Ro­sa­lía, dis­cur­so mo­derno

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Opinión -

lec­tu­ra da súa obra moi­to máis reivin­di­ca­ti­va e trans­gre­so­ra que a es­ta­be­le­ci­da até en­tón. Ao tem­po, pro­ce­deu­se á re­vi­sión (e á con­tes­ta­ción) dun ele­va­do nú­me­ro de tó­pi­cos que, fe­rrea­men­te ins­ta­la­dos en­tre par­te da crítica tra­di­cio­nal, con­di­cio­na­ran en gran me­di­da a in­ter­pre­ta­ción da pro­du­ción li­te­ra­ria de Ro­sa­lía e, mes­mo, do seu sig­ni­fi­ca­do co­mo re­fe­ren­te sim­bó­li­co, tan­to pa­ra os seus con­tem­po­rá­neos, co­mo en eta­pas pos­te­rio­res. Dúas son pa­ra min as li­ñas cen­trais que or­ga­ni­zan o con­xun­to do dis­cur­so ro­sa­liano. Por un­ha par­te, a de­ci­di­da von­ta­de de in­ter­ven­ción que re­ve­lan os seus tex­tos, nos que se cons­ta­ta o com­pro­mi­so de Ro­sa­lía con po­si­cións ideo­ló­xi­cas con­si­de­ra­das pro­gre­sis­tas e, mes­mo, ra­di­cais no seu tem­po (de­fen­sa das cla­ses po­pu­la­res, es­for­zo po­la dig­ni­fi­ca­ción e reha­bi­li­ta­ción da Ga­li­za e, ta­mén, da lin­gua ga­le­ga, sím­bo­lo fun­da­men­tal no pro­ce­so de crea­ción dun­ha li­te­ra­tu­ra na­cio­nal). Por ou­tra, a con­cien­cia xe­né­ri­ca. Sem­pre pre­sen­te ao lon­go do seu dis­cur­so, es­ta preo­cu­pa­ción fe­mi­nis­ta tór­na­se ex­plí­ci­ta na de­nun­cia das li­mi­ta­cións de to­do ti­po, así co­mo do tra­ta­men­to de­sigual que re­ci­ben as mu­lle­res e os ho­mes na so­cie­da­de pa­triar­cal. Ta­mén na cons­tan­te re­fle­xión so­bre a pro­ble­má­ti­ca es­pe­cí­fi­ca que con­le­va o fei­to de ser es­cri­to­ra e, aín­da máis, de es­cri­bir so­bre a si­tua­ción das mu­lle­res. Es­ta é, en fin, a mi­ña Ro­sa­lía, a sub­ver­si­va, a fe­mi­nis­ta, a que se ten con­ver­ti­do, de no­vo, en ele­men­to ins­pi­ra­dor, pro­ba da vi­xen­cia e ra­di­cal mo­der­ni­da­de do seu dis­cur­so.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.