«O pro­ble­ma non é o nú­me­ro, é a dis­tri­bu­ción do­cen­te»

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Galicia -

A cri­se mar­cou o man­da­to de Ade­lino Po­se, que pu­xo en mar­cha a re­de de cen­tros por un­ha con­vi­ven­cia po­si­ti­va. —O 90 % da edu­ca­ción é na ca­sa. Nós po­de­mos ser un com­ple­men­to de­sa edu­ca­ción e, se ade­mais hai co­la­bo­ra­ción coas fa­mi­lias, os pro­ble­mas pó­den­se so­lu­cio­nar. Ta­mén es­tá o pe­ri­go de xu­di­cia­li­zar a edu­ca­ción. No mo­men­to no que un pro­ble­ma edu­ca­ti­vo sae da súa con­tor­na a vi­sión é dis­tin­ta. Iso pa­sa co aco­so es­co­lar. Nós te­mos a po­si­bi­li­da­de de so­lu­cio­nar o pro­ble­ma no cen­tro. Can­do é fó­ra, a co­rrec­ción edu­ca­ti­va pa­sa a ser san­ción. O xuíz da­rá un­ha sen­ten­za, pe­ro o pro­ble­ma non se so­lu­cio­nou. —Que­ren avan­zar na for­ma­ción dos equi­pos di­rec­ti­vos. —Un di­rec­tor ho­xe ten que ter co­ñe­ce­men­to ca­se de to­do, non só na área de li­de­ra­do pe­da­gó­xi­co. Ten que ter co­ñe­ce­men­tos de eco­no­mía por­que le­va­mos or­za­men­tos e con­tra­tos. Ten que ter li­de­ra­do de per­soal, de equi­po... Aí é on­de hai que in­ci­dir. Ten que ha­ber un­ha for­ma­ción teó­ri­ca, pe­ro ta­mén prác­ti­ca. —Un «mir» de di­rec­to­res? —Si, ter a xen­te de pro­ba­da ex­pe­rien­cia que poi­da trans­mi­ti­la a tra­vés da for­ma­ción e re­sol­ver pre­gun­tas es­pe­cí­fi­cas aos no­vos di­rec­to­res. Hai que es­tu­dar moi ben o mo­de­lo de di­rec­ción que se que­re. Hai que ter un mo­de­lo pro­fe­sio­nal. Non un cor­po de di­rec­to­res, se­nón que os cen­tros os es­co­llan, que pre­sen­ten pro­gra­mas, e que se­xan for­ma­dos. —Ma­ne­xan car­tos e ca­dros de per­soal. O dé­fi­cit é tan gran­de? —Ha­be­ría que mi­rar ca­da ca­so, pe­ro creo que en xe­ral os cen­tros es­tán ben do­ta­dos. Son dos que opinan que hai que in­ves­tir máis en edu­ca­ción, pe­ro ta­mén hai que op­ti­mi­zar o que te­mos. —Or­za­men­tos, ben. Per­soal, non tan­to. —A maio­ría dos ca­dros es­tán mal di­men­sio­na­dos. Ao me­llor tes un pro­fe­sor dun­ha ma­te­ria e non tes ho­ras pa­ra el e fál­ta­che un dou­tra ma­te­ria po­los cam­bios que hou­bo. Se non con­tan coa xen­te que es­tá nos cen­tros, os que fan a lei non o sa­ben. O pro­ble­ma non é o nú­me­ro, é a dis­tri­bu­ción do pro­fe­so­ra­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.