A mu­si­có­lo­ga Do­rot­hé Schu­barth, pre­mio de honra dos Mar­tín Có­dax

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura -

A cuar­ta edi­ción dos pre­mios Mar­tín Có­dax, pro­mo­vi­dos po­la Aso­cia­ción de Mú­si­cos ao Vi­vo, acor­dou ou­tor­gar o seu ga­lar­dón ho­no­rí­fi­co á mu­si­có­lo­ga suí­za Do­rot­hé Schu­barth, en re­co­ñe­ce­men­to ao seu la­bor de re­co­lli­da do can­cio­nei­ro tra­di­cio­nal ga­le­go. «As no­vi­do­sas ache­gas me­to­do­ló­xi­cas de Schu­barth, a súa xe­ne­ro­si­da­de, a súa con­di­ción de mu­ller in­tré­pi­da e em­po­de­ra­do­ra dou­tras mu­lle­res, así co­mo o in­su­fi­cien­te co­ñe­ce­men­to do al­can­ce do seu le­ga­do por par­te da so­cie­da­de, con­vér­te­na na in­dis­cu­ti­ble me­re­ce­do­ra» des­te pre­mio, que re­co­lle­rá na ga­la que se ce­le­bra­rá o vin­dei­ro 3 de maio no Pa­zo da Cul­tu­ra de Pon­te­ve­dra.

Au­to­ra de tra­ba­llos so­bre a mú­si­ca po­pu­lar eu­ro­pea, Schu­barth che­gou a Ga­li­cia de va­ca­cións hai ca­se 40 anos. Al­guén lle fa­la­ra da ri­que­za do fol­clo­re do país, sen afo­rrar­lle a po­bre­za na que se vi­vía. Mo­vi­da po­la vo­ca­ción, co­me­zou a bus­car as es­ca­sas re­com­pi­la­cións. An­te esa in­su­fi­cien­cia, co­me­zou un tra­ba­llo de co­llei­ta (e re­xis­tro so­no­ro) que se iría am­plian­do ata, seis anos máis tar­de, dar na pu­bli­ca­ción do Can­cio­nei­ro po­pu­lar ga­le­go, a máis im­por­tan­te re­com­pi­la­ción do fol­clo­re mu­si­cal, a bi­blia da mú­si­ca po­pu­lar ga­le­ga, que edi­tou en se­te vo­lu­mes a Fun­da­ción Ba­rrié, en 1984.

Schu­barth desem­pe­ña­ba des­de 1971 a cá­te­dra de har­mo­nía e con­tra­pun­to na Aca­de­mia de Mú­si­ca de Lu­cer­na. Des­de es­te posto desen­vol­ve­ra un­ha in­ten­sa ta­re­fa de in­ves­ti­ga­ción da mú­si­ca eu­ro­pea, nos Bal­cáns, no Cáu­ca­so, en Ale­ma­ña e Fran­cia. Pu­bli­cou así en 1978 O can­to po­pu­lar en Eu­ro­pa. Arri­ba, Schu­barth, no 2014, na co­ru­ñe­sa sa­la Ga­ru­fa cando pre­sen­tou «Un­ha via­xe po­lo can­cio­nei­ro po­pu­lar ga­le­go». Á de­rei­ta, nos anos 70, na co­llei­ta e re­xis­tro do can­cio­nei­ro.

Ne­se ano, che­gou a Ga­li­cia e co­me­zou a súa co­llei­ta se­gun­do en­trou po­lo Ce­brei­ro. Os seus co­ñe­ce­men­tos so­bre a cul­tu­ra mu­si­cal e a lin­gua ga­le­gas eran mí­ni­mos, e bus­cou axu­da no ca­te­drá­ti­co An­tón San­ta­ma­ri­na. Froi­to des­te tra­ba­llo, reuniu arre­dor de 5.000 le­tras. To­do o ma­te­rial, pu­bli­ca­do e iné­di­to, o ce­deu ao Ar­qui­vo So­no­ro de Ga­li­cia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.