Fes­ta e ver­bas de reivin­di­ca­ción da súa obra no cen­te­na­rio da mor­te de Pon­dal

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - PA­TRI­CIA BLAN­CO

On­te foi día de fes­ta e de or­gu­llo en Pon­te­ce­so. Máis con­cre­ta­men­te, no al­dea do Couto, a es­ca­sa dis­tan­cia da ca­sa na­tal de Eduar­do Pon­dal. Con­me­mo­rá­ba­se o cen­te­na­rio da súa mor­te —8 de mar­zo de 1917— e foi pre­ci­sa­men­te a se­de da fun­da­ción que le­va o seu no­me o epi­cen­tro dun­ha ce­ri­mo­nia que reivin­di­cou o pa­pel do bar­do na his­to­ria e na cul­tu­ra ga­le­ga, así co­mo o pa­pel da súa obra, co­mo re­fe­ren­te fun­da­cio­nal que foi e co­mo re­fe­ren­te que ha de se­guir sen­do pa­ra as xe­ra­cións fu­tu­ras. Os ac­tos ser­vi­ron, a maio­res, pa­ra lem­brar as ou­tras dúas fi­gu­ras cla­ves do Re­xur­di­men­to: Ro­sa­lía de Cas­tro e Cu­rros Enríquez.

Pre­ci­sa­men­te pa­ra iso, Mi­guel An­xo Ma­to, Ta­ma­ra Le­ma e Da­vid Pé­rez Ou­tei­ro en­car­na­ron a Pon­dal, Ro­sa­lía e Cu­rros, res­pec­ti­va­men­te, con­du­cin­do un­ha ma­ñá arrou­pa­da por nu­me­ro­sas per­soas. Á saí­da da igre­xa de Cos­pin­do, on­de se ti­ve­ra bau­ti­za­do o au­tor da le­tra do Himno Ga­le­go, a ban­da In­llar ofre­ceu va­rias pe­zas an­tes da dan­za de paus, lo­go da cal se de­po­si­ta­ron flo­res no mo­nó­li­to le­van­ta­do no seu día pa­ra con­me­mo­rar o na­ce­men­to do bar­do. Re­pe­ni­ca­ron as cam­pás, es­ta­la­ron fo­gue­tes e soou a Himno do An­ti­go Reino de ca­mi­ño ao sa­lón on­de fa­la­rían as au­to­ri­da­des.

Lois Gar­cía, pre­si­den­te da Fun­da­ción Pon­dal, afir­mou que é im­pres­cin­di­ble co­ñe­cer a ri­bei­ra bai­xa do An­llóns pa­ra en­ten­der a obra de Pon­dal. Xesús Alon­so Mon­te­ro, pre­si­den­te da Real Aca­de­mia Ga­le­ga, fi­xo fin­ca­pé no Pon­dal mo­zo da­quel Ban­que­te do Con­xo de 1856. «Pon­dal é pa­sa­do, pre­sen­te e fu­tu­ro», afir­mou o depu­tado Su­so So­to, quen lem­brou a an­to­lo­xía xeo­grá­fi­ca que edi­ta­rá a Depu­tación. Román Ro­drí­guez, con­se­llei­ro de Cul­tu­ra, evo­cou o ca­rác­ter fun­da­cio­nal da obra de Pon­dal, pre­cur­so­ra de ca­mi­ños

no­vos. Ata O Couto acu­di­ron ta­mén, en­tre ou­tros, os se­cre­ta­rios xe­rais An­xo Lo­ren­zo e Va­len­tín Gar­cía, así co­mo a con­se­llei­ra Et­hel Váz­quez. Pon­te­ce­so soou na voz de

Alba Cos­ta con Fran­cis­co Cos­ta ao acor­deón e os pre­sen­tes, en­tre eles re­pre­sen­tan­tes das Fun­da­cións Cu­rros e Ro­sa­lía, en­toa­ron o himno coa co­ral A Oli­vei­ra.

ANA GAR­CÍA

Alba Cos­ta e Fran­cis­co Cos­ta in­ter­pre­ta­ron «Pon­te­ce­so».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.