Mar­ca­mos es­ti­lo ou adop­ta­mos di­fe­ren­tes pro­pos­tas

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - La Voz De Pontevedra - Ades­tra­dor Car­lés

ri­mei­ro de­be­mos ter en con­ta dúas con­si­de­ra­cións. Por un­ha ban­da, os equi­pos de­ben ter un­ha idea do que que­ren en ca­da par­ti­do, coidan­do ca­da detalle a ni­vel ofen­si­vo e de­fen­si­vo pa­ra con­se­guir o ob­xec­ti­vo. Pe­ro ta­mén é cer­to que cando es­tá to­do tan pla­nea­do po­des li­mi­tar a crea­ti­vi­da­de, a im­pro­vi­sa­ción e a ima­xi­na­ción e o plan po­de con­ver­ter­se en abu­rri­do. Fál­ta­lle sal­sa.

Por ou­tra ban­da no reino ani­mal o sí­mil máis apro­pia­do pa­ra de­fi­nir ao Pon­te­ve­dra co­mo equi­po se­ría o seu com­por­ta­men­to ca­ma­leó­ni­co. Tan­to den­de o pun­to dos sis­te­mas tác­ti­cos que em­pre­ga, dos xo­ga­do­res que uti­li­za nas di­fe­ren­tes variantes, e dos ar­gu­men­tos ofen­si­vos e de­fen­si­vos, é un­ha cai­xa de sor­pre­sas ca­da se­ma­na. Iso dun sis­te­ma tác­ti­co e ou­tro al­ter­na­ti­vo, e duns prin­ci­pios ofen­si­vos e de­fen­si­vos re­co­ñe­ci­bles co­mo equi­po, es­tá no ma­nual do Pon­te­ve­dra. Ri­que­za tác­ti­ca, po­de­mos cha­mar­lle.

Con­tra o Va­lla­do­lid B apos­tou por un 1-43-3 cun plan no que os me­dios avan­za­dos (Ja­co­bo Tri­go e Ke­vin Pre­sa) de­fi­nían cla­ra­men­te as in­ten­cións do equi­po: che­gar a zo­na de fi­na­li­za­ción a tra­vés da re­cu­pe­ra­ción, da pre­sión e da ini­cia­ti­va a ni­vel ofen­si­vo, pe­ro nun­ca con­di­cio­nan­do ao ad­ver­sa­rio co ba­lón. O plan po­de ser un máis ou me­nos atre­vi­do, pe­ro ben é cer­to que é me­llor ter un plan que non se­xa o máis axei­ta­do pe­ro que to­do o mun­do crea nel, que ter un plan es­tu­pen­do no que o co­lec­ti­vo non cre. Ten­do en con­ta o cau­dal ofen­si­vo, era ca­se ex­clu­si­vo pa­ra a li­ña de tres pun­tas e al­gun­ha in­cor­po­ra­ción dos la­te­rais. Pe­ro, o que é o fút­bol, Ke­vin Pre­sa ta­mén se dis­fra­zou coas ca­rac­te­rís­ti­cas ca­ma­leó­ni­cas do equi­po gra­na­te con­ver­tén­do­se nun ex­ce­len­te fi­na­li­za­dor, so­bre to­do o no que fai men­ción ao se­gun­do gol, po­ñen­do en cla­ra van­ta­xe ao Pon­te­ve­dra. Is­to non tro­cou pa­ra na­da a dis­po­si­ción, máis ben agu­di­zou­na, xa que o equi­po gra­na­te es­ta­ba no plan per­fec­to aín­da que cun in­vi­ta­do de ex­cep­ción: Ke­vin.

Na se­gun­da par­te se­guiu­se co mes­mo de­bu­xo aín­da que con tro­co de ho­mes pe­ro a di­ná­mi­ca era a mes­ma pou­ca ini­cia­ti­va con ba­lón e tran­si­cións rá­pi­das a par­ti­res da pre­sión en me­dio cam­po. A si­tua­ción pun­tual da ex­pul­sión de Bruno fi­xo que o Pon­te­ve­dra pa­sa­ra a xo­gar cun 1-4-2-3, pa­san­do Ja­co­bo Tri­go a cen­tral e Ke­vin Pre­sa ao me­dio cam­po co­mo acom­pa­ñan­te de Abel. O de­co­ra­do a ni­vel tác­ti­co non va­riou ab­so­lu­ta­men­te na­da, pe­ro o que pu­xo de ma­ni­fes­to a ex­pul­sión é un as­pec­to no que a ban­ca­da de Pa­sa­rón ten que es­tar moi or­gu­llo­sa, por­que o guion po­de ser máis ou me­nos abu­rri­do pe­ro a ca­pa­ci­da­de de sa­cri­fi­cio, en­tre­ga e com­pro­mi­so é pa­ten­te cun­ha men­ción sa­lien­ta­ble nes­te as­pec­to pa­ra Mi­guel Loureiro e Da­vid Añón. Con­mo­ve­dor.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.