El Sa­lón de Li­bro se en­ri­que­ce con las apor­ta­cio­nes de los ni­ños y ni­ñas que lo vi­si­tan

O xa clá­si­co es­pa­zo do li­bro no Pa­zo da Cul­tu­ra pon a pla­ta­for­ma; pe­ro é a ima­xi­na­ción dos ne­nos o que lle da vi­da

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - La Voz De Pontevedra - MA­RÍA HER­MI­DA

Os ne­nos te­ñen un­ha ben­di­ta ima­xi­na­ción. Ima­xi­nan sem­pre. Pe­ro non nos en­ga­ne­mos. Hai lu­ga­res ca­pa­ces de sa­car­lles os seus me­llo­res pen­sa­men­tos, de fa­ce­los pen­sar, so­ñar, de pro­cu­rar que se­xan máis li­bres e, por que non di­ci­lo, ta­mén máis fe­li­ces. O Sa­lón do Li­bro In­fan­til e Xu­ve­nil de Pon­te­ve­dra, ese es­pa­zo clá­si­co que un ano máis xa es­tá aber­to no Pa­zo da Cul­tu­ra, é un deses si­tios. O Sa­lón soa­men­te é un­ha pla­ta­for­ma; un­ha fe­rra­men­ta coida­da, pen­sa­da e mi­ma­da pa­ra lo­grar que os ra­pa­ces o en­chan co­sas súas his­to­rias e coa súa ima­xi­na­ción. E vaia se o con­se­gue. Pa­ra exem­plo, o que acon­te­cía on­te na­da máis abrir as por­tas po­la ma­ñá.

Hai in­fi­ni­tas ma­nei­ras de re­co­rrer o Sa­lón. Por­que es­te é un es­pa­zo li­bre, on­de ca­da ra­paz po­de fur­gar on­de máis lle gus­te. Lo­la, de catro anos e de Vi­la­gar­cía, en­trou tan á ca­rrei­ra que deu cos pés no si­tio on­de se ex­po­ñen os tra­ba­llos fei­tos po­los co­le­xios e co­lec­ti­vos so­bre o le­ma des­te ano, O mun­do que que­re­mos. A ne­na pu­xo os ollos nun­ha bo­la do mun­do ou mi­rou con aten­ción a por­ta­da dun­ha es­pe­cie de con­to no que se fa­la de Ma­la­la. Pe­ro, de se­gui­do, co­rreu ca­ra un si­tio on­de lle pro­po­ñen aos ne­nos es­cri­bir nun pa­pe­li­ño de cor o que lles gus­ta­ría cam­biar da súa ci­da­de. E lo­go pe­ga­lo nun mural. Lo­la to­lea­ba por es­cri­bir. Ape­nas sa­be fa­ce­lo. Pe­diu axu­da e, ao pou­co, dei­xa­ba a súa pe­ga­da na pa­re­de. Ela que­re máis co­lum­pios e que ha­xa me­nos ca­cas de cans nas rúas. Ve­ra, de A Illa de Arou­sa, es­ta­ba ta­mén no es­pa­zo re­ser­va­do aos tra­ba­llos dos co­le­xios. E es­ta­ba a cha­mar a aten­ción dos vi­si­tan­tes. ¿Por qué? Non en van, Ve­ra, con voz sua­vi­ña pe­ro de­ci­di­da, le­va­ba tem­po e tem­po len­do en voz al­ta un con­to dun­ha prin­ce­sa. Ao re­ma­tar, di­xo: «É que a min en­cán­tan­me os con­tos, e sei moi­tí­si­mos».

So­bre as on­ce e me­dia, hai re­bum­bio nun an­dar. To­ca ir ao tea­tro. Ou non. No Sa­lón do Li­bro sem­pre hai al­ter­na­ti­vas pa­ra to­dos os gus­tos. Os que on­te se de­ci­di­ron a en­trar, ato­pá­ron­se coa ar­te de Ca­ra­mu­xo. ¡Can­to se po­de di­cir sen fa­lar, soa­men­te mo­ven­do for­mas re­don­das! Alí, Pau­la, de 18 me­ses, abría os ollos co­mo pra­tos ca­ra o es­ce­na­rio. «En­cán­ta­lle», di­cía a nai.

Men­tres tan­to, na zo­na do re­cin­to fei­ral, hai máis ac­ción. Es­tá, por exem­plo, a be­be­te­ca. É o es­pa­zo re­ser­va­do pa­ra os máis pe­que­nos, con aga­ri­mo­sos co­xíns de co­res. Alí, Car­me, de 18 me­ses, po­ñía to­do da súa par­te pa­ra in­ten­tar me­ter­se por un sua­ve pa­sa­di­zo. Dá­ba­lle al­go de me­do. Má­xi­me, can­do es­ta­ba a pi­ques de pa­sar e apa­re­cía Or­bil, o lo­bi­ño que é a mas­co­ta do Sa­lón.

Or­bil pa­séa­se por acá e por alá dan­do aper­tas. «Ne­ce­si­ta ca­ri­ño», con­clúe un ra­paz de no­ve anos de Pon­te­ve­dra. Es­ta­ba es­te neno par­ti­ci­pan­do nun­ha das ac­ti­vi­da­des máis sor­pren­den­tes e reivin­di­ca­ti­vas des­te ano. Co ar­qui­tec­to Ro­mán Cor­ba­to co­mo mes­tre de ce­ri­mo­nia, os pe­que­nos es­tán a le­van­tar un gran mu­ro de car­tón cheo de co­res. O úl­ti­mo do­min­go, hano ti­rar. ¿Pa­ra que? Pa­ra bo­tar abai­xo can­da el, aín­da que se­xa de for­ma sim­bó­li­co, to­das as fron­tei­ras do mun­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.