Xe­rais prin­ci­pia un­ha co­lec­ción de di­vul­ga­ción cien­tí­fi­ca

Os tres tí­tu­los ini­ciais son de Ma­ri­ño, Sou­tu­llo e La­bran­ha

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - MON­TSE GAR­CÍA

Cun­ha in­ten­ción nor­ma­li­za­do­ra e de di­vul­gar a cul­tu­ra cien­tí­fi­ca ga­le­ga, a edi­to­rial Xe­rais pu­xo en mar­cha a co­lec­ción Bá­si­cos Cien­cia, que xa ten os seus tres pri­mei­ros tí­tu­los. «É un re­to pa­ra a edi­to­rial e pa­ra a co­mu­ni­da­de cien­tí­fi­ca ga­le­ga», ase­gu- rou o di­rec­tor de Xe­rais, Ma­nuel Bra­ga­do, en­ga­din­do que a in­ten­ción é pu­bli­car dous ou tres li­bros ca­da ano des­ti­na­dos a «lec­to­res cu­rio­sos» e ta­mén as bi­blio­te­cas pú­bli­cas ga­le­gas e aos dos cen­tros de en­sino se­cun­da­rio.

His­to­ria do ADN, de Da­niel Sou­tou­llo; O uni­ver­so ma­te­má­ti­co, de An­tom La­bran­ha; e Te­rra, de Xur­xo Ma­ri­ño, son os tres li- bros que abren a co­lec­ción, con­tan­do cun­ha ti­ra­da ini­cial que os­ci­la en­tre os 600 e os 1.500 exem­pla­res. Pa­ra os pró­xi­mos anos xa hai un plan de edi­ción, no que se abor­da­rán te­mas co­mo a as­tro­no­mía, a cul­tu­ra tec­no­ló­xi­ca ou os tem­pos do cli­ma en Ga­li­cia. O di­rec­tor da co­lec­ción, Mi­guel Váz­quez Frei­re, ex­pli­cou que a razón de ser des­ta ini­cia­ti­va ten va­rios fun­da­men­tos. En­tre eles es­tán o de re­fu­tar o tó­pi­co es­ten­di­do fai anos de que o ga­le­go non era un­ha lin­gua axei­ta­da pa­ra a di­vul­ga­ción cien­tí­fi­ca, así co­mo o de aca­bar coa fal­ta de li­bros de co­ñe­ce­men­to nes­ta lin­gua. Nes­tas pu­bli­ca­cións con­xu­ga­ra­se o ri­gor cun es­ti­lo que pro­vo­que que o lec­tor quei­ra seguir len­do. «A co­lec­ción ten a vo­ca­ción de am­pliar­se no ám­bi­to das hu­ma­ni­da­des e que ta­mén se acer­que ás pri­mei­ras ida­des», en­ga­diu no ac­to de pre­sen­ta­ción da co­lec­ción e dos seus pri­mei­ros tí­tu­los na li­bre­ría Cou­cei­ro de San­tia­go.

Co­ñe­ce­men­tos cla­ves

Te­rra, de Xur­xo Ma­ri­ño, é un li­bro de via­xes arre­dor do mun­do con­ver­ti­do nun­ha aven­tu­ra de di­vul­ga­ción cien­tí­fi­ca, mes­tu­ran­do his­to­ria, an­tro­po­lo­xía e cien­cia. «Os co­ñe­ce­men­tos da cien­cia son ne­ce­sa­rios pa­ra ac­tuar co­mo ci­da­dán», lem­brou o au­tor, po­ñen­do co­mo exem­plo as va­ci­nas. No seu li­bro, coa via­xe co­mo fío con­du­tor, ana­li­za cues­tión co­mo a for­ma­ción dos arre­ci­fes do co­ral, a si­tua­ción dos de­ser­tos ou a cor azul dos gla­cia­res.

Po­la súa ban­da, Da­niel Sou­tu­llo abor­da os prin­ci­pais acon­te­ce­men­tos na his­to­ria do ADN, des­de o seu des­cu­bri­men­to, no sécu­lo XIX, ata as in­ves­ti­ga­cións máis re­cen­tes. His­to­ria do ADN es­tá dis­tri­buí­do en de­za­seis ca­pí­tu­los, os úl­ti­mos tres ana­li­zan­do os pro­ble­mas bio­éti­cos. «A xen­te ten un co­ñe­ce­men­to su­per­fi­cial e fal­so do ADN», ase­gu­rou o au­tor, quen de­fen­de a ne­ce­si­da­de da di­vul­ga­ción cien­tí­fi­ca, pe­ro sen ser sim­plis­ta.

An­tom La­bran­ha, po­la súa ban­da, é o au­tor de O uni­ver­so ma­te­má­ti­co, no que reivin­di­ca a pre­sen­za das ma­te­má­ti­cas na vi­da dia­ria. No li­bro fai un per­co­rri­do por un am­plo aba­ni­co de con­ti­dos ma­te­má­ti­cos se­lec­cio­na­dos a par­tir dos cu­rrícu­los do Ba­cha­re­la­to, in­ten­tan­do po­ñer de ma­ni­fes­to ca­les son os seus fun­da­men­tos ou os pro­ce­sos que con­du­ci­ron á súa crea­ción.

O di­rec­tor Xe­rais, Ma­nuel Bra­ga­do, agra­de­ceu aos cien­tí­fi­cos nos di­fe­ren­tes ei­dos que asu­mi­ran o re­to de par­ti­ci­par nes­ta co­lec­ción de di­vul­ga­ción en ga­le­go.

X. A. SOLER

O di­rec­tor de Xe­rais e os au­to­res, on­te en San­tia­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.