Por que se impu­tan oi­ten­ta ho­mi­ci­dios?

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - A Fondo - Pe­dro Tre­pat Abo­ga­do pe­na­lis­ta

OXul­ga­do de Ins­tru­ción nú­me­ro 3 de San­tia­go acor­dou que o que foi xe­fe de se­gu­ri­da­de do ADIF de­cla­re en pou­cos días en con­di­ción de in­ves­ti­ga­do po­las mor­tes e le­sións que cau­sou o ac­ci­den­te do tren Al­via no ve­rán do 2013. A lei cha­ma in­ves­ti­ga­do ao que, ata hai ben pou­co, cha­ma­ba impu­tado. Impu­tar res­pon­sa­bi­li­da­de pe­nal por oi­ten­ta ho­mi­ci­dios e cen­tos de le­sións a al­guén que os­ten­ta un car­go de re­le­vo e tra­ba­lla nun des­pa­cho ás ve­ces cau­sa es­tra­ñe­za. Non en tan­to, no dé­ci­mo ar­ti­go do no­so Có­di­go Pe­nal, es­tá es­cri­to que son de­li­to as ac­cións, pe­ro ta­mén as omi­sións pe­na­das po­la lei. A mo­do de re­fe­ren­cia co­mún di­re­mos que, se a per­soa á quen lle co­rres­pon­de que os tra­ba­lla­do­res dun­ha em­pre­sa se desen­vol­van con se­gu­ri­da­de non fa­ci­li­ta os me­dios axei­ta­dos, con­vér­te­se en au­tor das le­sións que pro­du­za un ac­ci­den­te la­bo­ral. Can­do un­ha nor­ma atri­búe un es­pe­cial de­ber de coida­do en razón da ac­ti­vi­da­de ou co­me­ti­do pro­fe­sio­nal, da com­pe­ten­cia téc­ni­ca, ou mes­mo da su­perio­ri­da­de fí­si­ca, al­go co­mo a des­aten­ción dun co­rreo elec­tró­ni­co po­de pa­sar de des­coi­do a de­li­to.

Pe­ro o ma­xis­tra­do ins­tru­tor da cau­sa do Al­via vai máis alá can­do valora o que pa­sou: non se tra­ta de que a Di­rec­ción de Se­gu­ri­da­de na Cir­cu­la­ción do ADIF des­aten­de­ra o seu de­ber es­pe­cí­fi­co de vi­xi­lan­cia, que o des­aten­deu, se­nón que os seus res­pon­sa­bles dei­xa­ron de ob­ser­var as nor­mas máis ele­men­tais de coida­do, as que cal­que­ra per­soa de­be aten­der nos ac­tos da vi­da co­tiá.

É por iso po­lo que a omi­sión, na que pui­de­ron in­co­rrer ao que­dar no seu des­pa­cho e non saír del pa­ra a do­tar os sis­te­mas de se­gu­ri­da­de que eran ne­ce­sa­rios pa­ra con­xu­rar o ris­co do que fo­ran ad­ver­ti­dos, esa omi­sión é pro­pia dun­ha im­pru­den­cia gra­ve e non dun­ha cul­pa le­ve. O ris­co de que un tren de pa­sa­xei­ros saia do ca­rril por un ex­ce­so de ve­lo­ci­da­de non ad­ver­ti­do non é cal­que­ra ris­co.

De se­gu­ro que os res­pon­sa­bles de se­gu­ri­da­de na cir­cu­la­ción non que­rían o que pa­sou. O que pa­sou, o des­ca­rri­la­men­to e as súas con­se­cuen­cias te­rri­bles, nin se­que­ra for­ma­ba par­te do pro­ba­ble. Pe­ro si do po­si­ble. E o con­sen­ti­ron, e se dei­xa­ron ir, con­fia­dos en que non oco­rre­ría. Ni­so con­sis­te a im­pru­den­cia e por iso acer­tou o ma­xis­tra­do ins­tru­tor do ca­so Al­via.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.