Tres vo­lu­mes com­ple­tan a edi­ción en li­bro das «Mar­xes» de Car­los Ca­sa­res

Abran­guen as co­lum­nas que es­cri­biu en La Voz de Ga­li­cia en­tre os anos 1999 e 2002

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - XESÚS FRA­GA

Dez vo­lu­mes re­co­llen en li­bro un dos pro­xec­tos máis sen­llei­ros da li­te­ra­tu­ra ga­le­ga: as co­lum­nas que bai­xo o tí­tu­lo de Á mar­xe pu­bli­cou Car­los Ca­sa­res en La Voz de Ga­li­cia a dia­rio en­tre 1992 e o 2002. A Edi­to­rial Ga­la­xia, que el di­ri­xiu e na que apa­re­ceu a súa obra li­te­ra­ria, ini­ciou hai uns anos a pu­bli­ca­ción des­tas co­lum­nas de Ca­sa­res, ini­cia­ti­va que vén de con­cluír co lan­za­men­to es­tes días dos tres de­rra­dei­ros tomos. Son os que re­co­llen as Mar­xes do es­cri­tor en­tre os anos 1999 e 2001; es­te úl­ti­mo en­ga­de os tex­tos que saí­ron en­tre os días 2 de xa­nei­ro e 9 de mar­zo do 2002, da­ta do pa­sa­men­to do au­tor. Ca­da un dos tomos in­clúe un ín­di­ce de tí­tu­los e ou­tro ono­más­ti­co, que, ade­mais da súa fun­ción prác­ti­ca, evi­den­cia o gran nú­me­ro de per­soas que ci­ta­ba Ca­sa­res e, xa que lo­go, a am­pli­tu­de te­má­ti­ca do seu par­ti­cu­lar uni­ver­so xor­na­lís­ti­co.

Por­que pre­ci­sa­men­te en Car­los Ca­sa­res o xor­na­lis­mo non se po­de con­si­de­rar un xé­ne­ro me­nor, se­nón maior. Son va­rios os fac­to­res que fi­xe­ron dos seus ar­ti­gos un fi­to na li­te­ra­tu­ra ga­le­ga: a ex­ten­sión e a re­gu­la­ri­da­de, xa que ape­nas fa­llou á súa ci­ta dia­ria cos lec­to­res du­ran­te un de­ce­nio; a am­pli­tu­de e va­rie­da­de dos te­mas abor­da­dos, que ían den­de lem­bran­zas de in­fan­cia a cues­tións de ac­tua­li­da­de; a efi­ca­cia es­ti­lís­ti­ca, que lle per­mi­tía, adap­tán­do­se a un es­pa­zo mar­ca­do po­la bre­vi­da­de, es­pre­mer ata a esen­cia o te­ma ou a anéc­do­ta que tra­ta­ba; e a co­ne­xión que es­ta­ble­cía cos seus lec­to­res, que res­pon­dían con fi­de­li­da­de á cha­ma­da de Ca­sa­res e mes­mo se amo­sa­ban ac­ti­vos, es­cri­bín­do­lle pa­ra fe­li­ci­ta­lo ou re­ba­ter­lle un da­to, así co­mo pa­ra in­tere­sar­se por per­so­na­xes co­mo o ga­to Sa­muel, ha­bi­tual nas súas co­lum­nas.

Des­te xei­to, Á mar­xe, con­tem­pla­da no seu con­xun­to, po­de equi­pa­rar­se á obra dal­gúns dos dia­ris­tas clá­si­cos da li­te­ra­tu­ra uni­ver­sal, arran­can­do con Sa­muel Pepys, pa­san­do po­los Car­nets de Al­bert Ca­mus e che­gan­do aos Dia­rios de Mi­guel Tor­ga, por quen Ca­sa­res sen­tía ver­da­dei­ra ad­mi­ra­ción e de quen es­cri­biu pá­xi­nas me­mo­ra­bles, re­co­lli­das no seu li­bro Un país de pa­la­bras, e que apa­re­cía de can­do en vez nas Mar­xes. Por­que as lec­tu­ras de Ca­sa­res ta­mén eran ali­cer­ce fun­da­men­tal das súas co­lum­nas, e ne­las con­sig­na­ba o re­xis­tro dos seus au­to­res pre­di­lec­tos ou in­for­ma­ba dos úl­ti­mos acha­dos, xa que, co­mo au­tor pe­ro so­bre to­do co­mo edi­tor, se­guía a ac­tua­li­da­de do sec­tor, co­mo pro­ba, por exem­plo, a súa subs­cri­ción á re­vis­ta Gran­ta.

Un mun­do per­soal

Ade­mais de ver o mun­do a tra­vés dos ollos de Ca­sa­res, as Mar­xes per­mi­tían ao lec­tor aso­mar­se ao mun­do per­soal do pro­pio au­tor, quen con­ver­tía anéc­do­tas de in­fan­cia en re­la­tos bre­ves que re­ve­la­ban un­ha ver­da­de uni­ver­sal, her­dan­za da súa ha­be­len­cia co­mo na­rra­dor oral. Ás ve­ces un su­ce­so de ac­tua­li­da­de po­ñía en mar­cha un me­ca­nis­mo com­ple­xo de me­mo­ria e evo­ca­ción: a lec­tu­ra dun­ha no­ti­cia tri­vial lem­brá­ba­lle a un ami­go, de quen es­cri­bía un ar­ti­go, e ao día se­guin­te e ou­tro e aín­da ou­tro máis, co­mo acon­te­ceu nun­ha oca­sión coa lem­bran­za do fo­tó­gra­fo Pe­pe Suá­rez, de quen Ca­sa­res la­men­ta­ba que se fo­ra es­que­cen­do a súa obra, e a quen re­tra­ta­ba coa ar­te que ca­rac­te­ri­za­ba a súa li­te­ra­tu­ra: sin­xe­le­za, pre­ci­sión e ten­ru­ra.

CÉ­SAR QUIAN

Nun de­ce­nio Ca­sa­res ape­nas fa­llou coa súa ci­ta cos moi­tos lec­to­res de «Á mar­xe» en La Voz.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.