Ca­bal e im­pe­ca­ble

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Opinión - MA­RÍA CANOSA

AAu­dien­cia Na­cio­nal re­xei­ta o in­gre­so en pri­sión dos dous ex pre­si­den­tes de Ca­ja Ma­drid, ao ver «in­con­sis­ten­te» o ris­co de fu­ga de­bi­do á súa con­du­ta «ca­bal» e «im­pe­ca­ble».

Na­da que di­cir. Se son xen­te ca­bal e de com­por­ta­men­to exem­plar, co­mo non dar­lle un­ha opor­tu­ni­da­de? To­dos o me­re­ce­mos. Iso, cla­ro es­tá, sem­pre que por im­pe­ca­ble en­ten­da­mos es­tar acu­sa­do de fal­si­da­de do­cu­men­tal, apro­pia­ción in­de­bi­da e ad­mi­nis­tra­ción des­leal, ca­so do se­ñor Ro­dri­go Ra­to. Máis im­pe­ca­ble aín­da se sa­be­mos que se en­ga­di­ron os de­li­tos de bran­queo de ca­pi­tais, al­za­men­to de bens e frau­de fis­cal. Ni­mie­da­de, es­ta úl­ti­ma só, que se tra­du­ce en de­frau­dar 5,3 mi­llóns de eu­ros, uns pa­ta­cóns. Pois sai­ban que es­ta can­ti­da­de é co­ren­ta e ca­tro (44, en nú­me­ro ve­se me­llor) ve­ces máis que o mí­ni­mo ne­ce­sa­rio pa­ra o de­li­to fis­cal (120.00 eu­ros).

Co­mo se di­xo so­bre Mo­ne­de­ro e a súa frau­de de 425.150 eu­ros, «se to­do o mun­do fi­xe­ra co­mo Ro­dri­go Ra­to, a ver co­mo pa­ga­mos a Sa­ni­da­de ou a Edu­ca­ción». Pois iso. Non me­nos ca­bal é Ble­sa, ao ou­tor­gar so­bre­sol­dos e in­cen­ti­vos ile­gais a un­ha en­ti­da­de ban­ca­ria de du­bi­do­so fun­cio­na­men­to po­la can­ti­da­de de 8,57 mi­llóns de eu­ros.

Po­si­ble­men­te os ob­ti­ve­ran de en­ga­nar aos clien­tes e usua­rios de Ban­kia que, lem­bre­mos, saíu a bol­sa cos fo­lle­tos de emi­sión con da­tos fal­sea­dos. Foi acu­sa­do, por is­to, de apro­pia­ción in­de­bi­da e de­li­to so­cie­ta­rio. Moi ca­bal to­do. De ca­ba­lei­ros co­mo eles, que se vis­ten de tra­xe e ca­mi­ñan er­guei­tos e so­lem­nes, e fa­lan con ele­gan­cia, me­su­ra e cortesía. Im­pe­ca­bles, si.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.