Os 100 fo­lios ago­cha­dos de Ro­sa­lía

O pre­si­den­te da RAG ase­gu­ra que en San­tia­go es­tá gar­da­da un­ha obra iné­di­ta da au­to­ra ga­le­ga

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - RODRI GAR­CÍA

Ase­gu­ra Alonso Montero que nun­ha ca­sa en San­tia­go, que non sa­be si­tuar, e en más dun­ha fa­mi­lia, da que tam­pou­co ten da­tos, es­tá gar­da­da un­ha obra iné­di­ta de Ro­sa­lía de Cas­tro. «Pe­ro non son uns ver­sos, uns fo­lios, son po­lo me­nos cen ou cen­to e pi­co fo­lios», con­ta­ba on­te o pre­si­den­te da RAG, ao re­ma­te da pre­sen­ta­ción dun li­bro de au­tó­gra­fos poé­ti­cos de Ro­sa­lía no que fi­gu­ra un­ha car­ta iné­di­ta que re­ci­biu a es­cri­to­ra de Ma­nuel Mur­guía.

Montero, coa súa sor­na ha­bi­tual, lan­zou un re­to aos xor­na­lis­tas pa­ra que in­ves­ti­ga­ran on­de se ato­pa o iné­di­to. Ata apun­ta­ba o tí­tu­lo de­sa po­si­ble obra que se­ría His­to­ria de mi abue­lo. Xa máis se­rio, aler­tou do «ris­co de que se per­da ese tex­to tan im­por­tan­te pa­ra a cul­tu­ra ga­le­ga... Esa obra non de­be­ría per­der­se», di­xo e, des­pois de apun­tar que non ía alu­dir a Marx e as súas teo­rías so­bre a pro­pie­da­de pri­va­da e pú­bli­ca, fi­xo un cha­ma­men­to aos pro­pie­ta­rios do iné­di­to pa­ra que o sa­quen á luz e po­da pu­bli­car­se.

Non foi a úni­ca men­ción aos iné­di­tos de Ro­sa­lía que se fi­xo no ac­to xa que Hen­ri­que Mon­tea­gu­do di­xo que non lle gus­ta­ría que os au­tó­gra­fos poé­ti­cos que se pre­sen­ta­ban «fo­sen a obra de­fi­ni­ti­va, se­nón que, o mes­mo que pa­sou can­do de­mos a co­ñe­cer o poe­ma Din­che o co­ra­zón na man, can­do saíu un pro­fe­sor de Noia di­cin­do que xa eles o pu­bli­ca­ran nun­ha re­vis­ta, es­ta obra dea lu­gar a que máis xen­te que ten tex­tos au­tó­gra­fos va­lo­re a im­por­tan­cia de da­los a co­ñe­cer». De fei­to, lem­brou Mon­tea­gu­do, tres das no­vi­da­des máis im­por­tan­tes des­te li­bro xa fo­ran pre­sen­ta­das hai tres anos na Academia por par­te do pro­pio aca­dé­mi­co e das pro­fe­so­ras Ma­ría Xe­sús La­ma, a bió­gra­fa da poe­ta que ex­hu­mou Pos­tri­me­rías, e Ma­ría do Ce­brei­ro Rá­ba­de, que es­tu­dou La hi­ja del mar, «pe­ro por pri­mei­ra vez son ob­xec­to dun­ha edi­ción aca­dé­mi­ca e con­xun­ta nun vo­lu­me ro­sa­liano». Pos­tri­me­rías, co­mo sa­lien­tou Mon­tea­gu­do, re­flic­te a Ro­sa­lía máis es­cu­ra, xa cer­ca da mor­te, can­do es­cri­be: «Co­mo en el hom­bre la es­pe­ran­za. / Mo­rir... Es­to es lo cier­to / Es sue­ño lo de­más, mentira y hu­mo, / Y del abis­mo in­men­so / Un cuer­po se­pul­to­se en lo pro­fun­do».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.