A lin­gua dos fun­cio­na­rios

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Opinión - VÍC­TOR F. FREI­XA­NES

Un garda ci­vil non aten­deu en ga­le­go ao ci­da­dán por­que sei­ca non ti­ña co­ñe­ce­men­to do idio­ma. O te­nen­te co­ro­nel de Pon­te­ve­dra pe­díu dis­cul­pas, ao tem­po que o De­fen­sor do Po­bo ad­ver­tía for­mal­men­te de que exis­te un «de­ber le­gal» de co­ñe­cer a lin­gua pa­ra aten­der a ci­da­da­nía. Ben es­tán as dis­cul­pas. Agra­dé­cen­se. E ben es­tá o re­cor­da­to­rio do De­fen­sor do Po­bo, por­que a his­to­ria non é no­va.

A lin­gua pro­pia de Ga­li­cia é o ga­le­go. Así o re­co­ñe­ce o Es­ta­tu­to de Au­to­no­mía, que vén ser o com­ple­men­to da Car­ta Cons­ti­tu­cio­nal en­tre nós. No ar­ti­go 5 di­se li­te­ral­men­te que ga­le­go e cas­te­lán son idio­mas ofi­ciais na co­mu­ni­da­de e que «to­dos (os ci­da­dáns de Ga­li­cia) te­ñen o de­rei­to de os co­ñe­cer e de os usar». E mais en­ga­de: «Os po­de­res pú­bli­cos ga­ran­ti­rán o uso nor­mal e ofi­cial dos dous idio­mas e po­ten­cia­rán o em­pre­go do ga­le­go en to­dos os pla­nos da vi­da pú­bli­ca, cul­tu­ral e in­for­ma­ti­va, e dis­po­rán os me­dios ne­ce­sa­rios pa­ra fa­ci­li­tar o seu co­ñe­ce­men­to. Nin­guén po­de­rá ser dis­cri­mi­na­do por cau­sa da lin­gua».

Nuns pri­mei­ros bo­rra­do­res do Es­ta­tu­to apun­tá­ba­se non só o de­rei­to se­nón o de­ber de co­ñe­cer am­bos os dous idio­mas. Re­ti­rou­se o de­ber, ma­lia que pa­ra o cas­te­lán pre­va­le­ce no ar­ti­go 3 da Cons­ti­tu­ción: «To­dos os es­pa­ñois te­ñen o de­ber de co­ñe­ce­lo o de­rei­to a usa­lo». Re­ti­rá­ra­se o de­ber de co­ñe­cer o ga­le­go do no­so Es­ta­tu­to pa­ra ga­ran­tir a con­vi­ven­cia de de­rei­tos da­que­les ou­tros es­pa­ñois que non sen­do ga­le­gos poi­de­sen vir re­si­dir ou tra­ba­llar a Ga­li­cia. A lin­gua co­mún é obri­ga­to­ria. A lin­gua pro­pia non.

Mais a cues­tión que des­ta vez nos ocu­pa é a lin­gua dos fun­cio­na­rios. Aquí é on­de se desen­vol­veu un­ha de­bou­ra que, ma­lia ou­tras con­si­de­ra­cións, atin­xe se­ria­men­te á reali­da­de so­cial do idio­ma (a reali­da­de prác­ti­ca, non re­tó­ri­ca), e mes­mo ao man­da­to que se ex­pre­sa no ar­ti­go 5 da Car­ta Au­to­nó­mi­ca.

¿Quen son os fun­cio­na­rios que tra­ba­llan e ac­túan en Ga­li­cia, co­bran do era­rio e, xa que lo­go, es­tán obri­ga­dos e com­pro­me­ti­dos co ser­vi­zo á ci­da­da­nía? Non son em­pre­sas pri­va­das. Fa­la­mos de mes­tres pú­bli­cos, sa­ni­ta­rios, xui­ces, ad­mi­nis­tra­do­res de cal­que­ra de­pen­den­cia ofi­cial, non só a garda ci­vil. De­pen­den­cias ou ser­vi­zos ofi­ciais son to­dos aque­les que, ben pro­ce­dan das com­pe­ten­cias do Es­ta­do, da Ad­mi­nis­tra­ción Au­to­nó­mi­ca, Pro­vin­cial ou Lo­cal, te­ñen re­la­ción cos ci­da­dáns, se­xan bom­bei­ros, gar­das de trá­fi­co ou fis­cais. O ga­le­go é fe­rra­men­ta bá­si­ca de re­la­ción e co­mu­ni­ca­ción pa­ra desen­vol­ver o seu ser­vi­zo.

Cóm­pre pois un re­cor­da­to­rio máis am­plo. Nas opo­si­cións a ta­les postos, gran­des ou pe­que­nos, can­do se exer­cen no país, de­be cons­tar obri­ga­to­ria­men­te o co­ñe­ce­men­to bá­si­co da «lin­gua pro­pia». Nas opo­si­cións e nas pro­bas co­rres­pon­den­tes pa­ra o ac­ce­der a ta­les fun­cións. Cou­sa que na prác­ti­ca ou non se cum­pre ou se di­si­mu­la. Se fa­la­mos da reali­da­de so­cial da lin­gua te­mos que fa­lar (vol­ver po­ñer en­ri­ba da me­sa) to­das es­tas cues­tións.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.