Tres bio­gra­fías so­bre o au­tor ho­me­na­xea­do co Día das Le­tras

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura -

Co­mo co­rres­pon­de á súa con­di­ción de fi­gu­ra ho­me­na­xea­da es­te ano co Día das Le­tras, em­pe­zan xa a che­gar ás li­bre­rías as pri­mei­ras bio­gra­fías que se ocu­pan da vi­da e obra de Car­los Ca­sa­res.

Ra­món Lou­rei­ro asi­na Ca­sa­res (Tri­fo­lium). Na in­tro­du­ción lem­bra os días que ro­dea­ron ao pa­sa­men­to do es­cri­tor en mar­zo do 2002 den­de un­ha vi­sión in­ti­mis­ta, pa­ra lo­go ofre­cer un­ha par­te cen­tral que per­co­rre os prin­ci­pais chan­zos bio­grá­fi­cos do au­tor, a re­le­van­cia da súa obra pa­ra a li­te­ra­tu­ra ga­le­ga e o seu pa­pel co­mo di­na­mi­za­dor da vi­da cul­tu­ral den­de as ins­ti­tu­cións. O li­bro pé­cha­se cun­ha en­tre­vis­ta que Lou­rei­ro e Ca­sa­res man­ti­ve­ron en Ni­grán pouco an­tes do pa­sa­men­to do au­tor de Ilus­trí­si­ma, que ía sen­tar as ba­ses dun li­bro de con­ver­sas que non pui­do ser.

Xe­rais pu­bli­ca na súa co­lec­ción Mer­lín Car­los Ca­sa­res. Vi­da e li­te­ra­tu­ra, de Da­mián Vi­lla­laín, que se di­vi­de en no­ve ca­pí­tu­los que abran­guen den­de a in­fan­cia na Li­mia, o seu pa­so po­lo se­mi­na­rio de Ou­ren­se e a súa mar­cha a San­tia­go, pa­ra de­ter­se no pa­pel da súa mu­ller, Kris­ti­na Berg, e o des­cu­bri­men­to de Sue­cia, o seu pa­so po­la po­lí­ti­ca, a di­rec­ción de Ga­la­xia ou a pre­si­den­cia do Con­se­llo da Cul­tu­ra, ade­mais das súas obras máis im­por­tan­tes, co­mo Ilus­trí­si­ma ou Deus sen­ta­do nun sillón azul.

Car­los Ca­sa­res. Un con­ta­dor de his­to­rias (Ga­la­xia) é a ache­ga de Hen­ri­que Mon­tea­gu­do, quen es­tru­tu­ra en ca­tro áreas cro­no­ló­xi­cas a vi­da do es­cri­tor, den­de a in­fan­cia ata a ple­ni­tu­de e a mor­te pre­ma­tu­ra. O vo­lu­me com­ple­mén­ta­se con tres apén­di­ces con tex­tos de Ca­sa­res so­bre a súa obra ou o idio­ma ga­le­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.