis lo­cais. A Pon­te­ve­dra que que­ren te­ría un zoo, un par­que de atrac­cións e ou­tro acuá­ti­co.

Es­pec­tácu­lo inau­gu­ral

Edu­ca­ción, saú­de, paz, tra­ba­llo, me­dio am­bien­te, di­ver­si­da­de, res­pec­to... Son as pa­la­bras máis re­pe­ti­das e nos tra­ba­llos es­co­la­res que­da de­mos­tra­do que «un neno, un mes­tre e un la­pis po­den cam­biar o mun­do que te­mos».

O Salón do Li­bro abriu on­te as súas por­tas de par en par no Pa­zo da Cul­tu­ra e no es­pa­zo anexo do re­cin­to fei­ral, con ver­ti­do por Tris­que­lia no Bos­que das Le­tras. A con­ce­llei­ra de Cul­tu­ra, An­xos Ri­vei­ro, foi a en­car­ga­da de dar a ben­vi­da aos pri­mei­ros vi­si­tan­tes des­de o es­ce­na­rio do au­di­to­rio, tras o es­pec­tácu­lo inau­gu­ral Xo­ga, da com­pa­ñía En­tre­máns, que con­xu­gou, tea­tro, dan­za, mú­si­ca e au­dio­vi­sual Pa­ra Ri­vei­ro es­ta edi­ción mar­ca un pun­to de in­fle­xión na his­to­ria do salón, no sen­ti­do de que «a trans­for­ma­ción do mun­do vai es­tar sem­pre pre­sen­te nas su­ce­si­vas ci­tas, in­de­pen­den­te­men­te da te­má­ti­ca que se tra­te ca­da ano». Nes­ta pri­mei­ra xor­na­da pre­sen­to­use o li­bro Es­ca­quis e Ro­meu, de An­to­nio Ma­nuel Fra­ga e Jacobo F. S, edi­ta­do es­pe­cial­men­te pa­ra es­ta edi­ción e que ten co­mo pro­ta­go­nis­ta a un bar­bei­ro e una ne­na que é quen de abrir por­tas a ou­tras realidades.

Ade­mais, hou­bo un­ha tri­ple se­sión de con­ta­con­tos nos di­fe­ren­tes es­pa­zos do Salón:

Con­tos que dei­xan pe­ga­da, de Pa­vís Pa­vós, Un mun­do cheo

de con­tos, de Bea Cam­pos e Da­vi­de Gon­zá­lez, e Un­ha por­ta á prehis­to­ria, da Uni­da­de de Cul­tu­ra Cien­tí­fi­ca do CSIC Ga­li­cia.

A am­bien­ta­ción do Salón do Li­bro, no que co­la­bo­ra­ron Pas­pa­llás, alum­na­do da Uni­ver­si­da­de de Vi­go e Tris­que­lia, «é pu­ra crea­ti­vi­da­de e re­co­rre­lo, un pra­cer pa­ra os sen­ti­dos», co­mo re­co­ñe­cían on­te moi­tos dos asis­ten­tes a inau­gu­ra­ción. No es­pa­zo da Pa­zo da Cul­tu­ra es­tán ex­pos­tos os tra­ba­llos dos cen­tros de en­sino e as mos­tras dos ar­tis­tas Jacobo F.S. e Luis Da­vi­la, que con­vi­ven coa bi­blio­te­ca e as no­vi­da­des edi­to­riais.

No re­cin­to fei­ral anexo es­tá O Bos­que das Le­tras, un lu­gar má­xi­co, re­la­xan­te á vez que ac­ti­vo, que al­ber­ga a Be­be­te­ca, a zo­na de me­ren­das, a de obra­doi­ros, un es­ce­na­rio pa­ra ac­tua­cións e pre­sen­ta­cións, un­ha ex­po­si­ción de Su­sa­na Su­nia­ga so­bre via­xes idí­li­cas e ata un po­boa­do de li­bros pa­ra ler tran­qui­lo.

CAPOTILLO

O salón do Li­bro Infantil e Xu­ve­nil abriu on­te as súas por­tas no Pa­zo da Cul­tu­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.