Uns 400 alum­nos de mú­si­ca le­va­rán «No bi­co un can­tar» ata Mon­do­ñe­do

Cin­co au­to­res min­do­nien­ses se­rán in­ter­pre­ta­dos por un co­ro que es­trea­rá dúas pe­zas do pre­mia­do com­po­si­tor Ni­co Ca­sal

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - TA­MA­RA MON­TE­RO

Ma­xi­mino Zu­ma­la­ve aín­da se es­tre­me­ce ho­xe cando lem­bra co­mo se al­za­ba a voz de máis de ca­tro­cen­tos ra­pa­ces en San Do­min­gos de Bo­na­val pa­ra po­ñer voz e mú­si­ca aos ver­sos de Ro­sa­lía, que re­pou­sa­ba a pou­cos me­tros. No 150.º ani­ver­sa­rio do na­ce­men­to da poe­ta, na­cía, bau­ti­za­da cun verso de Cu­rros, a ini­cia­ti­va No bi­co un can­tar, que xa ren­deu tri­bu­to a eses dous gran­des no­mes da cul­tu­ra ga­le­ga, pe­ro ta­mén a Ra­món Ca­ba­ni­llas e aos tro­ba­do­res ga­le­gos. Poi­da que a es­ta­tua de Cun­quei­ro que mi­ra á pra­za da ca­te­dral min­do­nien­se ta­mén se es­tre­me­za un­ha mi­ga o pró­xi­mo 2 de xu­ño. É a da­ta si­na­la­da no ca­len­da­rio pa­ra a quin­ta edi­ción de No bi­co un can­tar, que re­uni­rá de no­vo un co­ro de máis de ca­tro­cen­tos mo­zos de en­tre 8 e 14 anos que es­tu­dan na re­de de con­ser­va­to­rios e es­co­las de mú­si­ca de Ga­li­cia, pa­ra, des­ta vez, dar­lle vi­va voz ao que dei­xa­ron por es­cri­to cin­co au­to­res re­la­cio­na­dos con Mon­do­ñe­do.

Na te­rra de Cun­quei­ro non fal­ta­rá O ni­ño no­vo do ven­to. Tam­pou­co as Fro­li­ñas dos to­xos de An­to­nio No­rie­ga Va­re­la; nin O neno dur­mía de Xo­sé Díaz Já­co-

me. Ade­mais, os ra­pa­ces, bai­xo a di­rec­ción de Ma­xi­mino Zu­ma­la­ve e acom­pa­ña­dos po­lo gru­po de me­tais Hér­cu­les Brass, es­trea­rán dúas no­vas com­po­si­cións. As que saí­ron do ma­xín de Ni­co Ca­sal, com­pos­te­lán afin­ca­do en Lon­dres e crea­dor da ban­da so­no­ra de Stut­te­rer, me­llor cur­ta­me­tra­xe de fic­ción na edi­ción dos Ós­car do 2016. Es­co­lleu as le­tras de Ne­niae, de Aqui­lino Igle­sia Al­va­ri­ño, e ¡Non o sei!, de Ma­nuel Lei­ras Pul­pei­ro.

«Mon­do­ñe­do fi­xo un­ha im­por­tan­tí­si­ma ache­ga á cul­tu­ra ga­le­ga», pro­cla­mou du­ran­te a pre­sen­ta­ción a al­cal­de­sa min­do­nien­se,

Ele­na Can­dia. Abo­fé que o fi­xo. Dei­xouno cla­ro o pre­si­den­te do Con­se­llo da Cul­tu­ra Ga­le­ga, Ra­món Vi­lla­res, que es­tu­dou no se­mi­na­rio da vi­la lu­gue­sa e que de­bu­llou a teo­ría de que alí con­ver­xe­ron as di­ver­sas cul­tu­ras que ha­bía na dio­ce­se pa­ra fa­cer de Mon­do­ñe­do o agro no que me­dra­ba un­ha cul­tu­ra vi­zo­sa.

«Mon­do­ñe­do ten esa es­pe­cie de cha­ma­da do tem­po, que che di que aquí hou­bo al­go, hai al­go e ten que ha­ber al­go no fu­tu­ro», sa­lien­tou Vi­lla­res. E ese al­go que hou­bo, ese pa­tri­mo­nio ma­te­rial e in­ma­te­rial, é o que «os que te­mos res­pon­sa­bi­li­da­de de­be­mos

ser ca­pa­ces de po­ñer en va­lor», ex­pli­cou a al­cal­de­sa.

«Al­gúns te­mos o pe­ca­do ori­xi­nal de non ser de Mon­do­ñe­do», chan­ceou o con­se­llei­ro de Edu­ca­ción, Ro­mán Ro­drí­guez, du­ran­te a pre­sen­ta­ción dun­ha ini­cia­ti­va cun­ha pers­pec­ti­va «moi in­te­gral da edu­ca­ción e da cul­tu­ra dun país». O con­se­llei­ro fi­xo fin­ca­pé no «enor­me es­for­zo» que fan os 7.400 alum­nos dos con­ser­va­to­rios ga­le­gos, que com­pa­xi­nan a súa for­ma­ción or­di­na­ria coa mu­si­cal e que o pró­xi­mo día 2 de xu­ño po­de­rán de­mos­trar que tra­ba­llan­do xun­tos se po­den fa­cer «cou­sas moi fer­mo­sas».

SAN­TI M. AMIL

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.