«En can­to a for­zas e ilu­sión, es­tou en boas con­di­cións pa­ra com­pe­tir»

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Pontevedra Deportes -

O lau­rea­do piloto, que non com­pe­tía den­de o 2011, abre a por­ta a seguir se aca­da os apoios ne­ce­sa­rios

Lo­go de ser cam­pión ga­le­go de ra­lis nos anos 2006 e 2007, Jo­sé Mi­guel Martinez Ba­rrei­ro, máis co­ñe­ci­do co­mo Ba­mar­ti (Cun­tis, 1970), de­ci­diu dei­xar a com­pe­ti­ción no 2011. Sen em­bar­go, can­do o ve­te­rano piloto afin­ca­do en A Es­tra­da re­ci­biu hai uns me­ses a pro­pos­ta de par­ti­ci­par no pri­mei­ro Rally­mix Vi­la de Cun­tis non ti­vo dú­bi­das de fa­ce­lo, e ago­ra ce­le­bra a súa de­ci­sión tras vi­vir un­ha gran ex­pe­rien­cia sen­do pro­fe­ta na ca­sa.

—Es­treou o pal­ma­rés do novo Rally­mix Cun­tis Vi­la Ter­mal des­pois de va­rios anos sen com­pe­tir. ¿Co­mo foi a ex­pe­rien­cia? —A ex­pe­rien­cia foi moi po­si­ti­va. Ao ser un­ha pro­ba no­va pa­ra min, non sa­bía real­men­te o rit­mo dos de­mais. Sa­bía que ían rá­pi­do, pe­ro non can­to, e por iso ti­ña esa in­cer­te­za de sa­ber o meu rit­mo.

—Fa­la de dú­bi­das so­bre o ni­vel do res­to de pi­lo­tos pe­ro, per­soal­men­te, ¿con­fia­ba en ga­ñar? —Eu sem­pre di­xen que saía a ga­ñar. Can­do com­pi­to sem­pre me gus­ta saír a da­lo to­do. Nun­ca se fi­xe­ra un ra­li en Cun­tis, na mi­ña te­rra, e ti­ña moi­tas ga­nas de go­zar del. E ten­do en con­ta que pin­cha­mos no pri­mei­ro tra­mo ao pou­co da saí­da e que ti­ve­mos que ir no­ve qui­ló­me­tros pin­cha­dos, lo­grar aca­ba­lo e fa­ce­lo se­gun­do ne­se tra­mo, apar­te de to­do, hai que ter sor­te. Ma­la sor­te por pin- char, pe­ro boa por con­ser­var o pneu­má­ti­co ata o fi­nal. Pa­ra min foi o máis sorprendente do ra­li. —¿Su­pú­xo­lle un­ha ale­gría es­pe­cial a vi­to­ria por ser na ca­sa? —Po­der par­ti­ci­par ao la­do da mi­ña xen­te, pa­ra min, foi un­ha ma­ra­bi­lla, un­ha ex­pe­rien­cia for­mi­da­ble. Fa­lan­do con pi­lo­tos que par­ti­ci­pa­ron, que non son da zo­na, di­xé­ron­me que foi o me­llor ra­li­mix que co­rre­ran nun­ca e iso que­re di­cir que a or­ga­ni­za­ción es­ti­vo á al­tu­ra. Así que creo que ne­se as­pec­to, nun ra­li no que o tra­mo era pre­cio­so, es­ta­ba ben or­ga­ni­za­do, to­do o po­bo se en­tre­gou e co­rren­do na ca­sa, os in­gre­dien­tes es­ta­ban to­dos e só fal­ta­ba a sor­te, que sem­pre fai fal­ta.

—Com­pe­tiu nun car cross, un ti­po de co­che novo pa­ra vos­te­de. ¿Que sen­sa­cións lle trans­mi­tiu? —Nes­te ti­po de co­ches, co­mo pe­san pou­co, vai­se moi rá­pi­do. É ver­da­de que o pro­ba­ra­mos un pou­co e eu sen­tin­me có­mo­do e se­gu­ro. Le­va­ba­mos a pos­ta a pun­to do co­che moi adap­ta­da ao meu es­ti­lo de con­du­ción, e creo que que­dou pa­ten­te en que non co­me­te­mos nin­gún erro. Por iso, ao non ter ex­pe­rien­cia con es­te ti­po de vehícu­los, creo que fi­xe­mos un gran ra­li.

—Tra­lo seu triun­fo co­ló­ca­se lí­der do cam­pio­na­to ga­le­go. ¿Con­ta­mos con vos­te­de pa­ra o res­to de pro­bas, pa­ra loi­tar po­lo tí­tu­lo? —Nun prin­ci­pio na men­te es­ta­ba só co­rrer es­te ra­li. Le­vá­ba­mos uns anos pa­ra­dos, e ago­ra, pois man­te­ño o que di­xen an­tes da ca­rrei­ra: nós ti­ña­mos os apoios ne­ce­sa­rios pa­ra co­rrer es­te ra­li e, se con­se­gui­mos apoio, po­de­re­mos seguir. Se non, non po­de­re­mos afron­tar ou­tras ca­rrei­ras e se­ría un­ha má­goa por­que o pa­so ben, e sín­to­me moi apoia­do po­lo pú­bli­co. Pe­ro imos de­pen­der da par­te eco­nó­mi­ca e, po­lo mo­men­to, a día de ho­xe, non te­mos o apoio pre­ci­so.

—Se fi­nal­men­te che­gan eses apoios, ¿ha­be­rá Ba­mar­ti pa­ra ra­to de novo? —Eu si­go a ter as mes­mas ga­nas de co­rrer que sem­pre, sín­to­me có­mo­do pi­lo­tan­do ao lí­mi­te, go­zo. Así que, en can­to a for­zas e ilu­sión, es­tou en boas con­di­cións pa­ra com­pe­tir.

CAPOTILLO

Ba­mar­ti amo­sa or­gu­llo­so o seu co­che e o tro­feo de ga­ña­dor do Rally­mix Cun­tis Vi­la Ter­mal.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.